O alumnado de sexto despediuse de todos os compañeiros e compañeiras do cole, cunhas actuacións que, unha vez máis, demostran canto traballaron co seu profe Goyo.
Primeiro pasamos un ratiño divertido con dúas obras de teatro, e despois quedamos pasmado co ritmo e habilidade bailando dalgunhas compañeiras do curso que se despediu de todos nos.
Aquí tedes un pequeno vídeo - resumo da súa actuación:
Despois chegou o momento de despedilos...
E cada un recibiu unha orla de recordo da man do equipo directivo e do seu titor:
Mirade que guapísimos saíron todos!
As despedidas sempre son tristes por iso compartimos con eles apertas e tamén algunha bágoa...
Pero con alegría e bo humor dando o súper salto a unha nova etapa... desexamos o mellor para cada un de vos!
Aínda que saiu un pouco borrosa... encántanos esta foto!
Non podíamos despedir este curso de outro xeito que cantando cancións mariñeiras. Gracias á profe Rosa por traballar tanto con nos e por ser tan paciente e marchosa!!
Os de infantil cantaron: GLU, GLU, GLU
Os de 1º ciclo: A VIDA DO MAR
2º ciclo cantou: O MAR DE SEIXO
Os de 5º A e B compartiron pezas mariñeiras cos instrumentos
Os de 6º tocaron coas flautas a música principal de PIRATAS DO CARIBE
Queredes escoitalos? Aquí tedes uns segundos de cada actuación...
Arnaldo está encantado coas cartas que recibe coas respostas dos enigmas matemáticos.... que feitiños os nenos da clase dos máis peques!
E despois de varios meses dedicando a hora de ler dos venres a facer divertidos enigmas matemáticos, Arnaldo mandou unha gran felicitación a cada aula polo seu esforzo... un premio moooooi doce!!
Esta semana repartimos a revista deste ano que é moi especial para todos, porque resume o traballo conxunto de todo o cole durante este curso... inda non a liches?... non esperes máis!
Despois de todo un curso traballando sobre o mar, con diferentes proxectos de aula, estamos moi felices e orgullosos de pechar o curso invitando a toda a comunidade educativa a visitar a nosa exposición sobre o mar. Nela mostramos parte do aprendido en cada curso e con cada proxecto.