Amosando publicacións coa etiqueta Animación á lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Animación á lectura. Amosar todas as publicacións

venres, 29 de maio de 2026

HORA DE LER

 No cole  levamos a cabo unha actividade moi especial: "Hora de ler". Cada día dedicamos un tempo á lectura en diferentes espazos do colexio: na aula, na biblioteca, no patio ou nos recunchos habilitados para gozar dun bo libro. Calquera lugar é perfecto para deixarse levar polas historias! O máis importante é crear momentos de lectura agradables, divertidos e compartidos. Desfrutamos moitísimo desta actividade, convertendo a lectura nun hábito cheo de ilusión e entusiasmo.

mércores, 27 de maio de 2026

HOXE RECOMÉNDOCHE... UN LIBRO

 Recordamos que temos unha plataforma de podcast "ivoox" onde hai colgados varios programas dos que se gravan no cole.

HOXE RECOMÉNDOCHE... UN LIBRO é un dos nosos programas. Nel, compañeiros e compañeiras do noso cole fan as súas recomendacións lectoras. Anímate a facer a túa!

xoves, 30 de abril de 2026

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA !

 A semana pasada os cursos de primeiro e segundo fomos a coñecer a Biblioteca Municipal de Pontevedra.
Pasamos un rato moi agradable con Paula e Andrea que nos falaron do que é unha biblioteca. Aínda que nós xa o sabíamos porque coñecemos a Casa de Arnaldo, a biblio do noso cole, a de Pontevedra era diferente. 
Despois contáronnos un conto!!
  Pasámolo en grande!!


luns, 15 de decembro de 2025

SEMENTANDO LETRAS, RECOLLENDO HISTORIAS

Un ano máis, froito do traballo en equipo, na coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, elaboramos unhas guías con recomendacións en galego, este ano co lema: SEMENTANDO LETRAS, RECOLLENDO HISTORIAS.


O obxectivo é facer chegar ás familias, e a toda a comunidade educativa, suxestións de lecturas, música e xogos en galego para todas as idades. As guías están cheas de novidades e reedicións dos últimos 12 meses. Seguro que aquí atoparedes moitas ideas para mercar agasallos no Nadal, en aniversarios, ou en calquera día especial.

Coma sempre, fixéronse 3 guías porque están adaptadas ás diferentes idades (infantil, primaria, secundaria e adultos), para que poidades acertar máis cos agasallos e que este Nadal as casas se enchan de boas lecturas!



martes, 9 de decembro de 2025

CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS

Hoxe tivemos a sorte de pode disfrutar dunha sesión de animación á lectura con Chema Heras e Pilar Martínez.
As nenas e nenos de 4 e 5 anos e de 1º e 2º de primaria desfrutamos moitísimo coa actividade e pasámolo en grande...
Pilar e Chema contáronnos moreas de historias...
Estamos moi agradecidos pola vosa visita, ata outra!

venres, 24 de outubro de 2025

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

No cole de Seixo, celebramos no día de hoxe...
O DÍA DA BIBLIOTECAS

Puidemos contar coa actuación de TARABELOS que representou para todas e todos nós...

SABELA E O PAXARO MÁXICO


A continuación presentamos ás nosas bibliotecarias e bibliotecarios que voluntariamente, e sacrificando moitos recreos, van axudar na casa de Arnaldo (A nosa Biblio) para que todo funcione moitísimo mellor. Por aquí vos deixamos unha fotiño...


Fíxose entrega dos carnets de usuarias e usuarios...


Da man das nenas e nenos de 6º de infantil puidemos desfrutar dunha representación de teatro moi pero que moi especial e divertida...

 
E para rematar entregamos as mochilas viaxeiras para que comecen a viaxar por todos os fogares das nosas familias...
 

Unha xornada moi pero que moi divertida para festexar o DÍA DAS BIBLIOTECAS...
O DÍA DA NOSA BIBLIOTECA

sábado, 18 de outubro de 2025

15 DE OUTUBRO: DÍA DAS ESCRITORAS GALEGAS

 Este mércores 15 de outubro celebrouse en Galicia o día das escritoras galegas, e na nosa biblio podes coñecer a algunha delas.



Na biblioteca do CEIP de Seixo contamos con  unha serie de libros escritos por autoras galegas, e estas semanas os teredes na entrada da biblio para poder atopalos máis facilmente e gozar con eles da LECTURA.



                            



E seguimos tendo unha morea de libros para viaxar con Arnaldo a onde ti queiras...

venres, 17 de outubro de 2025

MAXIA EN SEIXO

 O pasado xoves 9 de outubro tivemos unha visita moi especial, o mago RÁFERTY, dende Guadalajara, chegou ao cole de Seixo para contarnos a historia de Argus, o duende da biblioteca.


Mostrounos unha morea de trucos de Maxia nos que tivemos que axudar ao duende e superar retos para salvar a biblioteca... Ademais ao rematar agasallou a todos os nenos e nenas co conto de Argus e como salvou a biblioteca.
Pasámolo xenial!














luns, 23 de decembro de 2024

GUÍAS DE LECTURA 2024

Un ano máis, os Equipos de dinamización lingüística do Morrazo elaboramos unha guía chea de ideas para facer agasallos en galego: libros, música e incluso xogos, organizados por idades. Leandro Lamas foi o ilustrador que este ano se encargou de darlle vida ás guías cunha ilustración dunha cantareira, protagonistas este ano das letras galegas.

