Escritora e xornalista homenaxeada neste ano 2026 no DÍA das LETRAS GALEGAS.
Para traballar a súa figura realizamos unha exposición no corredor cos cartaces enviados dende a Secretaría de Política Lingüística e fixemos diferentes propostas con actividades para coñecela máis polo miúdo. Deixámosvos por aquí algúns dos traballos feitos polo noso alumnado.
O alumnado do Obradoiro de Radio dentro do programa diario "Bos Días Seixo" adicoulle varios programas:
Este ano 2024 o Día Das Letras Galegas adícase a Luisa Villalta. O alumnado do CEIP de Seixo realizou diversas actividades para coñecer a este escritora coruñesa que tanto fixo pola difusión da ccultura galega. A continuación, no seguinte vídeo deixamos unha pequena mostra dalgunhas delas.
Este ano, para celebrar o día das letras galegas, fixemos unha festa moi especial na que todos, alumnado e profesorado, desfrutamos xuntos dunha xornada chulísima que nos encantaría repetir o próximo ano. Comezamos facendo unha andaina polo galego, lucindo os carteis tan chulos que fixemos, ata A Pradeira onde compartimos merenda, xogos... pasámolo xenial!
E alí tamén desfrutamos moito bailando e cantando en galego con Cé Orquestra: pasámolo pipa!!!
Graciñas á igrexa evanxélica de Marín por deixarnos A Pradeira para desfrutar deste día tan especial!
Neste ano 2023 as Letras Galegas están adicadas a Francisco Fernández Del Riego. Aquí amosamos algunhas das actividades que realizamos no CEIP de Seixo vencelladas ao PDI "R que R".
O alumnado de terceiro ciclo realizou dous carteles con datos da súa biografía empregando material de refugallo.
Entre todo o alumnado do centro adicamos un espazo do centro a esta festividade decorando, realizando unha exposición, coa cartelería enviada pola Consellería, e un retrato de Francisco Fernández Del Riego.
Ademais de investigar e xogar en torno á figura de Don Paco, tamén preparamos, voluntariamente, contos para os compañeiros. Neste vídeo podedes ver un pouquiño o traballo realizado.
Como novidade este curso realizamos unha Andaina "Camiña coa Lingua". Realizamos carteis con palabras en galego, feitos de material de refugallo, e asistimos ao concentro de Ce Orquestaa Pantasma.
Hoxe celebramos o día das letras galegas, que este ano se adica a Francisco Fernández del Riego (Don Paco). Pero non so o celebramos hoxe, gustaríannos que todos os días fosen festa do galego e que cada día o falásemos máis.
Este mes esta especialmente adicado ao galego e por iso, ademais de investigar e xogar en torno á figura de Don Paco, tamén estamos vivindo unhas semanas moi especiais preparando, voluntariamente, contos para os compañeiros. Neste vídeo podedes ver un pouquiño, e xa vos contaremos máis porque esta sendo unha actividade moi especial. Que vivan os contos en galego! Que viva o galego!
Despedimos maio das letras cunha visita mooooi especial que recibimos xuntándonos un bo grupo na biblio (poooor fin)... que ganiñas tiñamos!
Raquel Queizás, Queliña, chegou a Seixo cargada de historias e atopou un auditorio con ganas de contos.
Desfrutamos moito coas súas historias de animais... tanto que ata nos puxo patas arriba!!
Aquí tendes un vídeo cargado de fotos para que vexades o ben que o pasamos nos dous pases que fixo Queliña: as nosas cariñas son a mellor mostra!
Por suposto non podíamos perder a oportunidade de levar a Queliña a A Voz de Arnaldo...
...alí Alberto, Eva e Abel conversaron con ela...
...e así podemos coñecela un chisquiño máis!
Aquí podedes escoitala...
Por suposto non podíamos deixar marchar a esta fantástica raposa sen deixar a súa pegada no noso libro de visitas.
Este día tan especial foi un agasallo de aniversario que nos fixo a Asociación Ronsel, coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Vilas foi o representante da asociación encargado de entregarnos o agasallo: que ilusión nos fan sempre as súas visitas!!
Todos os cursos fixemos diferentes actividades adicadas a Florencio: investigación, recitado, actividades plásticas... inlcuso montamos un gran panel con gravacións sobre a súa vida e obra. Aquí deixámosvos un resumo en imaxes.
Rematamos "Maio das Letras" con unha actividade sobre mulleres galegas.
Durante este curso estamos moi implicados coa "Igualdade" así que investigamos sobre os Premios das Letras Galegas para atopar aquelas que foron as premiadas.
Cando buscamos información na biblioteca atopamos a colección dos Bolechas. Estes libros e os seus debuxos foron o punto de partida do noso proxecto.
Traballamos moito pero estamos moi contentos co noso mural.
Aprendemos moitos datos e pasámolo moi ben sobre todo cando ensaiamos a presentación. Neste vídeo pódese ver como preparamos todo.
Como este curso non podemos compartir con vos o noso traballo presencialmente, aquí vos queda a presentación gravada.
