Amosando publicacións coa etiqueta recursos dixitais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recursos dixitais. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de xaneiro de 2020

IMPRESORA 3-D

Esta semana os profes estiveron participando, na biblioteca do noso cole, dunha xornada de formación no marco do programa BIBLIOTECAS CREATIVAS!
A IMPRESORA 3-D
Trátase dunha nova ferramenta que se incorpora a ampla variedade de materiais escolares...

Con ela adquiriranse novos coñecementos sobre novas tecnoloxías, simplificaranse conceptos teóricos a menudo máis difíciles, poderase usar como arte, tecnoloxía, xeografía....
En definitiva un programa integrado no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares que pretende apoiar a cultura da experimentación e da investigación, da robótica e da linguaxe de programación nas bibliotecas dos centros públicos de infantil e primaria.
Como non podía ser doutra forma estivemos facendo as nosas primeiras pezas... 
Deixámosvos por aquí un pequeno vídeo de como traballa a impresora...
E os primeiros resultados de As pegadas de Arnaldo...


sábado, 17 de novembro de 2018

ACTIVIDADE ESCORNABOT MUSICAL

Boas amiguiños. Queremos compartir con todos/as vós un vídeo no que se amosa como os nenos e nenas de 6º de primaria estiveron traballando, na aula de música, cos escornabots.
Unha actividade fascinante e novidosa que causou moita ilusión no alumnado. Seguiremos achegándovos máis actividades de boas prácticas con estes trebellos chamados ESCORNABOTS.

martes, 15 de maio de 2018

PRIMAVERA DAS LETRAS CON MARÍA VICTORIA

Cada ano, a Real Academia Galega presenta unha edición de "Primavera das letras" adicada este ano a Mª Victoria Moreno. Nela podemos atopar descargables, actividades en rede e moita información. As ilustracións son auténticas obras de arte, debuxos moi fermosos que transmiten moito sobre a autora e a súa obra. 
Podedes acceder premendo na imaxe.

COÑECENDO A MARÍA VICTORIA MORENO

Estamos na semana das letras galegas que este ano se adica a unha escritora que non naceu en galicia pero que se enamorou tanto do galego que o adoptou como lingua propia. 

Ilustración de Esteban Acuña, de Tarabelos: títeres e contacontos

Aquí vos deixamos un enlace onde podedes atopar un montón de actividades para saber máis sobre a autora homenaxeada este ano feito no colexio San Luís Romero. 



mércores, 7 de xuño de 2017

OS BOOKTUBERS DE SEIXO

Se vos ensinamos este libro de Carlos Casares podedes pensar que é un libro máis da fabulosa bibliografía de este gran escritor galego... perooooo.... ....se lle dades a volta descubriredes que ten algo especial!


Vedes ese código que ten pegado? é un código QR. Estes códigos esconden moita información, neste caso recomendacións lectoras a cargo dos bootubers. 
Coa axuda de un iPad que estará na biblioteca podedes ver a información que esconde ese código....


Os booktubers son lectores e lectoras que comparten a súa opinión e todo o que lles fixo sentir un libro para que outros se animen a lelo... e non hai idade: toda a comunidade educativa estades convidados a formar parte dos booktubers de Seixo!


Este é o primeiro, de moitos libros da nosa biblio, que os booktubers de Seixo recomendarán para o resto de lectores. 
Aquí vos deixamos a recomendación que Aroa e Diego fan desde divertido libro de teatro.


Queres converterte nun booktuber? podes facelo tanto se formas parte do alumnado, do profesorado ou das familias!
A idea é que cando leades un libro que vos guste nolo contedes para deixar unha recomendación nese libro, así todos os compis e familias que veñan á biblio terán recomendacións para elixir que libro levar a casa.

venres, 12 de maio de 2017

A GALIÑA AZUL DE CARLOS CASARES

Encántanos ver todo o que fan os nosos alumnos e alumnas, pero tamén desfrutamos un montón coas creacións de outros nenos e nenas, coas que aprendemos e nos inspiramos.
Mirade que versións tan chulas de A Galiña Azul de Carlos Casares.

Esta foi feita polos nenos de 2ºC do CEIP Fontiñas:



Esta fixérona todas as escolas do CRA de Rianxo:


Noraboa aos dous centros por esos traballos tan chulos!

luns, 8 de maio de 2017

LIÑA DO TEMPO DE CASARES

No Ceip Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras fixeron unha fantástica liña do tempo de Carlos Casares, seguro que resulta moi util aos mestres para achegar ao alumnado a este gran autor galego.

