martes, 24 de outubro de 2023

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ENCHENDO SEIXO DE VIDA!!!

Este queremos coñecer máis da fauna e flora de Seixo, polo que non podíamos ter outro convidado no día das bibliotecas que Anxo Moure, amante das árbores, dos animais... Por iso quixemos que fose o primeiro convidado deste curso.

Pasamos un día do máis divertido co Carballo con Botas. Mirade os de infantil como aproveitaron a súa visita na que contaron contos na biblio e en medio das árbores, bailaron, pasearon en ciclobiblioteca... un planazo!!

 

Os de primaria tamén desfrutaron dos contos do Carballo con Botas, da música das árbores, das viaxes dos libros...

E ninguén mellor que o Carballo con botas para axudarnos a poñer en marcha a nosa plantación de árbores en botas vellas, porque queremos seguir enchendo Seixo de vida!!

E como non podía ser doutra forma, non deixamos escapar a oportunidade de volver a entrevistar a Anxo Moure. Unha entrevista moi, moi especial. Sempre é un pracer charlar con Anxo, que é un apaixoado da natureza. Aquí a tendes para que tamén a poidades desfrutar e aprender cousas con el!

domingo, 8 de outubro de 2023

ANDAINA POLO NOSO SEIXO CHEO DE VIDA

Hai un mes que comezamos este novo curso cheos de ganas e ilusión por compartir moitas aprendizaxes e vivencias. 

E celebramos o primeiro mes no cole cunha das actividades que máis nos gustan, que son as que compartimos todos xuntos: dende os máis pequerrechos que acaban de comezar o cole, ata os maiores de 6º. Por iso desfrutamos moito a primeira andaina do curso, na que demos un bo paseo ata o parque da Brea e puidemos comprobar que SEIXO ESTÁ CHEO DE VIDA!!!


E, ademais de desfrutar dunha xornada especial de convivencia, agora temos nas aulas moitos tesouros de outono e moitas landras, que xa vos contaremos para que usaremos!