sábado, 30 de decembro de 2017

FESTA DE NADAL 2017

Un ano máis, todo o cole nos xuntamos para festexar o nadal.



Aínda que este festival de panxoliñas se está convertindo nunha bonita tradición, cada ano é único e especial.



Ter ás familias como público fai que os nervios e a emoción sexan maiores.



Nenos e nenas de 6º foron os encargados de presentar todas as actuacións.



E aquí tendes fotos de todas as participacións dos nenos e nenas do cole, e tamén un vídeo resumo para que vexades que ben cantan!!

3 anos e 1º de primaria

3 anos e 1º de primaria

4 anos e 3º de primaria
2º de primaria



4º de primaria

5º de primaria

6º de primaria

E aquí tendes un vídeo montaxe con todas as panxoliñas: que artistas!




Despois, grazas ao traballo da ANPA, desfrutamos un rico chocolate con churros.



Os máis peques do cole, os nenos e nenas de 3 e 4 anos, deixan constancia do delicioso que estaba!



E despois chegou un momento moooi esperado!

Pasamos un ratiño xenial coa fantástica e divertida visita de Papá Noel e o Apalpador que viñan cargados de chuches para todos os nenos e nenas.



Aquí vos deixamos un recordo de cada clase.....

3 anos

4 anos

5 anos

1º primaria

2º primaria

3º primaria


4º primaria

5º primaria


6º primaria



Os nenos e nenas de infantil tiveron un momentiño a soas con Papá Noel, seica tiñan moito que contarlle!!! Aquí vos deixamos un vídeo cheo de imaxes especiais para cada un deles. 



Damos as gracias a ANPA, nesta foto so está unha pequena representación de todos os pais e nais que estiveron colaborando para que esta xornada fose redonda: dende a montaxe do escenario ata a visita de Papá Noel... GRAZAS: sodes xeniais!

luns, 11 de decembro de 2017

COMPARTE AMOR POLO NOSO

Un ano máis, froito do enriquecedor traballo en equipo, na coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, elaboramos unhas guías con recomendacións en galego. A transmisión do noso patrimonio cultural é un dos motores que caracterizan o noso traballo común.
O obxectivo é facer chegar ás familias e a toda a comunidade educativa, suxerencias de lecturas e música para todas as idades. As guías están cheas de novidades e reedicións en lingua galega, ademais non nos quixemos esquecer de poñer algo de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada nas letras galegas 2018. 
Mandamos unha gran aperta a Luz Beloso que nos agasallou coa fermosa ilustración das guías: moitas grazas! . 

Aquí vos deixamos as guías para que este Nadal as casas se enchan de cultura en galego! 

A guía de INFANTIL:



A guía de PRIMARIA: 



A guía de SECUNDARIA: 



Pronto entregaremos as guías impresas a todo o alumnado, pero así xa podedes ir escribindo a carta aos reis.

EXPLORANDO A FONDO OS CIRCUITOS ELÉCTRICOS

Os nenos e nenas de 6º somos uns suertudos. Estudiando o tema dos circuitos eléctricos recibimos a visita dun experto, o pai de Marcos González. 



Falounos sobre a electricidade, motores, circuítos eléctricos... 



Falamos da importancia que os motores e a electricidade teñen na vida cotiá.



Falamos da importancia que os motores e a electricidade teñen na vida cotiá.



Trouxo diferentes cousas para ensinarnos, entre elas un telégrafo morse con electroimán. 


Logo ensinámoslle a exposición de circuitos que montamos cada un. 



Marcos viunas todas e alucinou co noso traballo!

Tamen nos dou consellos para facelos aínda máis completos.



Moitas grazas a Marcos por esta visita tan proveitosa, canto nos gusta aprender coas familias dos compis!

DECORACIÓN DO NADAL


Hoxe pedimos a colaboración das familias para decorar as árbores do cole, se queredes ideas premede no seguinte enlace e seguro que atopades inspiración: 

luns, 4 de decembro de 2017

#EUSONCICLISTA

O alumnado de 5º e 6º tivemos unha charla sobre seguridade vial para ciclistas. 
O Presidente da federación galega de ciclismo, e o Presidente do club ciclista de Marín explicaron moitas cousas prácticas. Pero tamén viñeron dous ciclistas.


Delio Fernández Cruz que é un ciclista profesional español, nacido en Moaña. Actualmente corre para o equipo francés de categoría Profesional Continental o Delko Marseille Provence KTM. En categorías inferiores destacou como ciclista de ciclocross, chegando a participar nos mundiais da especialidade. En categoría Sub23 pasouse definitivamente ao ciclismo na estrada obtendo algúns postos de mérito que lle valeron para dar o salto ao profesionalismo.



Tamén estivo con nós a ciclista marinense sub23 do Marín-Ottoman: Irene Trabazo. É unha das promesas máis firmes do ciclocross galego. Domina con solvencia a Copa Galicia de Ciclocross, onde gañou as cinco carreiras que disputou este tempada, a pesar de contar con só 19 anos. Este ano participou na copa do mundo.


Ensináronnos as medidas de seguirdade máis importantes para os ciclistas.



Déronnos unha guía para os ciclistas con medidas de protección


Falamos sobre a importancia de que os ciclistas tamén respeten as sinais. 



Fixémoslles moitas preguntas.


Delio contounos cousas curiosas da súa vida e dociclismo: velocidades, por qué a ropa éceñida, a importancia do traballo en equipo....



Un pracer coñecervos e aprender máis sobre seguridade sobre rodas. 

domingo, 3 de decembro de 2017

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA

Un ano máis recibimos unha proposta dende o ministerio do interior para realizar unha serie de actividades dentro do plan director co alumnado de 5º e 6º.


O Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas, traballa diferentes temas. 


Pinchando nesta imaxe accederedes a un tríptico onde se explican os diferentes temas:



Nesta primeira visita, un policía nacional tratou dous temas co alumnado: "Acoso escolar" e "Violencia sobre a muller e discriminación"


José Manuel Amedo, Subinspector do Corpo Nacional de Policía, foi o encargado de darnos a charla que resultou moi amena.


Coa axuda dunha presentación e contándonos historias reais, explicounos as cousas de forma directa e moi comprensible. 


Damos as grazas a José Manuel por ser tan cercano e falarnos de forma tan clara, contestando a todas as nosas preguntas. 


Estamos encantados porque sabemos que volverá este curso con máis temas!