martes, 9 de abril de 2024

Mr. Beam volve ao noso cole!

Antes das vacacións puidemos ter novamente no cole a Mr. Beam, o cortador láser que nos prestou o Centro de Formación de Mestres de Pontevedra.

Aquí vos deixamos un recordo das nosas experiencias:

Tamén os profes estivemos a argallar co novo aparello e a facer materiais para o cole:







Ata a próxima Mr. Beam!

mércores, 27 de marzo de 2024

DESPEDIMOS O 2º TRIMESTRE

E sen darnos conta chegou o remate do 2º trimestre que pechamos como máis nos gusta: compartindo tempo xuntos e con moita dozura!! Ademais de facer unha busca de ovos de Pascua merendamos xuntos compartindo unha rica rosca.

luns, 25 de marzo de 2024

ANDAINA: BENVIDA PRIMAVERA

Chegou a primavera e quixemos darlle a benvida paseando e desfrutando do fermoso Seixo que está cheiño de vida! Demos un bo paseo, algo máis de 3 quilómetros nos que as aulas maiores axudaron ás peques. Rematamos cunha merenda compartida na carballeira: pasámolo xenial!!
 

xoves, 21 de marzo de 2024

ROSALIA DE CASTRO 2024

Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria do noso cole sairon a visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón. Unha actividade de achegamento a autora e a súa vida, despois do seu traballo polo Día de Rosalía no centro que este ano foi moito e moi variado. Se queredes velo aqui vos deixamos un enlace: POLO DÍA DE ROSALIA, RECITA POESIA


4ºEP en ATLETISMO EN PISTA

 O alumnado de 4º de EP asistiu a unha xornada lúdica deportiva na pista de Atlestismo de San Pedro en Marín, xunto con outros centros da localidade.








luns, 18 de marzo de 2024

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI (5ª TEMPORADA_4)

Dende A VOZ DE ARNALDO facémosvos a última entrega de...

Por aquí vos deixamos os últimos tres programas...
9º PROGRAMA
10º PROGRAMA
11º PROGRAMA
Gracias a todas e todos por participar e por facer desta actividade unha das máis demandadas de todo o curso escolar...
Desexando que chegue xa unha nova edición...
Despedímonos dende...
Ata outra!

RADIO NA BIBLIO: 5º DE PRIMARIA

Un ano máis o alumnado do cole de Seixo participou no programa de Bibliotecas: 
"RADIO NA BIBLIO"
Un taller que se levou a cabo co alumnado de 5º de primaria...
e que impartiu Susana Bastón...
xornalista e profesora da Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra...
A formación tivo dúas xornadas. Unha primeira na que se traballaron aspectos clave para a redacción dunha noticia, a locución, os elementos da linguaxe radiofónica, a montaxe... 
E unha segunda na que visitaron RADIO PONTEVEDRA...
para ver en directo unha radio das de verdade...
e gravar nela os seguintes traballos que por aquí vos deixamos...

A verdade e que o alumnado desfrutou un montón...
Non volos perdades!


Visita de Mr. Beam ao cole

No mes de febreiro tivemos no cole a visita de Mr. Beam, o cortador láser que nos enviou o Centro de Formación de mestres de Pontevedra.
Despois dunha sesión de docencia cos mestres empezamos a experimentar os pequenos e pequenas do cole. Gustounos moito!!!
Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades algúns dos nosos traballos.

 
Esperamos que volva pronto para poder seguir experimentando!

xoves, 14 de marzo de 2024

POLO DÍA DE ROSALÍA, RECITA POESIA

3 anos - Parece unha Rosa

4 anos - Parece unha Rosa

5 anos: Rosalía Pequeniña


1º: Pasa río

2º: Adios ríos, adios fontes.

