Amosando publicacións coa etiqueta 5º primaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 5º primaria. Amosar todas as publicacións

martes, 9 de xuño de 2026

SAÍDA FIN DE CURSO DO TERCEIRO CICLO

Este ano, o terceiro ciclo elexiu o Grove para a súa saída final, nun entorno de natureza, praia e piscina. Un día con moito xogo e moita auga para despedir o curso, en convivencia con outros nenos e nenas doutros colexios.

Despois de comer algo (porque xa chegaron con fame) prepararnos e botar crema, empezamos a mañá na praia: algúns xogos, bailes, baños e algún enterro na area da praia.








Despois fomos a repoñer forzas e un rato de xogo antes de atacar a piscina...




E por fin... a piscina é nosa!!
Preparad@s....

Chapoteo...A polos jacuzzis!!





mércores, 8 de abril de 2026

IRIA MISA VISITA O CEIP DE SEIXO

Estes días tivemos a sorte de recibir na nosa biblio á escritora...
Iria Misa
A casa de Arnaldo foi o punto de encontro das nenas e nenos de 5º e 6º de primaria para conversar un ratiño con Iria...
A EXCURSIÓN A CANS 
UNHA VECIÑA DE PELÍCULA
foi o libro que estivemos lendo e co que compartimos moreas de cousiñas...
 
Tivemos a fortuna de que nos asinara os nosos exemplares un por un...
 
E de poder entrevistala en A VOZ DE ARNALDO, por aquí vos deixamos o aquivo...
Como non podía ser doutro xeito Iria asinou o noso libro de visitas...
E non quixemos que se marchara sen darlle un pequeniño recordo do noso cole...
Grazas Iria, ata outra!

martes, 3 de marzo de 2026

RADIO NA BIBLIO CON SUSANA BASTÓN

Un ano máis, e dentro das actividades da Semana da Prensa, as nenas e nenos da clase de 5º de primaria desfrutamos dun taller de Radio a cargo de Susana Bastón xa que o noso cole forma parte do programa RADIO NA BIBLIO.
Ao longo da mañá estivemos aprendendo moreas de cousas relacionadas coa radio e elaborando un noticieiro...
unha escaleta que pola tarde tivemos a oportunidade de ir a gravar a unha emisora de Radio Profesional: Radio Pontevedra.
Unha experiencia xenial e inolvidable na que tivemos a oportunidade de coñecer unha radio de verdade e de ver e participar no seu funcionamento...

luns, 2 de marzo de 2026

VIAXE A LEITARIEGOS 2026

O pasado martes 24 de febreiro as nenas e nenos de 5º e 6º de primaria tivemos a oportunidade de facer unha viaxe a León (Villablino) para pasar uns días desfrutando do esquí na estación de Leitrariegos.

Cargados de emoción comezamos a nosa viaxe que tiña como obxectivo chegar a Ponferrada para facer unha pequena parada, poder comer e desfrutar dos seus encantos... Alí visitamos o CASTELO DOS TEMPLARIOS...

Foron unhas xornadas moi especiais... por aquí vos deixamos algunha fotiño...
Todo listo para comezar a esquiar...

Preparándonos para subir ás pistas...
A puntiño de recibir as nosas primeiras clases de esquí e perfeccionamento...

Compartindo tempo de lecer...


En Villablino, lugar no que estivemos hospedados, tamén puidemos desfrutar das súas prazas máis coñecidas...


Moreas de recordos que quedarán gravados para sempre...
Gracias Nay e Martín por querer formar parte, unha ano máis, desta experiencia tan fermoso. Sodes encantadores e uns profesionais moi moi grandes!

Os mellores monitores do mundo mundial!
Desexámosvos o mellor!
Ata outra!