martes, 31 de outubro de 2017

EXPOSICIÓN CABAZAS 2017

Temos un alumnado e unhas familias do máis creativo, que non deixan de sorprendernos ano tras ano coas obras de arte que fan coas cabazas. 
Mirade que chulada, non perdades detalle porque todas teñen algo que as fai únicas.





















domingo, 29 de outubro de 2017

RECITANDO NA BIBLIOTECA

Seguimos xuntándonos na biblioteca todo o cole e compartindo a hora de ler con actividades especiais.



A biblioteca está cada día máis terrorificamente bonita!



Hoxe os compañeiros de 3º e 5º deleitáronnos cuns poemas moi chulos.



Así de ben o fixeron os de 3º


Os de 5º recitaron varios poemas individuais e por parellas


Menudos artistas nesta clase, están que non paran!

xoves, 26 de outubro de 2017

TODOS AO TEATRO: APRENDIZ DE BRUXA

Seguimos celebrando o día das bibliotecas e desfrutandode ver aos compañeiros facer teatro.


Hoxe repetiros os nenos e nenas de 5º que representaron: "Aprendiz de bruxa".


Vos sabedes que hai bruxos e bruxas, e que tamén hai bruxos e bruxas pequenos que teñen que ir a escola e aprender conxuros, normas, etc... coma nós!


Estos pequenos bruxos e bruxas, coma nós, tamen se enfadan e lles din aos seus pais que non os escoitan e non lles fan caso.









mércores, 25 de outubro de 2017

UN SAMAÍN DE CONTO CO COELLIÑO BRANCO


Hoxe todos nos volvimos xuntar na biblioteca para desfrutar dunha representación dos compis de 5º.



Representaron para todos: O Coelliño Branco, un conto moi coñecido escrito por Xosé Ballesteros e ilustrado por Óscar Villán.



Trátase dun conto onde a valentía, a colaboración e a solidariedade triunfan frente a cobardía dos que poderían axudar ao coelliño, pero non o fan e fuxen correndo.



O conto quere dicirnos que calquera persoa, sexa como sexa, pode axudarnos: o importante é que queira facelo. .... porque: QUEN QUERE, PODE!












Noraboa aos compañeiros e compañeiras de 5º por esta fantástica representación: un gran traballo no que se nota moito ensaio detrás! Moitos aplausos para todos e o profe Goyo por guialos tan ben.



Aínda que é un conto moi coñecido, aquí volo deixamos por si algún non o coñece, e tamén o podedes coller na biblioteca.