Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións

xoves, 14 de marzo de 2024

POLO DÍA DE ROSALÍA, RECITA POESIA

3 anos - Parece unha Rosa

4 anos - Parece unha Rosa

5 anos: Rosalía Pequeniña


1º: Pasa río

2º: Adios ríos, adios fontes.

3º: O río

4º: Como chove miudiño

5º: Cantarte ei Galicia

6º: Unha vez tiven un cravo

martes, 22 de marzo de 2022

POETAS NO DÍA DA POESÍA

A poesía ten moitas formas e posibilidades, hai moitiiiisimos tipos de rimas. Aquí tendes o resultado do trabajo dos maiores de infantil, os da clase de 5 anos, e dos maiores de primaria, os da clase de 6º.
 

luns, 21 de marzo de 2022

CONTANDO POLO DÍA DA POESÍA

Para celebrar o Día da Poesía, os nenos e nenas de 3º de primaria, que son uns magnificos poetas, comparten con nós unha lectura moi especial. 


Desfrutade coa súa lectura do conto en verso: Bo camiño Valentiño.

xoves, 25 de marzo de 2021

5º DE PRIMARIA REMATA A CELEBRACIÓN DO DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE

As nenas e nenos de 5º de primaria foron os encargados de pechar esta semana tan especial na que celebramos dúas festividades moi importantes...
A POESÍA E A ÁRBORE!
Recitaron un poema do libro "CANTAROLAS" de (Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda)...
que levaba por título "O PIÑEIRO"...
Elas e eles foron os encargados de plantar dous piñeiros no patio do noso cole...
Por aquí vos deixamos un vídeo...

4º DE PRIMARIA E O DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE

As nenas e nenos de 4º de primaria foron outros que quixeron celebrar no noso cole o...
DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE!
Partindo do poema "BESTIA POÉTICA"...
Que está incluído no libro "BECHOPOEMAS" (Leire Bilbao)...
traballaron o vocabulario das partes do corpo e dos animais en galego e en inglés. Recitaron a poesía e debuxou cada un a súa "bestia poética".
Por aquí vos deixamos un pequeno vídeo...

mércores, 24 de febreiro de 2021

FELIZ DÍA DE ROSALÍA

Moi boas a todas e todos!
Hoxe estamos moi contentos de poder celebrar o...
DÍA DE ROSALÍA
Un ano máis quixemos celebrar esta data dunha forma diferente e agora estamos encantados de compartilo con vós.
Como o lema das Bibliotecas deste ano é XEOGRAFÍAS LECTORAS, debuxamos un mapa de Galicia e buscamos Santiago de Compostela, lugar de nacemento de Rosalía.
Buscamos ilustracións dela, unha por cada aula na que cada un de nós pegou unha caricatura da homenaxeada.
Diante do mural estivemos recintando poesías.
Mirade a seguinte montaxe de todo o proceso...
Estade atentos axiña colgaremos as gravacións cos recitados das poesías elixidas e subiremos un códigos QR moi molóns!
FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

xoves, 2 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Hoxe celébrase o día do libro infantil e xuvenil e de xeito especial temos moita morriña de estar con Arnaldo... él tamén esta na súa casa, a biblioteca. Certo é que está moi ben rodeado con moitos contos e libros marabillosos. Que ganiñas de volver ao cole para seguir desfrutando de tantas lecturas compartidas, que é como mellor saben!!


Mentres non podamos estar na biblio lendo, recomendámosvos que o sigades facendo con todos os libros que tendes na casa ou con moitos recursos que diferentes páxinas están poñendo a nosa disposición. Unha delas é Kalandraka, que no seu canal de TV nos ofrece moitos contos para desfrutar. Aí na imaxe vedes algúns, pero hai moitos máis (en galego e castelán). Premede na imaxe para poder acceder.


Que non se vos os esqueza que LER É SOÑAR COS OLLOS ABERTOS! Nos soñamos con vervos pronto: ánimo que todo isto pasará!
#ARNALDOEOSDESEIXOQUEDAMOSNACASA

martes, 31 de marzo de 2020

CELEBRANDO O DÍA DA ÁRBORE E O DÍA DA POESÍA

Hai uns días celebramos o día da poesía e da árbore con todas e todos vós compartindo a arte e o talento de Anxo Moure e Servando Barreiro...
Pedimos a vosa colaboración para recitar poesías e que nos enviáredes as vosas propostas. 
Estamos moi orgullosos do voso traballo e só podemos darvos as gracias a todos e todas polo ben que o fixestes!
Por aquí vos deixamos a montaxe prometida!
Moitas gracias!!!

sábado, 21 de marzo de 2020

FELIZ DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

Dende o cole de Seixo, o Equipo de Biblioteca e EDLG, queremos desexarvos un moi feliz...

Queremos compartir con vós o seguinte enlace no que poderedes desfrutar dunha fermosa cantiga que ten a letra de Anxo Moure e a música de Servando Barreiro pertencente ao libro-cd...

"A música das árbores"

Arnaldo pide poemas!
Todos aqueles que queirades animádevos a recitar algún e gravádevos con calquera dispositivo, iso si, xa sabedes! En APAISADO!!!
Poderedes envialos á seguinte dirección...
abibliodeseixo@gmail.com
Faremos unha montaxe con todas as propostas recibidas para celebrar esta data!

xoves, 27 de febreiro de 2020

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA

E chegou o día. Tal como se tiña organizado no cole de Seixo celebramos, á volta das vacacións de entroido, o Día de Rosalía dun xeito diferente ao de outros anos...
As nosas familias foron convidadas a participar en A Voz de Arnaldo e a través da estupenda ferramenta do noso cole como é a radio fixemos un programa moi especial cargado de poesías de Rosalía Castro...
Por aquí vos deixamos o programa ao completo que estivemos gravando os nenos e nenas de 6º de primaria...
E si queredes escoitar as gravacións de xeito separado por aquí vos deixamos a de...
ANA VILLEGAS 
(Mamá de Aine e Antón de 6º de infantil)


UXÍA GARCÉS 
(Mamá de Fuco de 3º de primaria)


DOLO ÁLVAREZ 
(Mamá de Pedro de 4º de primaria)

Moitísimas gracias mamis pola vosa participación e colaboración!!!

martes, 11 de xuño de 2019

PREMIOS XX CONCURSO DE POESÍA PARA ESCOLARES

O pasado Venres día 17 unha representación do noso cole, xuto coas profes Natalia e Fátima, acudiron a un acto organizado polo Museo Manuel Torres de Marín para recoller os premios que nos concederon no...

XX PREMIO DE POESÍA 

PARA ESCOLARES 
- CONCELLO DE MARÍN -
Hoxe queremos facer a entrega oficial dos premios, na nosa Biblioteca, ás clases afortunadas...


Lembramos as poesías que presentamos ao Concurso...
Neste acto tamén quixemos presentar...
AS AVENTURAS DE LÚA E XAN EN PLANETA BRIZ


Unha curta de animación que o Concello encargou a Rodrigo Cota, codirector e guionista. Este encargo tamén incluiu a Jorge Costas, encargado da animación.
A curtametraxe relata a aventura de Lúa, unha meniña que mentres está xogando en Briz recibe a vista de Xan, un alieníxena a quen lle ensinará o espectacular Parque de Briz.
Non vos perdades visitar este fermoso parque!

martes, 21 de maio de 2019

XX PREMIO DE POESÍA PARA ESCOLARES

O pasado Venres día 17 unha representación do noso cole, xuto coas profes Natalia e Fátima, acudiron a un acto organizado polo Museo Manuel Torres de Marín para recoller os premios que nos concederon no...
XX PREMIO DE POESÍA 
PARA ESCOLARES 
- CONCELLO DE MARÍN -
Nesta ocasión decidimos participar como centro e non individualmente. O resultado final ensinámosvolo hai uns días na noticia O CANCIONEIRO DE SEIXO
Un cancioneiro como resultado final de todas as poesías creadas nas diferentes aulas e que presentamos ao concurso.
Resultamos gañadores en todas as categorías! A nosa alcaldesa entregounos os premios:

1ª Categoría: O TRAXE GALEGO
2ª Categoría: AUGAS DE GALICIA
3ª Categoría: FESTAS E ROMARÍAS
Durante a entrega de premios fíxose lectura pública das obras premiadas. Por aquí podedes ver un anaquiño dunha delas:
Tamén puidemos desfrutar da música tradicional galega...
E para rematar fixemos todos xuntos unha foto de recordo deste XX PREMIO DE POESÍA

venres, 17 de maio de 2019

O CANCIONEIRO DE SEIXO

Con motivo da celebración das Letras Galegas 2019 e tendo en conta ao autor homenaxeado deste ano, Antonio Fraguas...
- CARICATURA FEITA POLOS NENOS/AS -
(BOTANDO MAN DUNHA OBRA DOS BOLECHAS)

