venres, 15 de novembro de 2019

MAGOSTO 2019

E chegou un ano, máis cargadiño de ilusións e alegrías, para festexar o Magosto no noso cole e pasar unha mañá estupenda.
Os papás e as mamás, encargáronse (como xa é costume) de preparar as castañas que todos degustamos, cun chisquiño de refresco a elixir.
Moitísimas gracias familias por toda a colaboración que sempre nos brindades, sodes estupendos!
Despois da papatoria pasámolo fenomenal xogando.

Por aquí vos deixamos un pequeno vídeo coas fotos que amosan o ben que o pasamos e canto disfrutamos deste día de Magosto en Seixo.

venres, 8 de novembro de 2019

CONTINUAMOS CON MÁIS NOVIDADES

Ola amiguiños!
Despois da exposición temática polo Samaín, os andeis da Biblio de Arnaldo xa volven estar ateigados de novidades!
Non esquezades botarlles unha ollada!



Seguiremos incorporando moitos máis! Non volo perdades!

mércores, 30 de outubro de 2019

LECTURAS ÁS ESCURAS POLO SAMAÍN

E para rematar a semana do Samaín no noso cole... unha actividade moi molona á que Arnaldo nos quixo convidar. 
Descubrir moitos contos, historias terroríficas e ata creacións propias apagando as luces, baixando as persianas e alumeando con lanternas. 
Qué divertido ler ás escuras!

MERENDAS TERRORÍFICAS 2019

Arnaldo quixo convidar a todo o alumnado a que trouxese unha merenda terrorífica, para compartir, relacionada co Samaín. 
Tratouse de facer unha merenda moi especial, nas aulas e antes de saír ao recreo, na que os nenos e nenas amosaron aos compañeiros as súas montaxes terroríficas antes de papalas e comelas.
Por aquí vos deixamos uns vídeos arrepiantes...



O resultado foi espectacularmente terrorífico!
Gracias familias por tanta creatividade e colaboración!

EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2019

Un ano máis, chegou ao noso cole unha semana terrorificamente incrible. 
Grazas ás familias un ano máis xa están decoradas as nosas entradas cunha morea de cabazas. 
A verdade e que non deixades de sorprendernos con tanta creatividade. 
Preparádevos para ver un sin fin de obras de arte enriba deste produto tan tradicional e típico destes días. Todas teñen algo especial e único.
Gracias profe Sabela por tan expléndido traballo fotográfico!

Arnaldo quedou encantado! Moitas gracias familias pola vosa colaboración!

luns, 28 de outubro de 2019

EXPOSICIÓN DE LECTURAS POLO SAMAÍN

O Samaín xa chegou ao cole e como non podía ser doutro xeito dende a biblio de Arnaldo queremos participar de cheo nas actividades preparadas...
E que mellor xeito de facelo que encher os corredores de moreas de lecturas terroríficas e arrepiantes...
Libros e máis libros ateigados de historias relacionadas co Samaín...
E unha biblioteca moi preparada para a ocasión...
Non volo perdades e vinde á nosa Biblioteca pasar un Samaín de conto!
AGARDÁMOSVOS!

CREACIÓNS PROPIAS

E como o prometido é débeda aquí vos presentamos o libro creado por todos os nenos e nenas do cole con motivo da celebración do Día das Bibliotecas...
Un Arnaldo, metido de cheo na celebración do Samaín do noso cole, danos a presentar este traballo...
E quere convidarvos a que pasedes pola Biblioteca para que lle deades unha ollada cando queirades!
Vaivos encantar e ides quedar abraiados coa cantidade de propostas lectoras que nel ides atopar!
Animádevos!