domingo, 31 de maio de 2015

PASEO POLO LAGO DE CASTIÑEIRAS

Para completar a charla que tivemos no cole con Gaspar (o pai de Fuco e Lúa), os da clase de 4 anos e os de 2º ciclo, fixemos unha visita ao Lago de Castiñeiras para ver en directo moitas das cousas das que nos falara.
Primeiro separámonos e fixemos por grupos unha pequena ruta polo Lago. Mentres os de primaria estábamos con Gaspar, os de 4 anos aproveitaron moi ben o tempo. Podedes premer AQUÍ e iredes directos ao seu blog para ver o ben que o pasaron.

Despois xuntámonos para coñecer algunhas mámoas do lago, e rematamos a mañá plantando 6 árbores. Mirade un resumo en fotos.

 

Aquí tendes unha foto de cada un dos equipos que plantamos as árbores, 6 arces que irán medrando e dando sombra no Lago de Castiñeiras.







Damos moitas grazas a Gaspar por ser tan didáctico e divertido, e tamén á Fundación Lago de Castiñeiras (formada por varias catro comunidades de montes de Marín e Vilaboa: Santomé, San Xulián, Vilaboa e Santa Cristina), por organizar esta actividade e subvencionar o autobús que nos levou ata o Lago.

sábado, 30 de maio de 2015

CAMPIONATO DE BADMINTON

O profe Fran, de educación física, organizou un torneo de badminton en parellas durante os recreos. Un gran campionato que todos disfrutamos moito. 





Como vedes, moitos enfrontamentos ata chegar á gran final da que saiu a parella ganadora do torneo...


Noraboa Gabriel e Raúl!!
E como despedida do campionato, os vencedores do torneo xogaron un partido contra dous profes moi deportistas... aquí tendes algunhas imaxes do partido que foi moi axustado!


A victoria foi para Victor e Fran... os veteranos do partido ;)


Grazas profe Fran por adicarnos tempo nos recreos... pasámolo xenial!

domingo, 24 de maio de 2015

ARTISTAS EN ACCIÓN!

Recordades unhas fotos onde pillamos algúns profes facendo algo raro no cole? pois agora tamén pillamos a varios alumnos axudándolles... e seguimos sin saber que estarán tramando!!
Alguén ten algunha pista????



sábado, 23 de maio de 2015

CORRELINGUA 2015

O 13 de maio, unímonos a festa da lingua galega que se celebrou, un ano máis, en Bueu.
Disfrutamos dunha xornada de xogos, música, camiñata... e de moooooooita calor!!
Aquí tendes algunhas fotos que resumen esta xornada.



E un pequeno vídeo con algúns momentos do concerto de Paco Nogueiras e os peques bailando...



As camisetas que lucimos con palabras en galego, son o resultado de poñer unhas camisetas vellas nas masn duns grans artistas. Aquí podedes ver como quedaron algunhas das de infantil:


venres, 22 de maio de 2015

UNHA RECOMENDACIÓN DOS PEQUES

Non vos podedes perder o que os peques de 3 anos nos contan sobre este marabilloso conto. Premede na imaxe e descubriredes porque nos recomendan que o leamos.

martes, 19 de maio de 2015

VISITA DE FINA CASALDERREY AO COLE.

  Nestes días que estamos a conmemorar o Día das letras Galegas, recibimos a visita dunha escritora que nos encanta, Fina Casalderrey. Esta autora galega escribíu moitos libros na súa lingua ,aínda que tamén foron traducidos a todas as linguas de España e tamén a algunha estranxeira coma o chinés ( según nos comentou ela na súa visita).

  E que mellor lugar para falar con ela que na biblioteca! Alí estivo charlando cos alumnos de 5º e 6º sobre a súa vida como lectora e escritora, sobre o libro que limos e tamén dos proxectos nos que está a traballar. A actividade foi moi interesante e os alumnos descubriron moitas cousas preguntándolle.Tras a charla, Fina tivo o detalle de firmarnos e adicarnos os libros e a súa páxina especial para o libro de firmas de autores que nos visitan. Dende aquí queremos agradecerlle a súa visita e os ánimos que nos deu para seguir lendo cada día.

luns, 18 de maio de 2015

UN PLANETARIO NO COLE!

Mirade que cousa mais curiosa e rara apareceu o outro día no noso ximnasio....


Os nenos e nenas de 3º ciclo tiveron a oportunidade de entrar e gozar deste xenial planetario.
Algúns dos afortunados que estiveron dentro cóntannos o que mais lles gustou:

sábado, 16 de maio de 2015

VISITA AO CINE DE SEIXO

Dentro das actividades da semana das letras galegas, cuminamos o último día cunha visita ao cine de Seixo, un dos poucos que quedan en localidades tan pequenas. 
Grazas a gran axuda e subvención da ANPA do noso cole, puidemos ver esta peli tan divertida... en galego!! Pasámolo fenomenal. 


