Amosando publicacións coa etiqueta fomento da lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fomento da lectura. Amosar todas as publicacións

martes, 5 de maio de 2026

BIBLIO PATIO

  Biblio patio é un espazo máis da nosa biblioteca, pensado para desfrutar da lectura e do tempo de lecer ao aire libre. Este ano contamos cunha novidade moi especial: unha nevera reciclada onde gardamos os libros e xogos que utilizamos cada semana. Temos a sorte de contar cun patio único e acolledor, perfecto para relaxarse cun bo libro, unha revista ou compartir momentos de xogo. No recreo, cada neno e nena pode escoller o que máis lle apeteza facer, sempre nun ambiente tranquilo, divertido e cheo de historias por descubrir.

sábado, 18 de outubro de 2025

15 DE OUTUBRO: DÍA DAS ESCRITORAS GALEGAS

 Este mércores 15 de outubro celebrouse en Galicia o día das escritoras galegas, e na nosa biblio podes coñecer a algunha delas.



Na biblioteca do CEIP de Seixo contamos con  unha serie de libros escritos por autoras galegas, e estas semanas os teredes na entrada da biblio para poder atopalos máis facilmente e gozar con eles da LECTURA.



                            



E seguimos tendo unha morea de libros para viaxar con Arnaldo a onde ti queiras...

xoves, 25 de abril de 2024

SEIXO CHEO DE LECTORES

 Seixo está cheo de vida e tamén de lectores. Na hora de ler todos e todas temos un momento para atoparnos con un libro, unha revista... Encántanos!! Lemos donde sea, no patio, na clase, na biblio... Compartimos lecturas xa sea no ordenador, nas revistas, nas instrucións dos xogos ou nos libros.

 O importante e ler!!!


sábado, 23 de abril de 2022

FELIZ DÍA DO LIBRO

Feliz día do libro! Cantos nos gusta esta celebración! E non atopamos mellor forma de celebrala que rodearnos de libros.
Nestes 50 anos, que leva funcionando o cole de Seixo, os libros sempre tiveron un sitio especial, e dende fai moitos anos faise un gran esforzo para ir ampliando (non so fisicamente) e mellorando a biblioteca, porque os mestres do cole estaban e estamos convencidos, que ler fainos libres e abre moitas portas (a da imaxinación, a da creatividade, a da cultura, a do saber, a da diversión, a da curiosidade...)

Por suposto a colección de libros cambia cada ano, e facer expurgo é algo necesario para ter libros atractivos que motiven ao alumnado. Pero os libros teñen moitas vidas, e iso é o que fixemos este ano co proxecto: TEÑO UN LIBRO PARA TI.
Despois de facer unha clasificación por idades, todos os nenos e nenas do cole elixiron un libro para outro compañeiro e despois fixemos obradoiros de empaquetado (reciclando a tope!). Xa vos ensinaremos o proceso, pero hoxe deixámosvos un adianto do resultado: o cole cheo de agasallos, todos fermosísimos... sen dúbida o luns será un gran día cheo de sorpresas e emocións! (mirade este vídeo a ver si atopades o voso libro!!)
   

xoves, 10 de xuño de 2021

KAMISHIBAI NA BIBLIOTECA!!!

Ola a todos e a todas!

Hoxe imosvos ensinar unha actividade que nos gustou moito facer !!!
Aprendemos a facer un kamishibai. En xaponés significa "Teatro de Papel".

Fixemos unha adaptación do libro de Eric Carle "The hungry Caterpillar".
En inglés e galego repasamos as froitas, a importancia dunha alimentación saudable, o ciclo das eirugas, os días da semana..
No seguinte presentación de fotos podedes mirar canto traballamos!!!
Pero o que mais nos gustou foi gravar o vídeo. Tivemos que gravalo porque non o puidemos facer en directo para os compañeiros e compañeiras. Pero para o curso que ven é unha actividade que temos pendente.
Que ben o pasamos!!!!

xoves, 20 de maio de 2021

DESCUBRINDO NOVOS FORMATOS DE LECTURA

Aínda que nos encanta ler en papel e desfrutamos moito coas fermosas ilustracións dos contos, é emocionante descubrir novos formatos de lectura.

A profe Fátima presentounos, nas clases dos maiores, dispositivos para a lectura dixital, que moitos non sabíamos nin que existian.

 

Para os que somos grandes lectores está moi ben iso de poder levar un montón de libros ocupando tan pouco espazo!


Pareceunos moi interesante e seguiremos investigando máis as posibilidades que teñen.


O próximo curso dende 3º ata 6º teremos un por aula para poder coñecelos ben e tamén ensinalos na casa.

mércores, 14 de abril de 2021

ROSA ANEIROS VISITA A NOSA BIBLIOTECA

Este ano tamén nos visitan os autores elixidos, pero de xeito virtual.
A semana pasada os de quinto e sexto estivemos con...
ROSA ANEIROS!
Eliximos o seu libro "Tress bichicomas, dúas illas e unha serea" parta ler na aula.
Unha vez lido e comentado o libro entre todos, traballamos individualmente sobre el: ficha de lectura, resumo, comentario persoal, ilustracións....
O día do encontro, falamos coa autora, ensinámoslle o noso traballo e fixémoslle moitas preguntas que ela nos contestou encantada.
Foi un encontro diferente pero pasamólo moi ben!!
GRAZAS, ROSA!!!

luns, 15 de marzo de 2021

E TI , ONDE LES?

No cole sempre atopamos un momentiño e un sitio para ler !
A algúns encántalle ler no patio...

a outros,  nas entradas...

Uns prefiren ler na biblioteca...

Outros, que lles lean...

Uns queren ler só...
Outros, en parella...
Ou en grupo...

Tanto nos da, onde ou con quen....
Encántanos ler!!
A hora de ler pasa voando!

xoves, 11 de febreiro de 2021

CONTAMOS UN CONTO?

 A quen no lle gusta que lle conten un conto? 

No cole contamos moitos contos! A Arnaldo tamén lle gusta moito escoitalos.

Os contos estimulan a imaxinación e a creatividade,


exercitan a atención e a memoria,


enriquecen o noso vocabulario e estimulan o desenvolvemento da linguaxe


e fomentan a escoita activa facilitando así a comunicación.


Así que, nunca deixedes de contar un conto!!