Amosando publicacións coa etiqueta poéticas diversas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poéticas diversas. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de maio de 2019

XX PREMIO DE POESÍA PARA ESCOLARES

O pasado Venres día 17 unha representación do noso cole, xuto coas profes Natalia e Fátima, acudiron a un acto organizado polo Museo Manuel Torres de Marín para recoller os premios que nos concederon no...
XX PREMIO DE POESÍA 
PARA ESCOLARES 
- CONCELLO DE MARÍN -
Nesta ocasión decidimos participar como centro e non individualmente. O resultado final ensinámosvolo hai uns días na noticia O CANCIONEIRO DE SEIXO
Un cancioneiro como resultado final de todas as poesías creadas nas diferentes aulas e que presentamos ao concurso.
Resultamos gañadores en todas as categorías! A nosa alcaldesa entregounos os premios:

1ª Categoría: O TRAXE GALEGO
2ª Categoría: AUGAS DE GALICIA
3ª Categoría: FESTAS E ROMARÍAS
Durante a entrega de premios fíxose lectura pública das obras premiadas. Por aquí podedes ver un anaquiño dunha delas:
Tamén puidemos desfrutar da música tradicional galega...
E para rematar fixemos todos xuntos unha foto de recordo deste XX PREMIO DE POESÍA

venres, 17 de maio de 2019

O CANCIONEIRO DE SEIXO

Con motivo da celebración das Letras Galegas 2019 e tendo en conta ao autor homenaxeado deste ano, Antonio Fraguas...
- CARICATURA FEITA POLOS NENOS/AS -
(BOTANDO MAN DUNHA OBRA DOS BOLECHAS)

Dende o Ceip de Seixo, collendo o lema deste ano para as Biblios "POÉTICAS DIVERSAS", quixemos elaborar un Cancioneiro con poemas que falaran e percorreran as diferentes etapas da vida e temáticas tratadas polo homenaxeado nas súas obras.
Este foi o resultado, desexamos que vos guste:
ANTONIO FRAGUAS 
(INFANTIL) 
Antonio Fraguas foi un home 
que naceu en Cotobade, 
a súa lingua era o galego 
que a amaba de verdade. 

Gustáballe moito as letras 
non paraba de escribir, 
xuntou numerosas obras 
dende Cotobade ata o seu fin. 

Neste ano nas Letras Galegas 
queremos lembrarnos del, 
exemplo de galeguista 
sempre se falará ben.

O TRAXE GALEGO
(1º e 2º de primaria)

O traxe galego
é negro e vermello,
o traxe galego
loce coma un espello.

O traxe galego
que bonito é,
ponse pola cabeza
e quítase polos pés.

O traxe galego
lévase para bailar,
úsase para festexar
e tamén para cantar.
 A ROMARÍA 
(3º e 4º de primaria) 
No alto da montaña 
celebrábase a romaría, 
había moitos nenos 
naquel fermoso día. 

A carballeira engalanada 
acollía a celebración, 
moreas de rosquilleiras 
para festexar ó patrón. 

Todos xuntos para ir de festa 
a cantar e bailar coa orquestra, 
ao rematar a diversión 
tocaba ir de procesión. 

Gústanos moito ir de romaría 
para poder bailar todo o día, 
pero cando é hora de regresar 
xa non podemos nin camiñar.


AUGAS DE GALICIA
(3º de primaria)
Se coa auga dos encoros
electricidade podes obter, 
coa auga das fontes 
auga fresca podes beber. 

Se na auga do mar 
queres navegar, 
na auga do río 
terás que remar. 

Se coa auga do balneario 
o corpo vas curar, 
coa auga do acuario 
os peixes vas desfrutar. 

A nosa Galicia azul 
é toda unha beleza 
dende o norte ata o sur 
hai auga por natureza.


A TRADICIÓN POPULAR
(5º de primaria)
Isto sucede en maio
cando os nenos cantan e xiran
a ritmo dos paos
con moita alegría.

As xestas amarelas
adornan os coches
os balcóns e cancelas
para afastar ás meigas.

Constrúen os maios
con ovos, fiunchos, laranxas,
colares de flores
é a saia de espadaina.

As nenas entoan coplas
sobre temas diferentes
a primavera, as queixas
dando voz á xente.

Todos co uniforme
e os panos ao pescozo
cantando e vendendo coplas
recorren o pobo enteiro.

Ao rematar á merendola
rosca, espeso chocolate
que gozan todos xuntos
cos galardoados de tarde
 A NOSA GALICIA MÁXICA
(6º de primaria)
A mellor noticia
que che poden dar,
é visitar Galicia
para desfrutar.

A nosa Galicia máxica
é a mellor para vivir,
Nunca esquezas
da nosa terra presumir.

As grandes cidades
has ti visitar,
e chegarás a pobos
onde poderás descansar.

Nos claros ríos
vas poder pescar,
e nas fermosas praias
pasear.

No noso mar azul
fermoso para navegar,
con todas as ondas
poderás surfear.

Aquí terás rico viño
para poder beber,
e moito polbo fresco
ata aborrecer.

FESTAS E ROMARÍAS
(6º de primaria)
 As mellores festas aquí están,
en Galicia moitas hai,
non me chegan para contar
os dedos das nosas mans.

A sidra, o polbo,
nas festas non poden faltar,
a mazá e a empanada,
son o tradicional.

Imos todos á cantina
unhas tapiñas imos tomar,
e logo todos xuntos
imos cos gaiteiros bailar.

Mira ese neno pequeno
como está a gozar,
estache moi contento
porque pode bailar.

Que soen as gaitas!
Todos a bailar!
Tedes moito tempo
para desta festa desfrutar.

As mozas e os mozos
na festa van bailar,
e algúns deles
tamén poden ligar.

Estámosvos de festa,
estámosche de parranda,
bailemos todos xuntos
ata a madrugada!

venres, 26 de abril de 2019

CONTANDO CONTOS... "XUNTOS"

Moi bos días a todos!
Hoxe, os máis pequeniños do cole, tivemos a sorte de poder participar nunha actividade moi fermosa para rematar a semana do libro.
Óscar e Sandra viñeron á nosa biblio para compartir con nós unha sesión de contacontos moi especial.
Desfrutamos moito e pasámolo moi ben!


Queremos compartir con vós este vídeo que fala un pouqiño da Síndrome de Down...
 
Estámoslles moi agradecidos a DOWN PONTEVEDRA "XUNTOS" por organizar actividades coma estas e querer compartilas con nós.
Deixámosvos, por aquí, un anaquiño dos contos inclusivos e pola diversidade dos que poidemos desfrutar...
Gracias Sandra e Óscar por visitar a casa de Arnaldo, a nosa Biblio!!!

martes, 2 de abril de 2019

HOMENAXE A LUÍS SEOANE: DÍA DAS ARTES GALEGAS

No Cole de Seixo vimos de celebrar...


O Día das Artes Galegas é unha celebración instaurada pola Real Academia Galega de Belas Artes no ano 2015 e que se vén celebrando todos os 1 de abril. 

O motivo de escoller ese día é que coincide con que o Mestre Mateo, no ano 1188, colocou as pezas de pedra, os linteis, que coroaban o Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela.


Durante estes anos foron recoñecidos no Día das Artes Galegas o propio Mestre Mateo, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Maruxa Mallo e ao arquitecto Alejandro de la Sota. Este ano, nunha xuntanza celebrada pola Academia das Artes no Pazo de San Xerome, concédeuselle a honra ao pintor, debuxante, gravador e escritor galego, Luís Seoane.


Luís Seoane López foi un gran debuxante, gravador e escritor galego. 
Luís, fillo de emigantes galegos, naceu en Bos Aires, na Arxentina, o 1 de xuño de 1910. A partir de 1916 pasou a vivir na Coruña, cidade onde fixo o bacharelato. Os seus estudos universitarios realizounos en Santiago de Compostela onde cursou a carreira de Dereito. Exerceu de avogado laboralista e foi membro do Partido Galeguista. Despois da Guerra Civil tivo que voltar de novo a Bos Aires e alí traballou de pintor para unha galería de arte. Tamén escribiu poesía e en 1977 publicouse un volume con toda a súa obra. Nos últimos anos da súa vida alternou as estancias en Galicia e Arxentina. Faleceu na Coruña o 5 de abril de 1979. Foi membro da Academia Nacional de Belas Artes e, en 1994, dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

As clases de 3 e 4 anos, aproveitando as súas obras sobre o campo, as costumes, as tradicións... fixeron recreacións reais dalgún dos seus cadros na horta do noso cole, un dos espazos que completan "O Patio dos nosos soños":
Os nenos e nenas de , e tomaron como referente "A TORRE DE HÉRCULES"...
(PICAR NA IMAXE)
e representaron diferentes escenas, do que se imaxinaban nese lugar, tal e como Luís Seoane faría nunha das etapas da súa vida chegando a publicar un libro moi importante na súa vida.
Por aquí vos deixamos os seus traballos:





Os nenos e nenas de , e de primaria, tomando tamén como referente "A Torre de Hércules" e esa etapa da vida no noso homenaxeado, quixeron ir un chisquiño máis alá e pensaron que, ao igual que Seoane viu moitas escenas nesa Torre que quixo que todo o mundo coñecese, eles tamén poderían facer un pequeno libro para ensinarlles ao mundo enteiro as maravillas que agocha Seixo. 
Por aquí vos deixamos as tres creacións:






Por último, a nosa TEACHER FÁTIMA tamén quixo traballar esta conmemoración dende a súa clase de Inglés, levando as obras de Luís Seoane a un mundo plurilingüe. 
Cos nenos e nenas de 1º e 2º traballou as paisaxes coas árbores, observando, expresando, debuxando e imitando a Luís Seoane: cores, formas, liñas.... dende a práctica do inglés.
Os nenos e nenas de 3º traballaron cun dos seus bodegóns. Por aquí podedes ver as obras de arte...


