martes, 22 de setembro de 2015

BENVIDOS AO CURSO 2015 - 2016


Chegou setembro e con el un novo curso e unha nova oportunidade para aprender e descubrir moitas cousas: leremos moitos libros, investigaremos xuntos, saborearemos cómidas típicas, veremos cousas bonitas no teatro, recibiremos visitas, faremos saídas, montaremos moitas festas, escoitaremos música... e un montón de cousas que faremos no cole este ano para disfrutar aprendendo... sobre todo en galego que é a nosa lingua preferida!
Este blog quere ser unha fiestra para que poidades compartir as nosas aventuras, coa gran axuda da nosa mascota Arnaldo, que xa está por ahí argallando algo... 

Será un ano cheo de cambios na nosa biblioteca, cambios para mellorar e que ninguén se resista a entrar!

Esforzarémonos por facelo ben, contamos coa vosa axuda!!!