sábado, 31 de xaneiro de 2015

DÍA DA PAZ

O venres día 30 celebramos no cole o día da Paz... e xa que estamos traballando entorno ao mar: que mellor que facer un océano pacífico?
Entre todo o alumnado construímos un gran océano con barcos e peixes cheos de mensaxes solidarias e de paz.


O propio día xuntámonos todos no ximnasio para escoitar o manifesto que escribiron os de sexto. 





Cantamos unhas cancións que aprendemos, unha en galego e outra en inglés. Queredes escoitalas? tamén vos deixamos os orixinais para que non perdades detalle da letra.


A primeira foi "Hello to all the children of the world"





E despois cantamos "No mundo" de Luar na lubre



xoves, 29 de xaneiro de 2015

INVESTIGANDO SOBRE AS BALEAS

Os nenos e nenas de 5 anos están embarcados nun proxecto sobre as baleas, e viñeron á biblio a buscar información.

No recuncho que fixemos con libros de consulta sobre o mar atoparon un montón de material que levaron para a súa clase para investigar.

Queredes ver como foi a súa visita? premede na imaxe da balea lectora e iredes directos ao seu blog onde nos contan todo.

mércores, 14 de xaneiro de 2015

OS MAIS PEQUES DO COLE NA BIBLIOTECA

Hoxe os nenos e nenas da clase de 3 anos fixemos unha visita á biblioteca do cole... encantounos ver tantos libros xuntos!!



Despois de coñecer un pouco a biblio... chegou o momento de elexir algún conto... porque todos son tan bonitos que queríamos velos todos!!



Cada un colleu o que mais lle gustou e disfrutamos vendo as ilustracións dos contos que eleximos en castelán, galego ou inglés.




E para rematar disfrutamos de un tempo de contos que eleximos entre todos e que escoitamos con moita atención... como o do pequeno crocodrilo!! 


Pasámolo fenomenal e xa estamos desexando voltar á biblio para visitar a Arnaldo e contar mais contos. 


E como despedida aquí vos deixamos un episodio que vimos de Pepa Pig, que tamén foi á biblioteca... estade moi atentos ;)

mércores, 7 de xaneiro de 2015

CALENDARIO: ANO DO MAR EN SEIXO

FELIZ 2015 A TODOS!!

Que mellor forma de comezar 2015 que co novo calendario do cole? Este ano está adicado ao mar, e cada clase ilustrou un mes cun tema especial por ser parte da sua investigación.

Aquí o tedes, pinchade enriba para velo en grande... desexamos que vos guste! 


Tamén lle daremos aos nenos que leven o calendario para casa unhas recomendacións para sacarlle partido.