Amosando publicacións coa etiqueta cambios biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cambios biblioteca. Amosar todas as publicacións

luns, 16 de decembro de 2019

NOVOS XOGOS NA NOSA BIBLIO

Xa tendes a vosa disposición, no recuncho creativo da Biblioteca, novos e apoixonantes xogos cos que aprenderedes moreas de cousas...
SumBlox 
Si dende pequenos aprendemos coas mans tocando todo: por que non afrontar as matemáticas do mesmo xeito?
Con estes bloques poderán descubrir coas súas propias mans a descomposición da decena, as sumas, restas, multiplicacións, fraccións, proporcionalidade, divisións… manipular e comprender con todos os sentidos porque as matemáticas tamén poden ser un xogo.

Ademais tamén serven como pezas para facer simplemente torres ou construcións libres traballando a imaxinación.
Kapla
Xa tiñamos algunhas pezas no cole, e visto o seu éxito mercamos unha caixa con 1000 pezas máis!
É un xogo de construción cuns valores pedagóxicos extraordinarios que ademais é respectuoso co medio ambiente e que nos permite traballar xeometría, física, matemáticas, arte, tecnoloxía, lóxica, organización, precisión, concentración…
Son pequenas pezas de madeira de piñeiro, extraída de bosques sustentables. Todas exactamente iguais, calibradas con precisión para que a repartición de peso sexa exacto. É o método perfecto para construír calquera cousa sen necesidade de unións nin puntos de fixación, só amontoar as tablillas unhas sobre outras e botarlle imaxinación. 
Lego duplo
Dende que montamos o recuncho de lego, quedounos claro que foi un acerto polo que seguimos aumentando o número de pezas.
Nesta ocación mercamos as pezas grandes pensando máis nos peques do cole, pero poderedes desfrutar del todos os que o desexedes...
Imaxinade o moito que podedes desfrutar unha tarde de xoves na casa de Arnaldo: esperámosvos!

venres, 8 de novembro de 2019

CONTINUAMOS CON MÁIS NOVIDADES

Ola amiguiños!
Despois da exposición temática polo Samaín, os andeis da Biblio de Arnaldo xa volven estar ateigados de novidades!
Non esquezades botarlles unha ollada!



Seguiremos incorporando moitos máis! Non volo perdades!

luns, 21 de outubro de 2019

NOVOS XOGOS NA BIBLIO DE ARNALDO

Estamos de sorte amiguiños! Chegan novos xogos a nosa Biblio!
Xa tendes a vosa disposición no recuncho creativo da Biblioteca novos e apoixonantes xogos cos que aprenderedes moreas de cousas:

Xogos de comunicación, de cartas, de lóxica...






Deixámosvos, por aquí, algún titorial de como se xoga...



Só tendes que pasar pola Biblio para comezar a disfrutar deles...

ESPERÁMOSVOS!

luns, 14 de outubro de 2019

NOVIDADES!

Ola amiguiños!
Os andeis da Biblio de Arnaldo xa están ateigados de novidades! 
Non esquezades botarlles unha ollada!
 

E xa sabedes que a novidade deste ano son as revistas!
Cunha oportunidade enorme de poder desfrutar delas nas vosas casas!
Seguiremos incorporando moitos máis! Non volo perdades!

venres, 27 de setembro de 2019

ARNALDO ESCRÍBENOS UNHA CARTA!

No cole de Seixo acabamos de recibir unha carta de Arnaldo... 
Non é para menos! A partir do próximo luns as portas da súa casa...
ábrense de par en par un curso máis...
Ata outra amiguiños!

mércores, 19 de xuño de 2019

A VOZ DE ARNALDO: UN ANTES E UN DESPOIS

A FESTA DO SABER toca ao seu fin pero dende o Equipo de Biblioteca non queríamos pechar esta celebración sen dar a coñecer o traballo levado a cabo durante este curso en...
Un curso que comezamos solicitando a inclusión do noso cole no programa RADIO NA BIBLIO 
e que tras varios anos intentándoo desta vez si que nos aceptaron...

Un proxecto piloto "RADIO NA BIBLIO" que pretendeu estimular o desenvolvemento do modelo de biblioteca cara a "centros creativos de aprendizaxes" e promover a creación de emisoras/laboratorios de radio nas bibliotecas escolares, co fin de favorecer e apoiar proxectos de educación das competencias informacionais e mediáticas do alumnado.
No noso cole A VOZ DE ARNALDO xa estaba creada pero gracias a esta iniciativa puidemos mellorar as nosas instalacións e crear un ambiente totalmente diferente e renovado.
Buscábase, así mesmo, ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado. 
A VOZ DE ARNALDO, un curso máis, foi unha ferramenta imprescindible no día a día da comunidade escolar de Seixo.
O laboratorio de radio na biblioteca escolar converteuse tamén nun punto de formación para o noso alumnado...
Eles serán os únicos protagonistas no futuro de A VOZ DE ARNALDO, no futuro da radio de Seixo, no futuro da nosa radio.
Deixámosvos, por aquí, un pequeno vídeo no que poderedes ver o antes e despois de...
Porque a nosa radio tamén forma parte de...
"O PATIO QUE SOÑAMOS"

martes, 21 de maio de 2019

NOVO XOGO NA BIBLIO

Estamos de sorte amiguiños! Chegou un novo xogo a nosa Biblio!
Xa tendes a vosa disposición no recuncho creativo da Biblioteca
PIKO PIKO
un novo e apoixonante xogo co que aprenderedes moreas de cousas. 
Deixámosvos o seguinte vídeo no que poderedes ver como se xoga a PIKO PIKO:

ESPERÁMOSVOS NA BIBLIO PARA DESFRUTAR CON EL!

sábado, 16 de marzo de 2019

NOVOS XOGOS NA NOSA BIBLIO!

Estamos de sorte amiguiños! Chegan novos xogos a nosa Biblio!
Xa tendes a vosa disposición no recuncho creativo da Biblioteca novos e apoixonantes xogos cos que aprenderedes moreas de cousas:

Xogos de comunicación, de cartas, de lóxica, de palabras cruzadas, de cálculo mental...


Só tendes que pasar pola Biblio 
para comezar a disfrutar deles


Xogos de movemento, de dados, para aprender a multiplicar, de formar palabras...


ESPERÁMOSVOS!

mércores, 13 de febreiro de 2019

CAMBIO NO HORARIO DA BIBLIOTECA

Moi bos días a todxs! Hoxe traio unha noticia para todas as familias do noso cole de Seixo!
Prestade moita atención porque se achegan cambios na nosa BIBLIOTECA!


mércores, 28 de novembro de 2018

NOVA REVISTA NA BIBLIOTECA

Chegou a nosa biblio unha nova revista que nos encanta. 

Cremos que as revistas son un gran instrumento para fomentar a lectura porque son moi atractivas e captan a atención.
ARTHIS é unha revista de arte e historia para nenos moi coidada e feita con moi bo gusto.

Cada número terá 20 páxinas monográficas nas que, cando entredes na súa lectura, atoparedes información histórica contada de forma divertida, cunha linguaxe sinxela e directa. 
Os textos están ilustrados e compleméntanse con mapas dos lugares nos que transcorre a acción.

HÓNIX, unha mascota diseñada polo ilustrador Álvaro Ortega, acompañaravos en fascinantes viaxes a través do tempo e do espacio. 
Ollo porque irá cambiando de indumentaria en cada número.

Un cómic do debuxante Adrián Peláez ofrecerá unha aproximación gráfica aos personaxes relevantes do pasado dunha maneira graciosa e humorística que vai facer que aprendades e reforcedes coñecementos adquiridos. 
Estade atentos porque ARTHIS vaivos poñer a proba nunha sección de pasatempos, xogos e preguntas e respostas para valorar o que aprendestes e para que teñades unha aproximación divertida ao coñecemento histórico e artístico.
Poderedes comprobar que cada número se vai pechar coa biografía dun protagonista imprescindible en formato dun perfil nas redes sociais.