martes, 10 de maio de 2016

O BOSQUE DE: "ABRIL DOS LIBROS"

Fai pouco, contábamos no blog, como unha da zonas de exposición do primeiro piso do cole, pasou DO MAR AO BOSQUE, e tamén contamos o traballo conxunto que fixemos o DÍA DO LIBRO para colaborar todos na decoración do bosque do cole.


Este fermoso bosque de primavera está cheo de flores e animais moi lectores... e por suposto non falta Arnaldo!


As bolboretas, os paxaros, as flores, as abellas, os peixes, os vermes, os caracois,.... todos teñen un conto para recomendarnos!



Estamos encantados coa alegría que transmite o bosque de: abril dos libros.



Todo o alumnado e o profesorado estamos encantados co noso bosque particular, sobre todo porque foi creado coa colaboración de todos: dende 3 anos ata 6º... e así fai mais ilusión!!


Arnaldo, o lagarto mais lector do mundo enteiro, ten moitas razóns para ler... queredes saber cales son os motivos do resto do alumnado??? estade atentos ao blog!!

1 comentario: