xoves, 29 de setembro de 2016

PREPARANDO AOS COLABORADORES DA BIBLIO

Todos os anos, os nenos e nenas de 5º e 6º convírtense en axudantes da biblioteca. Cada día un de 5º e outro de 6º baixan á biblioteca para colaborar cos profes no bo funcionamento da biblioteca.


Para facer o mellor posible o seu traballo como bibliotecarios, están recibindo unha pequena formación sobre o funcionamento da biblioteca. 



Todos estiveron moi atentos ás explicacións de Goyo e Charo que lles contaron como os profes organizan os libros, o prestamo, etc.


Cada un elixiu un libro para ler e estrenar o préstamo deste curso.




E aproveitaron moi ben o tempo na biblioteca.



Despois tocou aprender a usar o Meiga, o programa co que rexistramos os libros que prestamos.


Todos puideron practicar no ordenador da biblio para saber facelo cando lles toque a eles cos outros compañeiros do cole. 



Recordade que na marxe dereita do blog todos podedes consultar o manual de ususarios da biblio para saber como está organizada e como funciona. Tamen premendo AQUÍ



Como vedes estamos en marcha... moi pronto a biblio abrirá as súas portas, tamén algunha tarde, para que todos poidades desfrutar da lectura no cole e tamén na casa.

A HORA DE LER

Todos os días despois do recreo temos a "Hora de ler"... non pensedes que é o único momento da mañá no que lemos, pero neses vinte minutos, todos no cole estamos facendo o mismo: buceando polos libros. 


A Hora de ler facémola moi variada: en diferentes formatos (libros, pizarra dixital, prensa...) e diferentes estilos (narrativa, prensa, poesía, teatro...). 



Ademais encántanos cambiar de sitio e desfrutamos moito cando vaixamos a ler á biblioteca, que agora aínda mola máis con eses sofás taaaaan cómodos. 



Os nenos e nenas de 5º certifican 
que ler na biblio mola!

venres, 16 de setembro de 2016

E TI POR QUE LES?

Unha das actividades que fixemos o ano pasado foi pensar por que nos gusta ler, que é o que máis nos gusta dos libros, cales son as nosas lecturas preferidas... 


Queremos comezar este ano recordando todos estes motivos que nos animan a ler e devorar os libros.
Foi emocionante preparalo, gravalo, e aínda máis escoitalo! 


Este vídeo so é un pequeno adianto de todas as gravacións que fixemos, pronto poderedes ver unha montaxe de cada clase e escoitar a todos os nenos do cole contándonos as razón polas que lles gusta ler.

xoves, 15 de setembro de 2016

BENVIDOS AO CURSO 2016/17

O luns comezamos un novo curso, con forzas renovadas despois dun caloroso verán no que puidemos desfrutar da praia e de xogar moito ao aire libre.
Voltamos ao cole con moita enerxía e ganas de seguir divertíndonos ao mesmo tempo que aprendemos.


A inauguración deste curso foi moi diferente porque tivemos unha visita sorpesa: o conselleiro de educación, Román Rodríguez, elixiu o noso cole para comezar este curso escolar. Viu acompañado da alcaldesa de Marín e de outros cargos da delegación de educación, se pinchades nesta foto iredes á páxina da Xunta onde poderedes ver máis fotos:


O cole estivo moi animado con tantas cámaras, e todos parecíamos profesionais ;)
Premede na foto para ver o que contou a prensa:


E por suposto, entre tantos micros e cámaras, non podía faltar a radio do noso cole. Paula e Iván tiveron a responsabilidade de entrevistar a Román, o conselleiro de educación, que estivo acompañado por María, a alcaldesa de Marín.


A pesar da presión das cámaras da prensa, e de facelo sen ningún ensaio, os nervios dos nosos locutores non se notaron nin un pouquiño!


Grazas ao conselleiro por adicar este tempo aos nosos oíntes.
Queredes escoitar a entrevista? veredes que grandes profesionais da comunicación temos no noso cole ;)


E so nos resta desexarvos a todos un marabilloso curso: que desfrutedes moito aprendendo!