Para ver a liña do tempo premede na imaxe:

 

Se queredes ver con máis detalle as fermosos montaxes que fixeron, premede nesta imaxe:

domingo, 7 de maio de 2017

PRIMAVERA DAS LETRAS CON CARLOS CASARES

Queremos recomendarvos unha páxina con diferentes recursos e información sobre Carlos Casares, que ademais ten unha presentación moi bonita e coidada. 

Se queredes visitala premede na imaxe.

sábado, 6 de maio de 2017

FUNDACIÓN CARLOS CASARES

Na páxina da Fundación Carlos Casares tamén podedes acceder a moita información sobre a vida e obra de Carlos Casares: ver fotos, escoitar audios....

Premede na imaxe e visitaredes a súa páxina:

xoves, 23 de marzo de 2017

AS TICS NAS AULAS

Quen dixo que non pode ser divertido preparar un exame? Os nenos e nenas de 4º preprararon mapas conceotuais coa axuda dos iPads para preparar o exame de sociais. 


Repasar os conceptos, colaborar cos compis, traballar coas novas tecnoloxías.... 

martes, 3 de xaneiro de 2017

A CÉLULA VEXETAL: APRENDENDO AS SÚAS PARTES

Os nenos e nenas de 5º, despois de facer a MAQUETA DA CÉLULA VEXETAL decidimos facer unha imaxe interactiva para poder estudar as diferentes partes da célula. 
Cada un encargouse dunha das partes e, despois de facer os correspondentes guións, gravamos pequenos vídeos que engadimos á imaxe interactiva.
Esperamos que vos sirva para aprender máis sobre a célula vexetal, para os de 5º será moi útil para estudar ;)
Premede sobre a imaxe e... aprende moito!


domingo, 11 de decembro de 2016

A CÉLULA VEXETAL: MAQUETA

Os nenos e nenas de 5º están aprendendo moito sobre a célula vexetal.
Unha das tarefas que realizaron foi unha maqueta para poder aprender investigando, manipulando e creando.
Quixeron compartir con todos nós como as fixeron, e por iso montaron este pequeno titorial: por si alguén se anima ;)
Estade atentos porque seguirán contándonos máis sobre a célula vexetal.


Grazas a Pablo e a David por ese comezo de vídeo tan divertido!!

martes, 25 de outubro de 2016

RECOMPILACIÓN DE XOGOS DE OUTONO E SAMAÍN

Se premedes na imaxe, accederedes a un SYMBALOO (unha recompilación) de xogos relacionado co Outono e Samaín. Gracias a Nerea Rodriguez, a súa creadora.
  

venres, 10 de xuño de 2016

REPORTERO DOC AGORA DIXITAL!

Unha das revistas que temos na biblioteca é: REPORTERO DOC. Está chea de cousas súper interesantes de historia, ciencia, natureza... é moi visual e interesante.


Pois agora temos a opción de vela dende o ordenador e así acceder a vídeos alucinantes, facer test a ver canto aprendemos... e descubrir todas as novidades de ciencia, arte... Benvido FUTURO DOC!



Para aceder a elas tendes que premer na imaxe e accederedes a revista interactiva. Se vos pide un código é: futurodc256. Tamén deixamos un enlace no lateral dereito para acceder con facilidade.


Disfrutade e contádenos que vos parece!

xoves, 22 de outubro de 2015

PREPARADOS PARA O SAMAÍN?

Arnaldo invítavos a visitar estes espazos con multitude de actividades sobre o Samaín.

Materiais

O Samaín
Actividade Lim 1º-2º-3º-4º Primaria
El mundo de Fantasmín
Educación Infantil

E non podía faltar a música...

domingo, 5 de xullo de 2015

DO MAR Á MESA

Os nenos e nenas de 6º, dentro do proxecto do mar que traballamos en cunxunto no cole, fixeron un proxecto de aula moi interesante: DO MAR Á MESA. 
Se premedes na imaxe do seu mural, poderedes descargar unha presentación que, con axuda do seu titor Goyo, eles mesmos montaron para resumir a súa completa investigación. 
NORABOA A TODOS!

xoves, 7 de maio de 2015

EDUCACIÓN VIAL. RECURSOS PARA NENOS E NENAS DE 6 A 11 ANOS.

Recomendámosvos o Recuncho de Lectura da Fundación Mapfre para nenos de 6 a 11 anos, no que podedes descargar algúns dos libros que recomendan.
Ademais teredes xogos, actividades e vídeos; e un enlace a diferentes recursos para nenos e nenas de 3 a 5 anos!