Amosando publicacións coa etiqueta alumnado na biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta alumnado na biblioteca. Amosar todas as publicacións

luns, 6 de decembro de 2021

6 DE DECEMBRO: DÍA DA CONSTITUCIÓN

Hoxe celébrase o...
DÍA DA CONSTITUCIÓN
e os nenos e nenas de 6º de primaria queremos presentarvos o traballo que estivemos a facer arredor desta celebración...
Estivemos preparando en A VOZ DE ARNALDO, para este mes de decembro, a conmemoración do DÍA DA CONSTITUCIÓN e o ESTATUTO DA AUTONOMÍA DE GALICIA...
Queremos compartir con vós o himno español e galego, símbolos regulados polas leis máis importantes en Galicia...

Por último deixámosvos por aquí as gravacións que levamos a cabo en A VOZ DE ARNALDO e a través das cales ides poder saber moitas cousiñas sobre esta celebración: quenes foron os pais da Constitución? o Himno, a Bandeira...
Desexamos que vos gusten!





luns, 22 de novembro de 2021

DÍA DA MÚSICA: 22 DE NOVEMBRO DE 2021

No cole de Seixo quixemos celebrar o...
DÍA DA MÚSICA
Entre todas e todos elaboramos un mural no que quixemos reflexar a linguaxe universal da música...
MUSIC IS A LANGUAGE 
THE WHOLE WORLD SPEAKS
Un mural que enchemos coa palabra MÚSICA en moitísimos idiomas...
Por aquí vos deixamos o traballo final!
FELIZ DÍA DA MÚSICA!

sábado, 1 de maio de 2021

E TI QUE PROPÓS?

Moi boas!
Hoxe queremos compartir con todas e todos vós unha actividade enmarcada na semana do Día do Libro que se chama...
E TI QUE PROPÓS?

Unha serie de recomendacións lectoras que o alumnado de quinto e sexto de primaria quixeron gravar en...


Cada un escolleu o seu libro favorito, presentoullo á aula e despois elaboraron estes murais que vedes...
Escoitade as recomendacións que teñen para vós!!!
 
 

luns, 1 de febreiro de 2021

MULLERES POLA PAZ

Queremos compartir con todas e todos vós un proxecto que se levou a cabo no cole con motivo do...
DÍA DA PAZ
Botando man do lema das Bibliotecas Escolares para este curso comezouse un proxecto no centro que enlaza con diferentes actividades propostas para desenvolver durante o que queda de curso.
Pouquiño apouco iremosvos ensinando os avances...
Por aquí vos deixamos un vídeo da tarefa...

domingo, 24 de xaneiro de 2021

FELIZ DÍA DA EDUCACIÓN!

Moi bos días a todas e todos!
Hoxe queremos celebrar con vós un día moi especial e por iso vos dicimos...
FELIZ DÍA DA EDUCACIÓN!
Unha festividade na que queremos compartir unha chulada de traballo que levaron a cabo as nenas e nenos de 2º de primaria coa axuda da súa titora Yaiza e da teacher Fátima.
Coa axuda de Arnaldo buscaron libros na biblio para ter a información necesaria coa que elaborar o traballo que vos imos presentar...
Fixeron un cartel e un puzzle no que lle deron cor á nosa protagonista: MALALA e cubriron unha ficha moi interesante de investigación.
Entre as súas mensaxes elixiron as que estaban máis relacionadas coa educación...

E como resultado final do seu traballo grabaron este vídeo... Mirade que bonito!!!
Noraboa rapaces!!!
Comezamos así a Semana Pola Paz no Cole de Seixo!

martes, 10 de novembro de 2020

LECTURAS ÁS ESCURAS 2020

E como non podía ser doutro xeito, e para rematar as actividades arredor do Samaín, un ano máis, levouse a cabo no noso cole as...
LECTURAS TERRORÍFICAS ÁS ESCURAS!
Descubrir moitos contos, historias terroríficas e ata creacións propias apagando as luces, baixando as persianas e alumeando con lanternas. 
Como mola ler ás escuras! Mirade, mirade!

luns, 9 de marzo de 2020

ADIVIÑA QUEN SON

No marco das actividades organizadas polo noso cole arredor da celebración do...
8-M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
vimos de desfrutar da actividade...
"Adiviña quen son"
Unha actividade organizada para os centros de Marín polo noso concello na que o pasamos moi ben e desfrutamos moitísimo...

