martes, 31 de maio de 2016

O MEU BARCO de Manuel María

Hoxe foi a profe Fátima a que convidou a súa filla a agasallarnos cun poema de Manuel María. 



María: grazas pola túa simpatía e por compartir poesía con nós.


Non estaba nada nerviosa, notábase que non era a súa primeira experiencia radiofónica. Desfrutade da súa fermosa voz.

OBRADOIRO LER E COMPARTIR

Dun mundo máxico veñen dúas mociñas: unha Purpurina, a outra Brillantina.
As Fedellas fanse chamar: coas súas aventuras o alumnado de 3º, 4º, 5ºe 6º pasárono xenial.

Cunha pequena, amena e divertida exposición explicáronlles aos nenos/as as principais diferenzas entre os tres xéneros literarios (narrativa, teatro e poesía) relacionándoo con Manuel María autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas e que escribiu nos tres xéneros.



A continuación, fixeron unha chuvia de ideas cos nenos/as para ver que tipo de novelas coñecen e estableceron un diálogo con eles para saber cales son os gustos de cada un (novela policíaca, novela fantástica, novela de aventuras, novela histórica, novela biográfica...). Despois disto agruparon aos rapaces en función dos seus xéneros ou tipoloxías favoritas e a partir de aí fixeron un debate expoñendo ao resto dos grupos o “por que da miña elección”. Deste xeito, son os propios rapaces os que transmiten aos seus compañeiros os seus propios gustos literarios.

Fedellas 2016 by Slidely Slideshow

OS DE 3º PARTICIPANDO NAS OLIMPÍADAS

Coñecedes a olimpíada de Arnaldo que temos en marcha polas tardes?? Se queredes saber máis sobre ela premede no taboleiro... ahí podemos ver a posición dos intrépidos participantes que están investigando.


Investigadores recoñecidos e identificados por Arnaldo ;) 


Hoxe os nenos e nenas de 3º aproveitaron a hora de ler para investigar a Manuel María e avanzar nas últimas preguntas da olimpíada...


Buscaron información nos ordenadores...


...en libros...




...nos paneis informativos que hai polo cole... 



Animádevos a participar, recordade que a biblio está aberta todos os martes e xoves polas tardes!

mércores, 25 de maio de 2016

AS CAMPÁS DE MANUEL MARÍA

Os nenos e nenas de 2º visitaron a radio para compartir con todos nós unha poesía de Manuel María. Menudos artistas radiofónicos... todos gravaron á primeira: uns artistas!!







Escoitade "As campás" do libro Soños na gaiola, na voz dos nenas de 2º:

martes, 24 de maio de 2016

RECITANDO A MANUEL MARÍA: A RODA, RODA

Hoxe comezamos as gravacións de MANUEL MARÍA NAS ONDAS e a profe Ana convidou a súa familia para inaugurar este espazo.



O pequeno Martín de 3 anos e Esteban, foron os valentes convidados que viñeron a romper o xeo e comezar esta fermosa actividade.



Desexamos que vos animedes, porque resulta moi divertido para os que graban e tamén para os que escoitamos e podemos disfrutar de Manuel María en diferentes voces.... incluida a de Tiger!



A profe Fátima presentoulle a Martín e non quixo faltar á grabación! 


Aquí tendes o poema que Martín, Esteban e a profe Ana queren compartir con todos: A RODA, RODA... desexamos que vos guste tanto como a nós!

luns, 23 de maio de 2016

APRENDENDO CO KAMISHIBAI

Como vos contamos o outro día, estreamos o noso KAMISHIBAI, e estamos aprendendo moito de Manuel María coas láminas que chegaron desde o cole A Pedra de Bueu.




xoves, 19 de maio de 2016

O CARACOL DE MANUEL MARÍA

Os pequechos do cole xa comezaron a súa andaina polas ondas. Mirade que guapos están!









Son uns expertos en caracois, e non podían deixar de compartir este poema de manuel María que lles encanta!

O BURRIÑO DE MANUEL MARÍA

Os nenos e nenas da clase de 4 anos estiveron de visita na radio... parecen auténticos locutores!
Mirade que ben o pasaron!










E non quixeron perder a oportunidade de compartir con nós a poesía que aprenderon de Manuel María. Dádelle ao "play" e disfrutade dela!

mércores, 18 de maio de 2016

ESTRENAMOS O NOSO KAMISHIBAI

Non podíamos elexir unhas datas mellores, que as letras galegas, para facernos con un kamishibai ao que lle tiñamos tantas ganas.



Seguro que moitos vos estades preguntando que será iso con nome tan raro! 
Kamishibai significa "Teatro de Papel" e é unha forma moi popular de contar contos en Xapón desde fai séculos. 
Está formado por un conxunto de láminas que teñen un debuxo nunha cara e texto na outra. Pode ser sobre un conto ou algún contido de aprendizaxe.


Estamos encantados de ter un no cole, e estamos desexando traballar co alumnado e crear historias, compartir aprendizaxes...


Para o seu estreno, nada mellor que ter a Manuel María como protagonista, por medio destas fantásticas láminas que xenerosamente comparten desde o Bibliocastelo: os nenos e nenas de 3º e 4º, do cole A Pedra de Bueu, fixeron esta biografia para representar con kamishibai: moitas grazas por compartila!!


Xa vos ensinaremos canto disfrutamos con este novo teatro!