Amosando publicacións coa etiqueta portas abertas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta portas abertas. Amosar todas as publicacións

martes, 27 de xaneiro de 2026

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Un ano máis presentámosvos a Xornada de Portas Abertas do Ceip de Seixo. 

  

O vindeiro martes 10 de febreiro a partir das 17:30 horas abriremos o centro para todas as nenas, nenos e familias que queirades vir a coñecernos e a formar parte da nos comunidade educativa... 

Animádevos a participar!

luns, 11 de xullo de 2022

50 ANOS DE VIDA: PORTAS ABERTAS

O 18 de xuño vivimos un día inolvidable na historia do cole de Seixo. Despois de todo o curso investigando e descubrindo a historia do cole durante os seus 50 anos de vida, ese día abrimos as portas para ver a exposición que preparamos con tanta ilusión e cariño (podedes facer unha visita pola exposición premendo AQUÍ).

Foto dos ex alumnos do cole

Foi un día moi emotivo no que se xuntou alumnado de onte e de hoxe, profesorado de todas as épocas, persoal de servizo de diferentes épocas... Moitas anécdotas e recordos, reencontros, fotos inesquecibles.... moitas emocións imposibles de explicar con palabras.
Foto con mestres dende as primeiras promocións ata a actualidade

Deixámosvos aquí un vídeo no que intentamos capturar o que vivimos, emocionámonos ao velo e recordar o bonito que foi! Grazas aos que viñestes a compartilo con nós. O cole de Seixo sempre será a vosa casa.
 

Este foi o agasallo que tiñamos para as visitas, feito con deseños do alumnado, que este curso traballou un montón. Graciñas a Noelia e Alberto por compartir a súa arte con todos.

luns, 7 de marzo de 2022

50 ANOS MEDRANDO E APRENDENDO XUNTOS: VEN A COÑECERNOS!

Xa está aberto o prazo para a presentación de solicitudes para o próximo curso. Chámanos se queres vir a coñecernos!

Nas portas abertas tamén acostumamos a repartir un díptico a todas as familias no que presentamos un pouco máis o noso cole. Por aquí volo deixamos!


Cando as imaxes falan por si mesmas... sobran as palabras! por iso compartimos con vós unha pequena presentación do que atoparedes no noso cole. Estamos desexando contarvos máis!

(* O vídeo pertence a cursos pasados por iso o alumnado aparece sen máscaras)


Deixámosvos, tamén, un pequeno programiña da nosa emisora de radio: A Voz de Arnaldo no que as nenas e nenos contan o que máis lles gusta do cole...
PORQUE O COLE DE SEIXO... 
MOLA MOGOLLÓN!!!


A través da seguinte imaxe poderedes acceder a toda información relativa ao proceso de admisión:

venres, 19 de febreiro de 2021

ASÍ É O NOSO COLE

Do 1 ao 20 de marzo ábrese o prazo para a presentación de solicitudes para o próximo curso.
Debido a situación actual derivada da pandemia non podemos abrir as portas do cole como noutras edicións para facer a "XORNADA DE PORTAS ABERTAS". Pero non por iso queremos deixar de darvos a coñecer información sobre o noso cole...
Comezamos cun pequeno programiña da Voz de Arnaldo (a radio do cole de Seixo) na que as nenas e nenos dan difusión e fan publicidade de todo canto bo temos...
PORQUE O COLE DE SEIXO...
MOLA MOGOLLÓN!!!
Nas portas abertas tamén acostumamos a repartir un díptico a todas as familias no que presentamos un pouco máis o noso cole. Por aquí volo deixamos!

Cando as imaxes falan por si mesmas... sobran as palabras!
Compartimos con vós unha pequena presentación do que atoparedes no noso cole. Estamos desexando contarvos máis!
(* O vídeo pertence a cursos pasados por iso o alumnado aparece sen máscaras)

Dicirvos que o vindeiro...
MARTES 23 de FEBREIRO
ás 17:30 horas
todas e todos aqueles que o desexedes poderedes conectarvos a unha videoconferencia para preguntarnos o que queirades, compartir inquietudes... estaremos encantados de falar con vós!
A través da seguinte imaxe poderedes acceder a toda información relativa ao proceso de admisión:

luns, 17 de febreiro de 2020

XORNADA PORTAS ABERTAS 2020

Do 1 ao 20 de marzo ábrese o prazo para a entrega de solicitudes para o próximo curso. 

Por iso abrimos as portas do cole para que poidades coñecelo por dentro, preguntarnos o que queirades, compartir inquietudes...
VINDE A COÑECERNOS! 
O martes 3 de marzo ás 17:30h. No caso de non poder vir... 
INFORMA-T!

venres, 15 de febreiro de 2019

O COLE DE SEIXO MOLA MOGOLLÓN....

Relacionando o 
Día Mundial da Radio 

coa inminente 
XORNADA DE PORTAS ABERTAS 
que vai ter lugar no noso cole, os nenos e nenas quixeron gravar Na Voz de Arnaldo un programa para dar difusión e facer publicidade de todo canto bo temos no noso centro,
Non volo perdades!!!
PORQUE O COLE DE SEIXO...
 MOLA MOGOLLÓN!!!

luns, 11 de febreiro de 2019

VEN A COÑECERNOS!!

Unha pequena presentación do que atoparedes no noso cole. Estamos desexando contarvos máis: vinde a coñecernos!!

TODOS CONVIDADOS A VISITARNOS!

Do 1 ao 20 de marzo ábrese o prazo para a entrega de solicitudes para o próximo curso. 
Por iso abrimos as portas do cole para que poidades coñecelo por dentro, preguntarnos o que queirades, compartir inquietudes...
  

VINDE A COÑECERNOS! O martes 26 de 17:00h a 19:00h. No caso de non poder vir concertade outra cita.

domingo, 11 de marzo de 2018

ASÍ É O NOSO COLE

Nas portas abertas repartimos un díptico a todas as familias no que presentamos un pouco máis o noso cole.Ven a coñecernos!