3º: O río

4º: Como chove miudiño

5º: Cantarte ei Galicia

6º: Unha vez tiven un cravo

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI (5ª TEMPORADA_3)

Dende A VOZ DE ARNALDO facémosvos unha nova entrega de...
Por aquí vos deixamos os seguintes programas...
6º PROGRAMA

7º PROGRAMA

8º PROGRAMA

venres, 23 de febreiro de 2024

ENTROIDO 2024: SEIXO CHEO DE VIDA

O entroido chegou a Seixo e o alumnado encargouse de enchelo a tope de vida, coa fauna e flora máis fermosa nunca vista. Mirade que fermosura de disfraces: canto traballo!!

Para lucir os disfraces como merecían, fixemos unha actuación moi especial na que toda a fauna e flora de Seixo se uniu contando unha fermosa historia narrada por Noa, que o fixo fenomenal!!

E por suposto toda a fauna e flora saíu a pasear polos arredores do cole. Acompañáronnos as familias, moitas tamén traballaron duro facendo os seus disfraces, graciñas!!

Por suposto non faltou unha boa papatoria na que chupamos os dedos coas cousas tan ricas que nos mandaron as familias. Graciñas, un ano máis, ás nais da ANPA Abelendos que viñeron a axudar coa merenda e invitaron a todo o alumnado a uns refrescos. 

SIGAMOS ENCHENDO SEIXO DE VIDA!!

xoves, 22 de febreiro de 2024

TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI (5ª TEMPORADA_1)

Un ano máis damos comezo ao programa de radio máis esperado do Concello de Marín....
O programa da música dedicada!
Deixámosvos por aquí as dúas primeiras entregas desta 5ª edición...
1º PROGRAMA
2º PROGRAMA
Dende...
continuaremos coa música en directo nos recreos!

martes, 13 de febreiro de 2024

PREPARANDO A CHEGADA DA PRIMAVERA

Falta menos para que chegue a primavera e nós seguimos enchendo o cole de vida, plantando moitas flores, para que estea aínda máis bonito: encántanos meter as mans e os pes na terra!!
 

venres, 2 de febreiro de 2024

V CARREIRA SOLIDARIA: SEIXO CHEO DE PAZ!!

Chegou o Día da PAZ, e con el a nosa carreira solidaria. Por 5º ano celebrámola con moita ilusión con todo o alumnado e cos veciños da Galiña Azul, que sempre desfrutamos moito coas súas visitas.
Graciñas a todo o alumnado pola súa implicación e esforzo, tamén a todas as familias por participar enviando alimentos, correndo... Grazas tamén, un ano máis, a ANPA Abelendo por axudarnos de forma práctica na carreira, igual que o fixeron os nosos colaboradores: Augas Sanxines e Supermercado Camar (aportando auga e a froita). E por suposto grazas a AMENAC e Cáritas Santomé pola fantástica labor que fan, durante todo o ano, para axudar ás familias máis necesitadas: sodes impresionantes!


Todos xuntos gritamos ben forte: 
SEIXO CHEO DE PAZ!!!

xoves, 1 de febreiro de 2024

DÍA DA RADIO, DO AMOR E DA AMIZADE

Un ano máis e como non podía ser doutra forma unha nova edición de...
TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI
está en marcha!
No Cole de Seixo celebraremos o Día da Radio dun xeito moi especial! Prestade moita atención!!!
O recuncho da amizade e do amor xa está preparado!
Agora só queda encher o buzón coas vosas dedicatorias!
Prestade moita atención porque na hora do recreo emitiranse os programas en directo dende...
E xa sabedes... pode que eu...
teña unha canción para vós!

martes, 30 de xaneiro de 2024

martes, 23 de xaneiro de 2024

VISITA DEPORTIVA AO CEIP de SEIXO-MARÍN

O CEIP de SEIXO, o martes 16 e mércores 17 de xaneiro, recibiu a  visita do Club BUEU ATLÉTICO BALONMÁN. O alumnado de 2ºEP, 3ºEP, 4ºEP, 5ºEP e 6ºEP, a través de tres integrantes do clube, realizaron unha primeira toma de contacto co seu deporte, o balonmán. 
A continuación, deixamos un vídeo onde amosamos unha pequena parte das sesións tan dinámicas e divertidas coas que nos motivaron para empezar a practicar o Balonmán.
Moitas grazas pola visita e ata outra.