Esperemos que os guste porque nos deu moito traballo!!
Moi boas! Hoxe queremos presentarvos esta actividade de animación á lectura, arredor de Xela Arias, que fixemos no cole con motivo das Letras Galegas 2021...
Unha actividade que se levou a cabo da man dos titores e dos especialistas, na que se respetaron os grupos burbulla...
Na hora de ler todos os cursos do cole, da man de Xela Arias, fixeron moreas de lecturas que ela nos deixou.
Por aquí vos deixamos unha fotiño dunha das exposicións e recuncho de lectura do cole...
E unha pequena montaxe para que vexades vós mesmos...
Dende o Ceip de Seixo desexámosvos a todas e todos un moi feliz...
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
na memoria de...
XELA ARIAS
O alumnado voluntario de 1º a 5º de primaria levou a cabo unha actividade, arredor da biografía da homenaxeada, na que buscaron información e a gravaron en frases moi curtas na pizarra magnética...
Os máis pequenos pasaron pola exposición para escoitar o traballo...
Rematada a actividade fíxose unha montaxe en vídeo para darlle a coñecer a toda a comunidade educativa un pouqiño máis sobre XELA ARIAS. Por aquí vos deixamos a montaxe!
Hoxe temos para todas e todos vós un informativo radiofónico dos máis completiño que vos poidades imaxinar...
Dende A VOZ DE ARNALDO...
O FALADOIRO
Moreas de noticias, actividades e información sobre Seixo e o noso Concello de Marín no que poder sacar ideas para facer ao longo desta ponte das Letras Galegas e estar ben ao día...
Por aquí vos deixamos o programa para que o desfrutedes!
Nunha das actividades levadas a cabo arredor das Letras Galegas 2021 e no máis estricto dos protocolos COVID-19 Tarabelos visitou o noso cole para representar...
O TRAXE NOVO DO REI
Unhas sesións de contacontos por grupos na que o pasamos en grande da man de Esteban...
Por aquí vos deixamos unha pequeniña montaxe para que o comprobedes vós mesmos!
Por certo! Para todas e todos os que, por problemas de confinamento, non puidestedes participar, témosvos unha pequeniña sorpresa!
TARABELOS voltará ao cole para facer un pase especial para vós!
Gracias Esteban, gracias TARABELOS por facérnolo pasar, unha vez máis, infinitamente ben!
Un home indispensable para comprender a historia da nosa lingua e cultura no século XX. Tras de si queda un sobresaínte labor como docente, investigador e literato.
El mesmo deixou escrita a razón de tanto esforzo: "A finalidade fundamental é petar na conciencia do noso país e poñerlle diante un espello que lle permita recoñecerse a si mesmo, contribuír a formar a conciencia de Galiza."
Para hoxe temos unha sorpresa moi grande! Somos uns afortunados!
TARABELOS ven de compartir un conto moi fermoso!!!
E xa que non podemos desfrutar del e das súas actuacións en directo, podemos facelo dende as nosas casas grazas a esta iniciativa.
Esteban, moi coñecido polo profesorado e o alumnado do cole por axudarnos en moitas cousas, comparte con nós un precioso e emocionante conto chegado do futuro! Un conto para pensar!
Dende a Biblio de Arnaldo e dende os equipos de EDLG e BIBLIO tan só podemos felicitar a Esteban, de TARABELOS, por tan magnífico traballo e convidarvos a escoitalo, porque estamos seguros de que vos vai encantar e a emocionar!
Podedes escoitalo premendo na imaxe, e se vos gusta tamén o podedes compartir!
Como sabedes estamos en maio das letras, na semana das letras galegas, tristes por non poder celebralo xuntos pero agradecidos por poder facelo a distancia.
Nos gustaría que coñezades un pouco ao protagonista das letras galegas deste ano, por iso vos animamos a ver este video que comparten dende o CEIP “Frei Luis de Granada”, en Sarria. É un xogo-canción para darnos a coñecer datos importantes da vida e obra de Don Ricardo Carballo Calero. Cantade e repetide con elas que é unha canción moi pegadiza!!
E agora invitámosvos a desfrutar con este xogo emocionante no que entraredes na casa de Carballo Calero e teredes que descifrar un código para poder saír... e de paso coñeceredes un pouco máis sobre a súa vida.
Deixámosvos o xogo en dous niveis, este para infantil (con axuda) e os máis peques de primaria:
Para primaria:
Tamén vos animamos a todos a coñecer un conto de Calero: AS PITAS BAIXO A CHOIVA. Esta versión foi montada polos profes do CEIP Vilaverde.
Estivestes moi atentos? pois agora vos animamos a lanzar os dardos neste xogo, a ver si tendes sorte e dades en todas as dianas!!!
E dende a páxina de Primavera das letras nos deixan outro xogo con preguntas sobre este conto, se vos animades premede nas pitas e desfrutade!
Este conto de Calero ata ten música!!
E para os máis valentes, premendo na imaxe tendes o conto completo escrito por Ricardo.