xoves, 30 de xuño de 2016

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 3º E 4º

Os de 3º e 4º fixemos a nosa excursión de fin de curso ao castelo de Soutomaior.
Visitamos o castelo e as súas diferentes salas, pero o noso maior interese, e máis despois dun ano no que as dúas clases investigamos e aprendemos moito sobre as árbores e diferentes plantas, foi o xardín exterior que conta cunha gran variedade de árbores frutais, camelios, sequoias, piñeiros, cedros, fentos...., cada un estaba rotulado e identificado no tronco.
Pasámolo de marabilla, e como unha imaxe vale máis que mil palabras... aquí tedes a proba!

Excursión 3º e 4º (xuño 2016) by Slidely Slideshow

mércores, 29 de xuño de 2016

O NOSO CONTORNO: OS CARACOIS (INFANTIL - 3 ANOS)

Os peques de 3 anos, elixiron un pequeno habitante do patio para o seu proxecto: o caracol.

Para compartir o aprendido cos compis e coas familias puxeron as súas mellores galas.


Mirade que guapos estaban, o ben que o fixeron e canto lucían no bosque de Seixo!




Para contar o que aprenderon, os máis peques do cole fixeron un vídeo explicando todo o que saben dos caracois. Non perdades detalle!




Por se algún se despistou, xa que falamos dos caracois, aquí vos deixamos a gravación que fixeron do poema de Manuel María sobre o caracol. Este poema musicalizado cantárono para os compañeiros e as familias. 

O NOSO CONTORNO: O MERLO (INFANTIL - 4 ANOS)

Os peques da clase de 4 anos elixiron o merlo como protagonista do seu proxecto de aula... ver varios polo patio foi moi chamativo e espertou a súa curiosidade.


Entre todos, coa axuda dunhas láminas que prepararon co profe Jorge, explicaron moitas cousas sobre o merlo. 



Puidemos ver fotos dende os ovos, que son moi curiosos, ata que os merlos marchan do niño.



Todos se esforzaron moito por compartir cos compis de infantil e de 1º o que saben dos merlos. 



Noraboa a todos polo traballo e por esa enerxía que transmitides, e tamén ao profe Jorge por compartir tantas cousas que sabe da natureza. 



Estas son as láminas que prepararon e usaron para explicar o seu proxecto. Mirádeas con atención veredes canto aprendedes!

















O NOSO CONTORNO: OS CRUCEIROS (2º PRIMARIA)

O alumnado de 2° curso presentou o seu traballo sobre os cruceiros, o seu proxecto de aula.



Nel falaban sobre os distintos tipos de cruceiros que hai, cales son os máis próximos e contaron algunhas lendas sobre os mesmos, entre outros temas. 



Despois da presentación, convidaron ao alumnado de 4° a participar nun xogo de preguntas no que demostraron todo o que aprenderan sobre o tema.


Os gañadores conseguiron un diploma e un cruceiro para adornar a súa aula.



Os de 4º pasárono fenomenal e aprenderon un montón.



Non hai nada como aprender xogando!


Un gran traballo que superon compartir moi ben os nenos e nenas de 2º: noraboa a todos!... e tamén á profe Nati por motivalos e axudalos.




Premendo na imaxe podedes ver máis fotos no blog da profe Nati.


martes, 28 de xuño de 2016

ANXO MOURE NA FESTA DO SABER

Unha das visitas que tivemos na festa do saber foi Anxo Moure... o carballo con botas! Se queredes coñecelo máis visitade a sua páxina de CONTOS SOLIDARIOS porque paga a pena descubrir máis sobre este marabilloso e entrañable contacontos amante da natureza.



Anxo chegou a Seixo no seu nubinete e cargado de contos para compartir cos peques e cos profes... contos que escapan do lixo no río, da contaminación das fervenzas, da seca das lagoas. Contos de xacias e homes-peixe, de lavandeiras e barbos, e troitas, e lampreas… 




E sabedes que nos ensinou Anxo a facer con eses contos? pois cociñalos, para que alimenten a nosa imaxinación e a través das nosas palabras poidan volver nadar nos ríos, nas lagoas e bañarse nas fervenzas.

  

Anxo estivo con todo o alumnado, dende os máis peques, e conseguiu encandilarnos a todos. 



A mellor proba son as nosas caras, as risas dos peques son a mostra do ben que o pasamos!!

 


Abrazamos as árbores e bailamos con elas. 




Pasamos momentos xeniais, e aquí tendes un montón de fotos para comprobalo...



Mil grazas a Anxo por vivir os contos de tal maneira que nos encandilou! Xa temos ganas de que volvas! Mirade este vídeo resumo e veredes que envexa!



Non podemos deixar de recomendarvos un plan perfecto para un día das vacacións de verán. Imaxinades desfrutar de divertidos contos enriba dunha árbore?, de ver os cachivaches máis curiosos que reparten contos por Galiza?... pois achegádevos á súa casa da árbore en Garabelos (Chantada) nun entorno natural precioso no que pasaredes un día xenial.



Poñédevos en contacto con Anxo polos contactos na web ou por medio do seu facebook: CONTOS SOLIDARIOS, e disfrutaredes da súa hospitalidade.

O NOSO CONTORNO: O NEOLÍTICO (INFANTIL - 5 ANOS)

As nenas e nenos da clase de 5 anos, a partir dos Petróglifos de Mogor comezaron a investigar sobre o Neolítico... e agora son uns expertos!



Coa axuda da profe Bea, compartiron cos compañeiros de 6º todo o que aprenderon. Fixérono cunhas láminas elaboradas por eles, que mostraron co kamishibai .



Os nenos e nenas da clase de 5 anos foron explicando como era a agricultura, a gandería, a cerámica... 




E Manuela compartiu un truco para debuxar o petróglifo de Mogor, que todos os de 6º puideron practicar. 




Foi unha experiencia xenial ver como os maiores do cole aprenderon tanto dos peques. 



O último día do curso, as familias tamén puideron ser testumuñas do moito que aprenderon os seus peques. 



Estiveron moi participativos contando o que descubriron na súa investigación.



As familias puideron ver todo o elaborado polos nenos e tamén descubrir o truco de Manuela. 



Noraboa a estes expertos investigadores e a profe Bea por este traballo tan chulo.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 5º E 6º


A excursión de fin de curso do alumnado de 5º e 6° foi moi divertida, xa que visitaron en A Coruña: a Domus, O Acuario e a Casa das Ciencias. 
Alí os nenos interactuaron, participaron, xogaron, asistiron á sesión do Planetario, á película de 3D, ... Chegaron moi felices ás nove da noite. Aquí vos deixamos algunhas fotos que o demostran!