Amosando publicacións coa etiqueta campionato deportivo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta campionato deportivo. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de outubro de 2025

ACTIVIDADE XOGADE OUTUBRO 2025

O pasado venres 17 de outubro o noso cole participou, xunto con outros coles de Marín, no Cross que se organiza a través do programa XOGADE.

Levouse a cabo nas Instalacións Municipais de San Pedro en Marín e participou todo o alumnado de 2º a 6º de primaria.
Por aquí vos deixamos algunhas imaxes:

  


 
Todo o alumnado fixo un gran esforzo, conseguiu acabar o cross e desfrutou realizando a actividade. Moitas grazas a todos e a todas.

xoves, 26 de xuño de 2025

DESPEDIDA DO CURSO 24/25

A última semana do curso estivo cheíña de días especiais nos que fomos despedindo o curso. Un deles fixemos unha festa de auga para combater a calor e compartir moitas risas: pasámolo pipa!

Non podían faltar os campionatos deportivos cos que desfrutamos durante moitos recreos. E este ano, nas finais, non gravamos os partidos, centrámonos en recoller o ambiente animando, os nenos e nenas animando con ganas e pasándoo pipa celebrando as vitorias dos demais.

Por suposto non faltou o tradicional partido de brilé dos de 6º contra o profesorado, dende logo sempre é un partido emocionate e moooi divertido!

E como todo campionato que se prece, tivemos entrega de medallas, unhas medallas moi especiais deseñadas polo alumnado de 6º e feitas no cole. Ademais tivemos unha madriña de honor, Noa, antiga alumna, que viña de gañar o campionato de España de fútbol sala feminino co club La Peña: que honor! Pechamos a entrega de medallas cunha sorpresa moooi especial!

E, aínda que nos dan moita pena as despedidas, chegou o momento de dicir adeus a un montón de profes que nos acompañaron neste curso e que deixaron a súa pegada en Seixo.

O curso que ven: máis e mellor!!

mércores, 21 de xuño de 2023

CAMPIONATOS DEPORTIVOS NO RECREO

Os campionatos no recreo son unha das actividades estrela dos recreos do último trimestre: son moi emocionantes e divertidos! Despois de formar os equipos e de facer o sorteo público, desfrutamos de moitos recreos xogando partidos de: atrapa a bandeira, brilé, baloncesto e futbol sala. E os peques de infantil tamén tiveron as súas probas!!
 

Outro dos momentos máis esperados é o partido do alumnado de 6º contra os profes, sempre é moi divertido!!
 
 

Este ano un grupo de exalumnos foron os encargados de facer a entrega de trofeos aos gañadores. "Equipo salvaxe", de 5º, foi o campión en brilé e "Driller-nike", de 6º, de atrapa a bandeira, baloncesto e futbol sala.  Ademais, tamén se entregaron premios especiais de participación a todo o alumnado: un chaveiro especial feito na impresora 3D.


O ano que ven: máis e mellor!!