Todo o alumnado levou para casa a súa guía, a cal inclúe recomendacións para adultos, que esperamos que vos resultase útil. Deixámola tamén por aquí por si queredes compartila, que aínda hai que darlle ideas aos reis.

martes, 15 de outubro de 2024

xoves, 6 de xuño de 2024

BIBLIO PATIO

No cole disfrutamos moito do patio e tratamos de aproveitar todo aquilo que nos ofrece: os xogos, os campeonatos, as merendas, a carreira da paz, a horta, as árbores froiteiras, as flores, os bechos e moito máis. Sempre estamos a argallar algunha actividade no patio dos nosos soños.

luns, 11 de marzo de 2024

CONTACONTOS ANAYA

O alumnado de infantil e primeiro ciclo desfrutamos dun contacontos da editorial Anaya: pasámolo xenial escoitando o conto e cantando!

luns, 18 de decembro de 2023

GUÍAS DE LECTURA 2023

Un ano máis estamos felices de compartir as guías de lectura elaboradas, en equipo, pola coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo.
O obxectivo é facer suxestións de lecturas, xogos e música en galego para todas as idades. As guías están cheas de novidades e reedicións dos últimos 12 meses. Seguro que aquí atoparedes moitas ideas para mercar agasallos no Nadal, en aniversarios, ou en calquera día especial.


Aquí tendes as 3 guías, adaptadas ás diferentes idades (infantil, primaria, secundaria e adultos), para que poidades acertar máis cos agasallos e que as casas se enchan de boas lecturas!
 



Mandamos unha aperta moi grande e o noso agradecemento a mar Sanmartín Lorenzo, alumna do CEIPP Castrillón-Coiro que nos fixo esta fermosa ilustración para as guías!

luns, 27 de decembro de 2021

MALETA VIAXEIRA: LECTURA E DIVERSIDADE

Durante o mes de decembro desfrutamos do contido desta Maleta viaxeira da asesoría de bibliotecas escolares de Galicia. Unha maleta de lectura e diversidade cunha selección de materiais actuais que desfrutamos na hora de ler.


Exploramos o que se esconde no mar, buscamos cores, formas, números en diferentes linguas, atopamos o intruso... xogamos coas palabras e imaxes para inventar criaturas máxicas e diversas pero todas únicas porque todos somos iguais pero diferentes.
Estamos desexando recibir outra maleta!!

martes, 10 de novembro de 2020

LECTURAS ÁS ESCURAS 2020

E como non podía ser doutro xeito, e para rematar as actividades arredor do Samaín, un ano máis, levouse a cabo no noso cole as...
LECTURAS TERRORÍFICAS ÁS ESCURAS!
Descubrir moitos contos, historias terroríficas e ata creacións propias apagando as luces, baixando as persianas e alumeando con lanternas. 
Como mola ler ás escuras! Mirade, mirade!

mércores, 30 de outubro de 2019

LECTURAS ÁS ESCURAS POLO SAMAÍN

E para rematar a semana do Samaín no noso cole... unha actividade moi molona á que Arnaldo nos quixo convidar. 
Descubrir moitos contos, historias terroríficas e ata creacións propias apagando as luces, baixando as persianas e alumeando con lanternas. 
Qué divertido ler ás escuras!

luns, 28 de outubro de 2019

EXPOSICIÓN DE LECTURAS POLO SAMAÍN

O Samaín xa chegou ao cole e como non podía ser doutro xeito dende a biblio de Arnaldo queremos participar de cheo nas actividades preparadas...
E que mellor xeito de facelo que encher os corredores de moreas de lecturas terroríficas e arrepiantes...
Libros e máis libros ateigados de historias relacionadas co Samaín...
E unha biblioteca moi preparada para a ocasión...
Non volo perdades e vinde á nosa Biblioteca pasar un Samaín de conto!
AGARDÁMOSVOS!

xoves, 24 de outubro de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS: TIMBRE TOLO

Nunha das actividades preparadas para celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS no Ceip de Seixo...
 os nenos e nenas pasárono xenial co... 
Unha actividade diferente e especial que nos levou a desfrutar en grupo das nosas lecturas preferidas en variados recunchos do cole ao longo de toda a mañá...
Deixámosvos por aquí un pequeno vídeo desta actividade!

CONTACONTOS

Nunha das actividades levadas a cabo arredor deste día "DÍA DAS BIBLIOTECAS"...
as nenas e nenos de infantil e primeiro e segundo de primaria puideron desfrutar dunha sesión de contacontos levada a cabo pola editorial ANAYA...
un comezo de celebración moi divertido e entretido e que mellor sitio para levar a cabo a actividade que a casa de Arnaldo, a nosa Biblio!
Deixámosvos por aquí un pequeno vídeo que demostra o moito que desfrutamos!