Amosando publicacións coa etiqueta andainas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta andainas. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de marzo de 2026

DESPEDIDA DO 2º TRIMESTRE

E como xa ven sendo costume todas as nenas e nenos, xunto cos nosos profes, saimos a facer unha ruta de senderismo pola contorna do cole para despedir o trimestre...
Aproveitando o día de sol comezamos a ruta. Os maiores do cole sempre acompañan aos máis pequenos e así pasámolo mellor e desfrutamos moitísimo...
E pouqiño a pouco... 
 
Fomos chegando á nos primeira parada na que fixemos un pequeno descanso...
E desfrutamos das vistas... 
Tocaba voltar ao cole así que comezamos de novo a marcha...
Unha deliciosa merenda estaba agardando por nós...
Desfrutamos un montón e despedimos como se merece este 2º trimestre...
Felices Vacacións de Semana Santa!

luns, 14 de abril de 2025

DESPEDIMOS O 2º TRIMESTRE

Despois dun longo trimestre chegou o día de despedirnos, e non se nos ocorreu mellor forma que compartindo unha andaina na que, todo o alumnado e o profesorado, demos un paseo pola contorna do cole, somos afortunados por estar tan ben situados! E despois da andaina compartimos unhas roscas para chupalos dedos.

Tamén houbo ovos de chocolate para todos. A tropa de infantil tivo que buscalos porque o coelliño de Pascua é moi xoguetón e agochounos por todo o patio!


FELICES E MERECIDAS VACACIÓNS!
 DESFRUTADE MOITO E RECARGADE AS PILAS A TOPE!

luns, 25 de marzo de 2024

ANDAINA: BENVIDA PRIMAVERA

Chegou a primavera e quixemos darlle a benvida paseando e desfrutando do fermoso Seixo que está cheiño de vida! Demos un bo paseo, algo máis de 3 quilómetros nos que as aulas maiores axudaron ás peques. Rematamos cunha merenda compartida na carballeira: pasámolo xenial!!
 

domingo, 8 de outubro de 2023

ANDAINA POLO NOSO SEIXO CHEO DE VIDA

Hai un mes que comezamos este novo curso cheos de ganas e ilusión por compartir moitas aprendizaxes e vivencias. 

E celebramos o primeiro mes no cole cunha das actividades que máis nos gustan, que son as que compartimos todos xuntos: dende os máis pequerrechos que acaban de comezar o cole, ata os maiores de 6º. Por iso desfrutamos moito a primeira andaina do curso, na que demos un bo paseo ata o parque da Brea e puidemos comprobar que SEIXO ESTÁ CHEO DE VIDA!!!


E, ademais de desfrutar dunha xornada especial de convivencia, agora temos nas aulas moitos tesouros de outono e moitas landras, que xa vos contaremos para que usaremos!


martes, 18 de xaneiro de 2022

ANDAINA DE 6º

Na primeira andaina dos maiores do cole tivemos un acompañante/guía de luxo: o experto Inxeniero forestal Gaspar, pai de Fuco de 5º, que sempre está dispoñible e con ganas de colaborar.
Con el resolvimos moitas dúbidas e descubrimos moitas cousas interesantes na andaina. Encántanos coñecer os segredos dos bosques que nos rodean!


Observamos cousas que sin el pasaríannos desapercibidas:
  • Parada vexetativa das arbores caducas.
  • Tipos de fentos na ribeira do río Loira: Lingua de cervo (fento con soros linais), fento Real, fento águia, polipodio, cabriña culantrillo negro, polistico, driopteris dilatado...
  • Lique folioso e filamentoso.
  • Froito do Loureiro (parecido a oliva negra arbore).
  • Flores de primavera no outono.
  • Botón de Venus.
  • Bugallo de Carballo.
  • Rascacus para limpar forno de pedra.
...inlcuso vimos plantas do tempo dos dinosaurios, da era terciaria en Seixo!!

Mil grazas Gaspar por compartir tantas cousas con nós e estar sempre disposto a axudar e ensinarnos cousas da natureza.

luns, 25 de outubro de 2021

ANDAINAS DE OUTONO (INFANTIL e 4º)

Continuamos coas andainas dentro do proxecto Voz Natura.
Os nenos e nenas de infantil foron uns campións, sobre todo os de 3 anos, que a un mes de empezar no cole xa se lanzaron a ir de picnic: desfrutaron un montón!!!


Tamén o alumnado de 4º saiu de roteiro para coñecer mellor o contorno do cole, observando a natureza e os cambios do outono, ademais de aproveitar para traballar a seguridade vial.




venres, 15 de outubro de 2021

ARRANCAN AS ANDAINAS!!

 A semana pasada comezamos as andainas que este ano faremos durante todo o curso. O alumnado de 1º, 2º e 3º foi o que inaugurou esta actividade que tanto nos gustou e que xa temos ganas de repetir. 

Este curso entramos dentro do proxecto VOZ NATURA e seguiremos, aínda con máis ganas, facendo cousas polo medio ambiente. Un dos retos das nosas andainas por Seixo é limpar a natureza: e tivemos moito traballo! Levamos unhas mochilas-contedores do máis chulo, e recollemos tanto lixo que quedamos sen bolsas para levalo! Chegamos ao cole con ganas de limpar máis o noso contorno: queremos deixar Seixo relucinte!!