Con moita alegría e emoción inauguramos a biblioteca. Un gran Arnaldo nos deu a benvida a todos e todas a unha biblio con novos libros, recursos, mobiliario... unha biblioteca chea de ilusión e ganas de transmitir o amor pola lectura, por investigar, xogar, descubir.... ay! que ganas tiñamos de poñernos en marcha!
 |
Grazas a Esteban de Tarabelos por axudarnos a facer esta silla tan marabillosa! |
Todos nos xuntamos para inaugurar a biblioteca neste novo curso.
Nestas fotos non podemos lucir ao 100% o bonita e acolledora que está, pero si podedes ver que é práctica e funcional, permitíndonos reorganizala rapidamente para dar cabida a todo o alumnado.
O mellor é que nos visitedes o martes ou o xoves de 16:30 a 18:30 para ver todos os cambios... e os que iremos facendo durante este curso!
Dende o novo alumnado da clase de 3 anos ata o de 6º, todos quedamos pasmados co gran Arnaldo e con algunhas das novidades que nos contaron.
Foi o día perfecto para poñer en marcha as mochilas viaxeiras que levaran lecturas e música ás casas de todo o alumnado.
Desfrutade coas súas lecturas e animádevos a contarnos as vosas impresións nos cadernos viaxeiros: fainos moita ilusión lelas!
Outro momento especial foi a entrega de agasallos a todos os participantes na II Olimpiada de investigación, sobre Carlos Casares, que se levou a cabo durante o ano pasado. Que alegría: participaron case 40 nenos e nenas, parte dos cales xa están no instituto pero lles faremos chegar o seu agasallo... ogallá este ano sexamos aínda máis!
E os gañadores das diferentes categorías levaron un agasallo especial e foron os afortunados en inaugurar e silla máis boita do mundo mundial!
Dani foi investigador máis intrépido dos cursos de infantil.
Mateo foi o que descubriu máis cousas de Casares entre o alumnado de 1º e 2º
Dani foi o que resolveu máis preguntas entre o alumnado de 3º e 4º
Laura e Martín resolveron o mismo número de preguntas, o máximo entre todos os investigadores de 5º e 6º.
Arnaldo tamén aproveitou para dar a benvida ao novo alumnado do cole, os máis pequerrechos do cole aos que lles encanta subir "a casa de Arnaldo"
Visitádenos moito, estamos desexando
que vexades as novidades en directo!