Foron aparecendo diferentes personaxes ataviados coas súas vestimentas de traballo e nós tivemos que adiviñar de que se trataba...

Rompendo estereotipos en clave de humor...


Por se queredes ver máis fotos e comprobar de primeira man o ben que o pasamos por aquí vos deixamos unha montaxe...


xoves, 20 de febreiro de 2020

ENTREVISTA A ROSA ANEIROS

Rosa Aneiros estivo na nosa biblio hai uns días...
Tivemos moi pouquiño tempo para desfrutar dela e non puidemos facerlle a entrevista en A VOZ DE ARNALDO que tiñamos preparada...
Pero Rosa é xenial. Fixémoslle chegar a nosa entrevista e aquí tendes o resultado...
ENTREVISTA A ROSA ANEIROS
XELÍS 
O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR

- A: MOI BOS DÍAS DENDE A VOZ DE ARNALDO
- H: HOXE TEMOS A SORTE DE PODER CONTAR NA NOSA RADIO CON ROSA ANEIROS
- A: VEUNOS A FALAR DE “XELÍS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR” UN LIBRO QUE ESTIVEMOS LENDO OS NENOS E NENAS DE 5º E 6º DE PRIMARIA.
- H: PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL 2019 E PREMIO FERVENZAS LITERARIAS AO MELLOR LIBRO INFANTIL 2019, NON PODÍAMOS DEIXAR ESCAPAR A OPORTUNIDADE DE PODER ENTREVISTALA
- A: MOI BOS DÍAS ROSA!
- H: PERMÍTENOS QUE TE TUTEEMOS… IMOS COMEZAR POLO TEU TRABALLO ACTUAL. AÍNDA QUE ERES ESCRITORA SABEMOS QUE TAMÉN TRABALLAS COMO XORNALISTA E INVESTIGADORA DA SECCIÓN DE COMUNICACIÓN DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA…¿EN QUÉ CONSISTE ESTA LABOR?
- ROSA: TRABALLO NA ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES DIVULGATIVAS DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA. ESTAS ACTIVIDADES ABRANGUEN TODOS OS ÁMBITOS CULTURAIS: CINEMA, TEATRO, CIENCIA, LITERATURA, PATRIMONIO ARTE, MÚSICA… É UN TRABALLO MOI BONITO E PERMÍTEME COÑECER XENTE DO MÁIS INTERESANTE.

- A: TAMÉN COLABORACHES E COLABORAS EN DISTINTOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN TANTO IMPRESOS COMO DIXITAIS… ¿EN QUÉ CONSISTEN ESTAS COLABORAACIÓNS? 
- ROSA: AGORA XA NON COLABORO TANTO PORQUE NON TEÑO TEMPO. ANTES FACÍA TODAS AS SEMANAS ARTIGOS PARA PRENSA E PARA A RADIO GALEGA. ISTO OBRIGÁBAME A ESTAR MOI ATENTA Á ACTUALIDADE E RESULTÁBAME MOI ESTIMULANTE, PERO TAMÉN REQUIRE UNHA DEDICACIÓN DA QUE CAREZO ACTUALMENTE. 

- H: E TAMÉN FOCHES DOCENTE… QUE CONSELLO NOS PODES DAR PARA O NOSO FUTURO OU DÍA A DÍA? 
- ROSA: QUE TRABALLEDES ARREO PARA CONSEGUIR O QUE QUEIRADES. QUE NON VOS RINDADES NUNCA E QUE FOMENTEDES A IMAXINACIÓN E A REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES QUE VOS GUSTAN. 

- A: ATOPÁMONOS NA VOZ DE ARNALDO E SABEMOS DAS TÚAS COLABORACIÓNS NA RADIO GALEGA… ¿QUE NOS ACONSELLERÍAS PARA SEGUIR TRABALLANDO CON ESTA FERRAMENTA NO NOSO COLE? 
- ROSA: A RADIO É O MEDIO ESTRELA DA PROXIMIDADE E DEBE FALARLLE Á ORELLA ÁS PERSOAS QUE A ESCOITAN. POR ISO É IMPORTANTE FALARDES DAS COUSAS QUE VOS IMPORTAN, SEN GRANDES TEMAS QUE VOS RESULTEN ALLEOS. O COTIÁN, O MÁIS PRÓXIMO, ESTÁ CHEO DE MAXIA E DE INTERESE TAMÉN. SÓ ASÍ LOGRAREMOS ENGANCHAR AOS NOSOS OÍNTES, FALANDO DO QUE LLES IMPORTA DE VERDADE. 

- H: PASEMOS Á ROSA ESCRITORA… ¿QUÉ HAI QUE FACER PARA SER ESCRITORA? ¿CÓMO EMPEZACHES A ESCRIBIR? 
- ROSA: PARA SER ESCRITORA? ESCRIBIR, ESCRIBIR, ESCRIBIR E LER. CÓMPRE SER PERSEVERANTE E CORRIXIR MOITO. OS BOS TEXTOS, POLO MENOS A MIN, NON ME SAEN Á PRIMEIRA, SENÓN QUE SON FROITO DE MOITO TRABALLO. EMPECEI A ESCRIBIR MOI PEQUENA, APENAS SABÍA AS LETRAS. 

- A: ¿LEMBRAS O PRIMEIRO LIBRO QUE LICHES E A PRIMEIRA HISTORIA QUE ESCRIBICHES? 
- ROSA: NON O LEMBRO. SI LEMBRO AS HISTORIAS QUE ME CONTABA O MEU PADRIÑO E AS CAUSANTES DE QUE ME DEDICASE EU TAMÉN A CONTAR CONTOS. ERAN HISTORIAS DE CUBA E DO RATIÑO DE CIDADE QUE ÍA VISITAR O RATIÑO DE MONTE. EU ESCRIBÍA MOITAS CARTAS ÁS AMIGAS, ESAS FORON A MIÑA PRIMEIRA LITERATURA. 

- H: AGORA MESMO… ¿ESTÁS LENDO OU ESCRIBINDO ALGO? 
- ROSA: ESTOU ESCRIBINDO UNHA NOVELA, OU TENTÁNDOO E LENDO VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES DE JULES VERNE 

- A: QUEN É O TEU ESCRITOR OU ESCRITORA FAVORITO? INFLUENCIOUCHE NO TEU TRABALLO COMO AUTORA? 
- ROSA: ANXOS SUMAI, OLGA NOVO, LEDICIA COSTAS, MANUEL RIVAS, GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ, SARAMAGO, AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, GLORIA FUERTES, ALMUDENA GRANDES, FRAN ALONSO, XABIER DOCAMPO… A LISTAXE É INFINITA. 

- H: CANDO CHEGAMOS A CASA TEMOS UN ESTUDIO DONDE FACEMOS AS TAREFAS, LEMOS, ESTUDAMOS… ¿TI TES UN SITIO, MOMENTO PREFERIDO OU MANÍA CANDO TE POS A ESCRIBIR? 
- ROSA: NON, ESCRIBO ONDE ME DEIXAN.

- A: ¿CANTO TEMPO LLE DEDICAS A ESCRIBIR? 
- ROSA: NON TEÑO UN TEMPO ASIGNADO, AQUEL QUE VOU ROUBANDO AOS DÍAS… 

- H: ¿DE DÓNDE SAEN AS IDEAS? ¿CÓMO SE CHE OCORREU A DE XELÍS? 
- ROSA: DE CALQUERA SITIO, DAS NOTICIAS DA PRENSA, DOUTROS LIBROS, DUNHA FOTOGRAFÍA, DUNHA CANCIÓN, DE ONDE LLE CADRE. XELÍS NON LEMBRO ONDE NACEU, PERO LEVA MOITOS ANOS COMIGO. É UN VELLO AMIGO XA. 

- A: EN CANTO AOS FINAIS DOS LIBROS… ¿CAL FOI O MÁIS DIFICIL DE ESCRIBIR SEGUNDO A TÚA EXPERIENCIA? ¿CAMBIACHES ALGÚN DESPOIS DE TELO ESCRITO? 
- ROSA: TODOS TEÑEN AS SÚAS DIFICULTADES NALGÚN MOMENTO E EN TODOS CAMBIEI MOITAS COUSAS NAMENTRES OS ESCRIBÍA. ESA É A MAXIA DE ESCRIBIR, DEIXAR QUE NAZAN E MEDREN MENTRAS OS ESCRIBES! 

- H: ¿GUSTARÍACHE FACER UNHA PELÍCULA DALGÚN DOS TEUS LIBROS? 
- ROSA: NON. GUSTARÍAME QUE A FIXESEN OUTRAS. A LINGUAXE AUDIOVISUAL É DIFERENTE E PRECISA OUTRA OLLADA DIFERENTE DA DA ESCRITORA. 

- A: XA PARA REMATAR… XA VICHES QUE A NOSA BIBLIO ESTÁ CHEA DE LIBROS, REVISTAS, NOVIDADES, XOGOS, FERRAMENTAS DE ROBÓTICA, MESA DE LUZ, LEGOS, ORDENADORES, IMPRESORA 3D… UN VIVEIRO DE CIDADANÍA INMENSO NA QUE NOS ENCANTA ESTAR E DESFRUTAR DELA… QUE SENTE UNHA ESCRITORA COMA TI AO SABER DISTO E QUE NOS PODES DICIR SOBRE ESTE TRABALLO QUE SE ESTÁ LEVANDO A CABO NO NOSO COLE? 
- ROSA: OS COLES SON MARABILLOSOS, SON LUGARES PARA A ESPERANZA E ONDE UNHA PODE MIRAR, COMA SE FOSE POR UN FURADIÑO, O QUE VAI SER O FUTURO E EN COLES COMO O VOSO O FUTURO É PROMETEDOR, CARGADO DE IMAXINACIÓN E DE GANA DE CAMBIAR AS COUSAS. TEN UNHA PINTA BÁRBARA! 

- H: POIS ATA AQUÍ A ENTREVISTA CON ROSA ANEIROS 
- A: MOITÍSIMAS GRACIAS ROSA POLO TEMPO QUE NOS ACABAS DE REGALAR. ESTAMOS MOI CONTENTOS DA TÚA VISITA E MOI AGRADECIDOS. 
- H: MOITAS GRACIAS! 
- ROSA: GRAZAS A VÓS!

xoves, 13 de febreiro de 2020

ROSA ANEIROS VISITA O NOSO COLE

Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria tivemos o privilexio de poder recibir na nosa biblio, AS PEGADAS DE ARNALDO, á escritora...
ROSA ANEIROS
Que nos veu a falar de...
XELÍS 
O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR
Unha historia trepidente e moi bonita, gañadora do premio fervenzas literarias ao mellor libro infantil 2019 e gañadora do premio Merlín de literatura infantil 2019, que puidemos desfrutar lendo nas clases de lingua galega coas nosas profes Cristina e María José...

Os valores da reciclaxe e da non contaminación están moi presentes neste libro no que se nos quere tranmitir a importancia de loitar por un mundo mellor libre de contaminación...
 Tarefa que, como nos indicaba o espello de Rosa, só está na man de cada un e cada unha de nós...
Rosa tivo a paciencia de adicarnos cada un dos libros que lle presentamos...
E como non podía ser doutro xeito tamen asinou o exemplar da nosa biblio...
O libro de firmas do cole quedou cuberto coa súa pegada...
Un libro que fixeron con moito cariño e ilusión todos os nenos e nenas destas clases...

Por falta de tempo non a puidemos entrevistar en A VOZ DE ARNALDO pero farémoslle chegar a nosa entrevista que logo transcribiremos neste blog...
Moitísimas grazas Rosa polo teu sorriso e o xeito de falarnos e presentarnos a Xelís.
Ata outra!

venres, 27 de setembro de 2019

INAUGURANDO A BIBLIOTECA II

Cheos de ilusión inauguramos a biblioteca un novo curso.

Como non podía ser de outra forma, Arnaldo deunos a benvida a todos e todas á súa casa, unha biblio chea de novos libros, recursos, mobiliario, ilusións e ganas de transmitir o amor pola lectura, por investigar, xogar, descubir....



Nesta xornada foi o turno das nenas e nenos de primaria...

Unha xornada moi interesante na que, grazas a profe Olalla, puidemos desfrutar dunha sesión de contacontos moi divertida.

Pasámolo en grande!

Deixámosvos, por aquí, un conto precioso!
TÍO LOBO

Grazas profe Olalla!

Comezaron as súas aventuras, un curso máis, as mochilas viaxeiras...

que levarán lecturas e música ás casas de todo o alumnado.
Desfrutade coas súas lecturas e animádevos a contarnos as vosas impresións nos cadernos viaxeiros: fainos moita ilusión lelas! 
Arnaldo non quixo quedar sen un recordo deste momento no que un encargado de cada clase recolleu a mochila viaxeira.
A casa de Arnaldo queda inaugurada!!!
Visitádenos moito, estamos desexando que vexades as novidades en directo!