Dende o Ceip de Seixo, collendo o lema deste ano para as Biblios "POÉTICAS DIVERSAS", quixemos elaborar un Cancioneiro con poemas que falaran e percorreran as diferentes etapas da vida e temáticas tratadas polo homenaxeado nas súas obras.
Este foi o resultado, desexamos que vos guste:
ANTONIO FRAGUAS 
(INFANTIL) 
Antonio Fraguas foi un home 
que naceu en Cotobade, 
a súa lingua era o galego 
que a amaba de verdade. 

Gustáballe moito as letras 
non paraba de escribir, 
xuntou numerosas obras 
dende Cotobade ata o seu fin. 

Neste ano nas Letras Galegas 
queremos lembrarnos del, 
exemplo de galeguista 
sempre se falará ben.

O TRAXE GALEGO
(1º e 2º de primaria)

O traxe galego
é negro e vermello,
o traxe galego
loce coma un espello.

O traxe galego
que bonito é,
ponse pola cabeza
e quítase polos pés.

O traxe galego
lévase para bailar,
úsase para festexar
e tamén para cantar.
 A ROMARÍA 
(3º e 4º de primaria) 
No alto da montaña 
celebrábase a romaría, 
había moitos nenos 
naquel fermoso día. 

A carballeira engalanada 
acollía a celebración, 
moreas de rosquilleiras 
para festexar ó patrón. 

Todos xuntos para ir de festa 
a cantar e bailar coa orquestra, 
ao rematar a diversión 
tocaba ir de procesión. 

Gústanos moito ir de romaría 
para poder bailar todo o día, 
pero cando é hora de regresar 
xa non podemos nin camiñar.


AUGAS DE GALICIA
(3º de primaria)
Se coa auga dos encoros
electricidade podes obter, 
coa auga das fontes 
auga fresca podes beber. 

Se na auga do mar 
queres navegar, 
na auga do río 
terás que remar. 

Se coa auga do balneario 
o corpo vas curar, 
coa auga do acuario 
os peixes vas desfrutar. 

A nosa Galicia azul 
é toda unha beleza 
dende o norte ata o sur 
hai auga por natureza.


A TRADICIÓN POPULAR
(5º de primaria)
Isto sucede en maio
cando os nenos cantan e xiran
a ritmo dos paos
con moita alegría.

As xestas amarelas
adornan os coches
os balcóns e cancelas
para afastar ás meigas.

Constrúen os maios
con ovos, fiunchos, laranxas,
colares de flores
é a saia de espadaina.

As nenas entoan coplas
sobre temas diferentes
a primavera, as queixas
dando voz á xente.

Todos co uniforme
e os panos ao pescozo
cantando e vendendo coplas
recorren o pobo enteiro.

Ao rematar á merendola
rosca, espeso chocolate
que gozan todos xuntos
cos galardoados de tarde
 A NOSA GALICIA MÁXICA
(6º de primaria)
A mellor noticia
que che poden dar,
é visitar Galicia
para desfrutar.

A nosa Galicia máxica
é a mellor para vivir,
Nunca esquezas
da nosa terra presumir.

As grandes cidades
has ti visitar,
e chegarás a pobos
onde poderás descansar.

Nos claros ríos
vas poder pescar,
e nas fermosas praias
pasear.

No noso mar azul
fermoso para navegar,
con todas as ondas
poderás surfear.

Aquí terás rico viño
para poder beber,
e moito polbo fresco
ata aborrecer.

FESTAS E ROMARÍAS
(6º de primaria)
 As mellores festas aquí están,
en Galicia moitas hai,
non me chegan para contar
os dedos das nosas mans.

A sidra, o polbo,
nas festas non poden faltar,
a mazá e a empanada,
son o tradicional.

Imos todos á cantina
unhas tapiñas imos tomar,
e logo todos xuntos
imos cos gaiteiros bailar.

Mira ese neno pequeno
como está a gozar,
estache moi contento
porque pode bailar.

Que soen as gaitas!
Todos a bailar!
Tedes moito tempo
para desta festa desfrutar.

As mozas e os mozos
na festa van bailar,
e algúns deles
tamén poden ligar.