Os rapaces e rapazas de 4º tomaron como referencia o cadro de Seoane "MAR E ROCAS" facendo unha homenaxe ao CON DE CHIRLEU, unha roca moi coñecida da nosa parroquia de Seixo, de como sería visto por Luís. Mirade que representacións máis chulas...

Os nenos e nenas de 5º, tomando como referente a temática do mar fixeron cadros nos que imaxinaban como Luís Seoane reflexaría o mar de Seixo. O resultado foi estupendo, mirade!

Por último, o alumnado de 6º representou unha das súas romerías que no mundo da parroquia de Seixo ven sendo unha das máis importantes da zona "A FESTA DA MAZÁ DE SANTOMÉ":



AGRADECEMENTOS ESPECIAIS ao "CEIP JUAN FERNÁNDEZ LATORRE" (A CORUÑA) pola UD elaborada e compartida cos centros para traballar esta conmemoración. 

mércores, 27 de marzo de 2019

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO: PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL

Hoxe, os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º tivemos a inmensa sorte de poder contar na Biblioteca de Arnaldo coa visita de Antonio García Teijeiro
Escritor galego (Vigo) galardonado recentemente co PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL, gracias a...
Libro de poemas, escrito en galego, co que cerra a súa triloxía sobre o mar e que ilustra Xan López Domínguez que ten como protagonista principal o mar. 
Tamén estivo presente...
Un rato díxolle á lúa é a caixa dos tesouros da poesía de Antonio García Teijeiro. Dentro dela gárdase a esencia dos seus versos, a apócema máxica coa que, en palabras de Fran Alonso, «a lúa imprimiu neles un sabor antigo, un sabor de berce, un sabor sincero que se nos mete dentro». 
Pasamolo moi ben e disfrutamos moitísimo...
Recitamos moitos poemas...
Deixounos unha dedicatoria moi especial para o libro de visitas da nosa biblio...
E mentras lemos en grupos...
García Teijeiro tivo a paciencia de firmar un a un todos os nosos libros e adicárnolos un por un...


Deixámosvos, por aquí, un pequeno vídeo, que vos dará moita envexa, e no que poderedes comprobar o ben que o pasamos e como disfrutamos de Antonio:
Por último, antes de marchar tivemos a ocasión de poder entrevistalo na nosa VOZ DE ARNALDO
Podedes escoitar a entrevista completa a continuación:

Moitísimas gracias pola túa visita ao noso cole e por facer que disfrutáramos tanto! Somos moi afortunados! Gracias por todo!

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Moi bos días a todas e todos!
Hoxe estamos de noraboa!Porque...
Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria poderemos desfrutar, a partir das 12:25 da mañá, na Biblioteca do noso cole, da visita de Antonio García Teijeiro.
Estamos desexando que chegue o momento!
Benvido a Biblioteca do Cole de Seixo Antonio! 

Benvido á casa de Arnaldo!

venres, 22 de marzo de 2019

POÉTICAS DIVERSAS NAS ÁRBORES DO NOSO PATIO

Moi boas amiguiños!
Queremos compartir con todas e todos vós o traballo que estivemos facendo, no cole, arredor do...
DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA
Collendo como referencia o tema de POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, quixemos unir estas dúas celebracións nunha soa.
Temos moita sorte de poder ter un patio no que hai moitas árbores, natureza e vexetación. Por iso e xunto coa misión de atopar na nosa Biblio poemas relacionados con esta temática se levou a cabo, como actividade final, un RECITADO POÉTICO que poderedes ver no seguinte vídeo:

xoves, 21 de marzo de 2019

FELIZ DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

Dende o cole de Seixo queremos desexarvos un moi feliz...

Os nenos e nenas do cole estivemos traballando ao longo desta semana arredor dunha actividade conxunta para conmemorar estas dúas celebracións mundiais que coinciden no día de hoxe.
Estamos a piques de rematar o noso traballo e axiña o poderedes ver neste blogue.
Estade moi atentos e prestade moita atención!

martes, 19 de febreiro de 2019

CONTANDO E CANTANDO

Os nenos e nenas de infantil, 1º e 2º, recibimos unha visita moi especial. Álex e Sara viñeron a nosa biblio para compartir con nós uns contos chulísimos de Kalandraka.


Álex, músico capaz de inventar ou de atopar as melodías que mellor lle acaen ás palabras que saen dos contos.

E Sara, que lle encanta ler e por iso coñece moitos contos e unha maleta cheiña deles
Visitaron a nosa escola para gozar xuntos dunha mañá fantástica e chea de historias na que tan só precisamos deixar voar a nosa imaxinación


Élmer, Cándido e outros personaxes, que dun ou outro xeito se senten diferentes aos demais, guiaron esta actividade.

 Cantamos, bailamos....



Estivemos moi atentos para non perder detalle e pasalo moi ben: