Amosando publicacións coa etiqueta o papagaio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta o papagaio. Amosar todas as publicacións

domingo, 10 de maio de 2020

O PAPAGAIO Nº 8

Bos días rapaces!
Arrancamos o mes das Letras Galegas coa fase 0 da desescalada pero hoxe, dende AS PEGADAS DE ARNALDO queremos compartir con vós unha das revistas máis molonas da nosa biblio...
que gracias á editorial...
nos publican, en modo dixital, o número de maio para que o poidamos ver dende as nosas casas xa que, polo de momento, na Biblio de Arnaldo non é posible...
Dende O Papagaio tamén nos envían unha mensaxe de ánimo e forza diante deste incerto camiño que nos ten que levar dende o illamento ate a "nova normalidade".
Por aquí vos deixamos a revista! Que a desfrutedes!
GRAZAS PAPAGAIO!

martes, 29 de novembro de 2016

O PAPAGAIO: XORNAL PARA NENOS NA BIBLIOTECA

O Grúfalo da nosa biblio ven presenta unha novidade nos estantes da biblioteca: o xornal O PAPAGAIO.
É un novo xornal en papel, pensado especialmente para nenos e nenas de Primaria e Secundaria. Cada ano desfrutaremos de 10 números deste vistoso xornal que nos encanta porque esta escrito integramente en galego e coas súas páxinas a toda cor.


Edicións moito conto publica este xornal con temas de actualidade centrado especialmente en: ciencia, tecnoloxía, ecoloxía, historia, arte, cultura, integración e banda deseñada. 
No xornal colaboran varios científicos, expertos en arte... e proporán experimentos e actividades practicas que poderemos facer os lectores do xornal.
Se premedes nesta imaxe poderedes ler algo máis sobre o contido do xornal.


Mirade o anuncio do primeiro número:

Se premedes na portada do número 1 poderedes lelo:



Xa temos os números 1 e 2 na biblio, pasade a velos... tamén os podedes levar para casa!