Amosando publicacións coa etiqueta lagartiños de seixo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lagartiños de seixo. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de xuño de 2020

FELIZ VERÁN!

Moi bos días! Seguindo unha das últimas propostas que se fixeron dende o cole...
Desexamos que vos guste moito o vídeo que vos prepararon! Para un fin de curso tan raro... unha despedida diferente e orixinal!
Os nosos lagartiños de Seixo deséxanvos...
FELIZ VERÁN!
Moitísimas gracias a todos e todas pola vosa participación!
ESTADE ATENTOS ESTES DÍAS PORQUE OS PROFES GARDAN UNHA SORPRESIÑA PARA VÓS!

venres, 13 de setembro de 2019

luns, 17 de xuño de 2019

VISITA DA ASOCIACIÓN OS PALLEIROS

Hoxe queremos contarvos a visita tan especial da que puidemos disfrutar en AS PEGADAS DE ARNALDO, a nosa Biblio!
A asociación OS PALLEIROS estiveron de visita con seus cans... Arnaldo quedou encantado!
Foron dúas sesións máxicas nas que aprendemos moitísimas cousas sobre esta Asociación...





E sobre as labores que esta Asociación desempeña na cidade de Pontevedra e arredores!



Os máis pequeniños ata se fixeron unha foto en conxunto...

E como non podía ser doutro xeito... Unha vez máis o noso cole prestouse á colaboración e grazas a todas as familias e nenos e nenas do cole fixemos unha importante donación en sinal de agradecemento por esta visita tan interesante...


Moitas gracias "OS PALLEIROS" por querer compartir con nós esta actividade tan preciosa! Moitísimas gracias, tamén, pola labor tan importante que facedes!

xoves, 13 de xuño de 2019

EXCURSIÓN FIN DE CURSO INFANTIL

Os máis pequerrechos do cole fomos de excursión de fin de curso!


O barco estaba preparado.... e a Illa de San Simón agardaba por nós!

A viaxe en Barco foi moi bonita!

O embarco e desembarco realizouse sen contratempos...
O primeiro que fixemos ao chegar foi encher as nosas barrigas...
E coas barrigas cheas e como bos piratas empezamos o camiño para coñecer a Illa...
Aínda quedaban forzas para facer unha festa pirata na viaxe de volta no noso barco...
A aventura tocaba ao seu fin. Tan só quedaba subir ao bus e regresar ao noso cole...
Se queredes ver moitas máis fotos... Mirade este vídeo!!!

martes, 14 de maio de 2019

MERENDA CON "PAN DE MILLO"

Os nenas e nenos de Infantil e 1º de primaria vimos de papar, esta mañá, unha boa...
Con motivo da celebración do Ano da Música pola Área de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra e da Semana das Letras Galegas, O Museo de Pontevedra deunos a ocasión de poder participar nesta obra de teatro musicalizada MERENDA CON PAN DE MILLO.
Mirade canto cantamos e bailamos...
Por aquí vos queda unha pequna montaxe con máis e máis fotos deste día no que desfrutamos moitísimo desta actividade:

luns, 29 de abril de 2019

CONTÁMOSVOS UN CONTO?

As nenas e nenos de 4 anos de Infantil estivemos preparando o conto "Imos cazar un oso" (Kalandaraka) para contarllo aos nosos compis de 1º de primaria...
Nunha das actividades organizadas en torno á semana do libro poidemos desfrutar todos xuntos deste conto...
Foi unha hora de lectura moi especial NO PATIO DOS NOSOS SOÑOS!
Deixámovos por aquí un pequeno vídeo desta sesión de animación á lectura:
Pasámolo moi ben!

mércores, 24 de abril de 2019

LIBROS PARA LEVAR SEN VOLTA

Boas amiguiños!
Continuando coas actividades en torno á celebración do DÍA DO LIBRO hoxe ponse en marcha no noso cole...

LIBROS PARA LEVAR SEN VOLTA!
Unha iniciativa que parte do Equipo de Biblioteca para que todos os días, á saída, poidades pasar por este recuncho e levar para a casa os libros que desexedes e o máis importante.... 
SON SEN VOLTA!

Que mellor forma de compartir os libros máis velliños e xubilados da nosa Biblio que con todos e todas vós!

E para vós, mamis, papis e familias, estade atentos porque tamén haberá libros!!!

martes, 23 de abril de 2019

TI + EU = UN LIBRO (DÍA DO LIBRO 2019)

E chegou un ano máis, para conmemorar o DÍA DO LIBRO, fixemos o apadriñamento lector. Unha xornada e actividade moi especial que, non por facela todos os cursos, deixa de selo!
Os nenos e nenas de 6º, 5º, 4º e 3º pasaron pola Biblioteca para esoller un libro...

Eles ían ser os encargados de ler por iso levaron o seu conto para poder practicalo e compartilo despois cos compañeiros dos cursos mais pequenos...


O mal tempo non nos permitiu ler ao aire libre, pero espallados por todo o ximnasio e corredores do cole, disfrutamos de moitos contos!

Por aquí vos deixamos un vídeo cunha morea de imaxes que sen dúbida amosan que...

 A LECTURA COMPARTIDA É MARABILLOSA!

venres, 22 de marzo de 2019

POÉTICAS DIVERSAS NAS ÁRBORES DO NOSO PATIO

Moi boas amiguiños!
Queremos compartir con todas e todos vós o traballo que estivemos facendo, no cole, arredor do...
DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA
Collendo como referencia o tema de POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, quixemos unir estas dúas celebracións nunha soa.
Temos moita sorte de poder ter un patio no que hai moitas árbores, natureza e vexetación. Por iso e xunto coa misión de atopar na nosa Biblio poemas relacionados con esta temática se levou a cabo, como actividade final, un RECITADO POÉTICO que poderedes ver no seguinte vídeo:

xoves, 21 de marzo de 2019

FELIZ DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

Dende o cole de Seixo queremos desexarvos un moi feliz...

Os nenos e nenas do cole estivemos traballando ao longo desta semana arredor dunha actividade conxunta para conmemorar estas dúas celebracións mundiais que coinciden no día de hoxe.
Estamos a piques de rematar o noso traballo e axiña o poderedes ver neste blogue.
Estade moi atentos e prestade moita atención!

sábado, 16 de marzo de 2019

SEMANA DA PRENSA

No Cole de Seixo vimos de conmemorar, na semana do 11 ao 15 deste mes, a...
SEMANA DA PRENSA
Este ano quixemos elaborar un mural no que só destacaríamos as NOTICIAS BOAS, 
Estivemos traballando ao longo de toda a semana coa prensa nas nosas aulas e cada clase dedicouse a buscar unha noticia que fose boa. Custounos un poquiño porque o bo non vende tanto, porque o bo escasea (pero segue habendo moitas noticias boas), porque a porcentaxe de boas novas nun periódico con respecto ás demais é moi inferior...
Por aquí vos deixamos as noticias que escolleron:




O traballo final completouse coa elaboración por parte de todos os nenos e nenas do cole do seguinte mural...



E gravamos un NOTICIEIRO DE BOAS NOVAS na VOZ DE ARNALDO, por aquí vos deixamos o programa para que o poidades escoitar: