Amosando publicacións coa etiqueta recomendacions lectoras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recomendacions lectoras. Amosar todas as publicacións

xoves, 11 de maio de 2023

venres, 30 de decembro de 2022

MAXÍN DE AVENTURAS!

Un ano máis, os Equipos de dinamización lingüística do Morrazo elaboramos unha guía chea de ideas para facer agasallos en galego: libros, música e incluso xogos, organizados por idades. Jhosua XanBreo foi o ilustrador que este ano se encargou de darlle vida ás guías. Joshua é o propietario de "Gáidil", un espazo friqui, en Bueu, que é unha tenda de cómics e unha aula creativa na que da clases de debuxo, pintura, cómic e ilustración para nenos e maiores. Premede na ilustración se queredes coñecer un pouco máis sobre Gáidil.


O día 22 todo o alumnado levou para casa a súa guía, a cal inclúe recomendacións para adultos, que esperamos que vos resultase útil. Deixámola tamén por aquí por si queredes compartila, que aínda hai que darlle ideas aos reis.
Está é a de infantil:


A de primaria:


A de secundaria:

xoves, 1 de decembro de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS POLO SAMAÍN

Na semana do Samaín seguimos celebrando o día das bibliotecas e por iso decoramos as portas das aulas con portadas dos contos máis terrorificamente divertidos, e queremos compartir todas as portadas con vós e de paso recomendarvos todos estes contos que nos encantan y igual vos damos algunha idea para os agasallos de Nadal.
 











luns, 20 de decembro de 2021

MERGULLÁNDONOS NA LECTURA!

Un ano máis estamos felices de compartir as guías de lectura elaboradas, en equipo, pola coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo.
O obxectivo é facer suxestións de lecturas, xogos e música en galego para todas as idades. As guías están cheas de novidades e reedicións dos últimos 12 meses. Seguro que aquí atoparedes moitas ideas para mercar agasallos no Nadal, en aniversarios, ou en calquera día especial.


Mandamos unha aperta moi grande e o noso agradecemento a Patricia Fernanda García Pereira, alumna de 3º ESO no IES As Barxas, que nos fixo esta fermosa ilustración para as guías: graciñas Patricia, es unha artista con moito futuro! Grazas por animarnos a mergullarnos nos libros e no galego!


Aquí tendes as 3 guías, adaptadas ás diferentes idades (infantil, primaria, secundaria e adultos), para que poidades acertar máis cos agasallos e que as casas se enchan de boas lecturas!
 




domingo, 9 de maio de 2021

AS RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE 4º DE PRIMARIA

Nunha das actvidades arredor do Día do libro atopámonos con esta interesante actividade que nos propoñen as nenas e nenos de...

Nun traballo previo sobre o que debe incluír unha recomendación lectora traballamos os títulos dos libros, as autoras e autores, breves resumos, opinións persoais e o porqué de cada recomendación...
Por aquí vos deixamos...

sábado, 8 de maio de 2021

POLO DÍA DO LIBRO: ROSES FOR YOU!!

Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º fixeron actividades do máis primaveral polo día do libro. Estaban fascinados coas rosas do patio e a teacher Fátima contoulles a tradición de San Jordi na que se agasalla un libro e unha flor polo día do libro. Para non arrancar as do patio fixeron unhas de papel para regalar e así xurdiu: Roses for you.

Ademais, os nenos e nenas de primeiro e segundo ilustraron o seu libro favorito e fixeron un mural coas súas recomendacións.

Os de terceiro tamén fixeron un mural con recomendacións lectoras pero con fotos lendo en familia: cantos momentos chulos vivimos cos contos!!

Neste vídeo podedes ver máis fotos destas actividades:

Con flores ou sen elas... 
nunca deixedes de compartir lecturas!!

domingo, 29 de marzo de 2020

CONTANDO CONTOS

Moi bos días rapazas e rapaces!
Dende o Equipo de Biblio e EDLG hoxe queremos compartir con vós, e deixarvos por aquí, uns contiños...
Xa sabedes cal é o tema máis recurrente destes días...
Pero as ideas que nacen son sempre brillantes e por iso queremos compartilas...
(Nacho Palacios)

(Guadalupe del Canto)

mércores, 25 de marzo de 2020

CONTAMOS UN CONTO?

Kalandraka tv (podedes acceder premendo AQUÍ) está publicando moitos contos contados polos seus escritores, por contadores... recomendámosvos pasar a velos porque son unha chulada. 
Hoxe publicaron Garavanciño e fainos especial ilusión xa que é a profe Olalla quen o conta cunha gran axudanta: que ilusión! 
Ela adaptou este conto popular para Kalandraka e Marc Taeger, o profe de arte de Seixo, foi o encargado de ilustralo. 
Podedes velo premendo na foto.


Aproveitamos para mandarlle unha morea de bicos e apertas: botámoste de menos!

domingo, 22 de marzo de 2020

CORONAVIRUS NON É UN PRÍNCIPE (NIN UNHA PRINCESA)

Bo día:
Dende o Equipo de Biblio e EDLG hoxe queremos deixarvos un contiño por aquí...

Un libro publicado por María Coco Hernando, en aberto, contando para nenos e nenas o vivido na súa familia cos seus fillos estes días.
Picade na imaxe e desfrutade da lectura!

venres, 22 de novembro de 2019

ATRÉVETE A ABRILO!

Un ano máis, froito do traballo en equipo, na coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, elaboramos unhas guías con recomendacións en galego.


O obxectivo é facer chegar ás familias, e a toda a comunidade educativa, suxestións de lecturas e música en galego para todas as idades. As guías están cheas de novidades e reedicións dos últimos 12 meses. Seguro que aquí atoparedes moitas ideas para mercar agasallos no Nadal, en aniversarios, ou en calquera día especial.


Mandamos unha gran aperta a Esteban Acuña, de Tarabelos: títeres e contacontos, coñecido no noso cole por facer varias contadas, axudarnos a decorar o muro de infantil, a biblioteca... Pois unha vez máis demostrou a súa xenerosidade facendo esta ilustración tan fermosa e suxerinte para as guías. Graciñas Esteban: es un artistazo! 

Atoparedes 3 guías porque están adaptadas ás diferentes idades (infantil, primaria, secundaria e adultos), para que poidades acertar máis cos agasallos e que este Nadal as casas se enchan de boas lecturas! 

Premede en cada imaxe para acceder a todas as recomendacións e poder velas con máis calidade.





Aquí deixámosvos un cartel que xunta todas as recomendacións. Desfrutádeas e compartídeas para que cheguen moi lonxe. 


luns, 28 de outubro de 2019

EXPOSICIÓN DE LECTURAS POLO SAMAÍN

O Samaín xa chegou ao cole e como non podía ser doutro xeito dende a biblio de Arnaldo queremos participar de cheo nas actividades preparadas...
E que mellor xeito de facelo que encher os corredores de moreas de lecturas terroríficas e arrepiantes...
Libros e máis libros ateigados de historias relacionadas co Samaín...
E unha biblioteca moi preparada para a ocasión...
Non volo perdades e vinde á nosa Biblioteca pasar un Samaín de conto!
AGARDÁMOSVOS!

CREACIÓNS PROPIAS

E como o prometido é débeda aquí vos presentamos o libro creado por todos os nenos e nenas do cole con motivo da celebración do Día das Bibliotecas...
Un Arnaldo, metido de cheo na celebración do Samaín do noso cole, danos a presentar este traballo...
E quere convidarvos a que pasedes pola Biblioteca para que lle deades unha ollada cando queirades!
Vaivos encantar e ides quedar abraiados coa cantidade de propostas lectoras que nel ides atopar!
Animádevos!

xoves, 24 de outubro de 2019

EU RECOMÉNDOCHE: DÍA DAS BIBLIOTECAS

A actividade central do DÍA DAS BIBLIOTECAS deste ano no noso cole xirou arredor dunha inicitiva que levou por nome...
"EU RECOMÉNDOCHE"
Todos os nenos e nenas compuxeron un mural xigante, que expuxemos no no ximnasio do cole, no que cada un achegou a súa recomendación lectora preferida...
O resultado foi magnífico... cunha diversidade de lecturas moi grande! 
Un mural dunha riqueza infinita que da boa conta do lema das bibliotecas deste curso: VIVEIRO DE CIDADANÍA!
Deixámosvos por aquí unhas cantas fotiños para abrirvos o apetito lector!



Verdade que entran ganas de comezar a ler e ler máis e máis libros?
Desmontarémolo para crear un libro con todas as recomendacións. Poderedes velo na biblio!

mércores, 15 de maio de 2019

OS BOOKTUBERS COA BIBLIOTECA INCLUSIVA

Xa vos ensinamos a exposición que temos montada agora mesmo. Podedes recordalo premendo na imaxe. Os nenos e nenas van elixindo diferentes contos para ler.


Mateo, Izan e Antía, ademais de desfrutar de algún dos libros da exposición, convertéronse en booktubers. Como xa vos contamos algunha vez, os booktubers son lectores e lectoras que, nun pequeno vídeo, comparten a súa opinión e todo o que lles fixo sentir un libro, para que outros se animen a lelo. Aquí vos deixamos a súas recomendacións, a ver si vos animades a ler algún dos contos que presentan. 




OS BOOKTUBERS DE SEIXO EN ACCIÓN


Hai varios libros na biblioteca nos que, se lle dades a volta, descubriredes que teñen algo especial!
Vedes ese código que ten pegado? é un código QR. Estes códigos esconden moita información, neste caso recomendacións lectoras a cargo dos booktubers. Coa axuda dun iPad, que estará na biblioteca, podedes ver a información que esconde ese código....


Os booktubers son lectores e lectoras que comparten a súa opinión e todo o que lles fixo sentir un libro para que outros se animen a lelo.
Aquí vos deixamos algunhas das recomendacións dos booktubers de Seixo.