Estámosvos de festa,
estámosche de parranda,
bailemos todos xuntos
ata a madrugada!

venres, 22 de marzo de 2019

POÉTICAS DIVERSAS NAS ÁRBORES DO NOSO PATIO

Moi boas amiguiños!
Queremos compartir con todas e todos vós o traballo que estivemos facendo, no cole, arredor do...
DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA
Collendo como referencia o tema de POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, quixemos unir estas dúas celebracións nunha soa.
Temos moita sorte de poder ter un patio no que hai moitas árbores, natureza e vexetación. Por iso e xunto coa misión de atopar na nosa Biblio poemas relacionados con esta temática se levou a cabo, como actividade final, un RECITADO POÉTICO que poderedes ver no seguinte vídeo:

xoves, 21 de marzo de 2019

FELIZ DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

Dende o cole de Seixo queremos desexarvos un moi feliz...

Os nenos e nenas do cole estivemos traballando ao longo desta semana arredor dunha actividade conxunta para conmemorar estas dúas celebracións mundiais que coinciden no día de hoxe.
Estamos a piques de rematar o noso traballo e axiña o poderedes ver neste blogue.
Estade moi atentos e prestade moita atención!

venres, 30 de marzo de 2018

DÍA DA POESÍA CON RICHARD PAZOS

Este ano celebramos o día da poesía coa visita do poeta marinense Richard Pazos.


Todos nos xuntamos na biblioteca para escoitar un montón de poemas que Richard compartiu con todos nós. 






Richard fixo unha selección xenial de poemas, adaptados ás idades do alumnado. Recitou pemas de Rosalía de Castro, de Gloria Fuertes, de Rosa León.... 



E algún descubriu o divertida que pode ser a poesía: rimos un montón con algúns poemas!!




Varios de nós tamén tivemos a oportunidade e compartir poemas cos compañeiros: bravos por estos valentes poetas e poetisas!



Richard tamén compartiu algún poema escrito por él. 



Todos quixeron despedilo e dicirlle cal fora o seu poema preferido... o do mundo ao revés triunfou!!



Podedes ver máis fotos no bog da profe María José premendo nesta imaxe.

martes, 20 de marzo de 2018

DÍA DE ROSALIA 2018

O 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía, e un ano máis quixemos compartir este día tan especial con toda a xente de Seixo.
Os peques e os maiores foron os encargados de repartir os poemas de Rosalía pola rúa, na praza, nos bares, nos comercios...

 

Aquí vos deixamos as obras de arte de todos os nenos e nenas de Seixo: os poemas que traballamos nas aulas e que cada un ilustrou.
Agora estan espallados polas casas de Seixo, esperamos que vos gustasen moito! 

venres, 10 de novembro de 2017

RECITADOS E REPRESENTACIÓNS DE 5º

Este ano quixemos grabar as participacións do alumnado polo día das bibliotecas para que as familias poidades desfrutar dende a casa dos grandes artistas que tendes.
Foron moitos os cursos que compartiron teatro ou poemas con todos os compis do cole, pero nos faltaba compartir os vídeos de 5º que tivo 3 estupendas participacións.


Aquí vos deixamos un recordatorio destas participacións (se premedes no título de cada unha iredes directos a diferentes entradas do blog) e un vídeo de cada unha, para que vexades que neste cole temos actrices e actores de moita calidade!



Nunha hora de ler recitaron uns poemas para todos os compis:



Ademáis de poetas tamén son grandes actores e actrices, o cal demostraron contando o conto de O COELLIÑO BRANCO:



E tamén nos contaron APRENDIZ DE BRUXA:

Fantástico traballo chicos: sodes uns artistas!

xoves, 2 de novembro de 2017

TEATRO: O HOME DO LUME

O alumnado de 6º tamén se apuntou a participar nos contos e poemas compartidos para celebrar o día das bibliotecas.... pero quixeron ir un paso máis alá. 
Cando estaban dando voltas a diferentes guións a ver cal era o elixido, vivimos uns días terribles en Galiza con moitos incendios que non deixaron indiferentes aos nenos e nenas, os cales non dubidaron en elixir esta obra.



Representaron: "O home do lume", unha obra coa cal nos quixeron facer pensar nas consecuencias que teñen os incendios e o perigo que poden chegar a ser, ademais de dar algunhas ideas prácticas para coidar un dos nosos maiores tesouros: os nosos bosques. 


Dende Seixo todos xuntos berramos: 
NUNCA MÁIS!