O paseo ata o cine fixémolo con padriños: cada un dos maiores se fixo cargo dun dos peques... encántanos coñecer a outros compañeiros!


xoves, 14 de maio de 2015

PRESUME DE GALEGO

Con motivo do Día das Letras, dende a CGENDL (cordinadora galega dos equipos de normalización) fannos unha proposta: difundir unha mensaxe positiva de orgullo lingüístico que vaia máis alá dunha efeméride puntual coma o 17 de maio.
Trátase de espallar o vídeo "Presume de Galego" polas redes sociais e os teléfonos móbiles até convertelo en campaña viral que chegue sobre todo ao alumnado e á comunidade educativa, mais tamén a toda a sociedade.


O vídeo pode ser compartido nas redes e enviado por medio do correo electrónico, así como ser descargado para mover a través do Whatsapp e outras aplicacións de mensaxería instantánea, nesta páxina:

Contamos con vós para que esta mensaxe non se destrúa automaticamente en cinco segundos.
Contamos con vós para instalar no Sistema un virus positivo, coa lingua na boca e un sorriso nos beizos.
Contamos con vós para que a nosa mensaxe salte por todos os medios a todos os medios.
Contamos con vós porque o 17 de maio non é a meta, senón a liña de saída.
Moito ánimo e grazas unha vez máis por colaborar nesta iniciativa de orgullo colectivo!

mércores, 13 de maio de 2015

MATERIAL SOBRE AS LETRAS GALEGAS 2015

Queremos compartir con todos vos unha recompilación de materiais sobre Filgueira Valverde para o seu uso libre: Apps, carteis, audioguías, propostas didácticas, material funxible, bandas deseñadas...todo a vosa disposición para descarga e/ou visualización.
Premede na imaxe para ir directos á páxina web do CEIP de Laredo aos que agradecemos o seu traballo.
 

martes, 12 de maio de 2015

O NÚMERO 21 DA REVISTA: OLLOS DE AULA

Premede na imaxe para descargar o último número desta revista no que poderedes ler interesantes reflexións sobre o galego, a avaliación de 3º...


Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, as páxinas centrais funcionan a modo dun cartel que convida a realizar as pequenas pero importantes accións que todos e todas podemos facer pola lingua todos os días do ano. 


luns, 11 de maio de 2015

LETRAS GALEGAS 2015: AMBIENTANDO O COLE

Estamos na semana das letras galegas, e montamos, na entrada da biblioteca, unha pequena exposición coa información que nos chegou ao cole sobre o escritor homenaxeado este ano. 


Ademais, polas escaleiras, coa axuda do alumnado, puxemos unhas sinxelas frases sobre Filgueira Valverde para que os nenos lesen algo moi básico sobre a súa vida.


Resulta case imposible subir sen ler os textos!

domingo, 10 de maio de 2015

OS RAPACES DE 6º NA XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL.

Nós tivemos a sorte de poder conducir karts, de facer soar as sirenas e dar ordes coa megafonía dos coches e...ensináronnos como inmovilizan a un sospeitoso dun delito e como poñer as esposas!! ¿Queredes ver algunhas das fotos deste día?
Educación Vial 6º Primaria

sábado, 9 de maio de 2015

OS NENOS E NEAS DE 3º E A EDUCACIÓN VIAL.

Os nenos/as de 3º de Primaria tamén o pasamos en grande neste día. Acodimos ao cole coas nosas bicis e cascos e ademais de aprender a camiñar con seguridade, respectando aos demais condutores e peóns, puidemos aprender como fai Protección Civil para apagar un pequeno lume e, por suposto, fixemos soar as sirenas e dimos avisos cos megáfonos dos coches.
Mirade que ben o pasamos!!!

Educación Vial 3º Primaria. by Slidely Slideshow

venres, 8 de maio de 2015

OS NENOS DE INFANTIL E A SEGURIDADE VIAL.

Por fin!! Aquí tedes unha pequena presentación dos nenos e nenas de 4 e 5 anos na xornada de Educación Vial que tivemos no cole. Ademais de aprender a movernos con seguridade, como peóns e condutores, puidemos aprender como facer para dar avisos e facer que soen as sirenas do coche da Policía Local de Marín. Como nos gustou esa parte...mirade que caras!!!.


xoves, 7 de maio de 2015

EDUCACIÓN VIAL. RECURSOS PARA NENOS E NENAS DE 6 A 11 ANOS.

Recomendámosvos o Recuncho de Lectura da Fundación Mapfre para nenos de 6 a 11 anos, no que podedes descargar algúns dos libros que recomendan.
Ademais teredes xogos, actividades e vídeos; e un enlace a diferentes recursos para nenos e nenas de 3 a 5 anos!


mércores, 6 de maio de 2015

CONTOS, XOGOS, E MOITO MÁIS DE EDUCACIÓN VIAL.

Como sabedes, hai  uns días, tivemos no cole unha xornada de Educación Vial para os nenos de Infantil (4 e 5 anos) e 3º e 6º de Primaria. Aprendimos, xogamos e divertímonos moito e, queremos deixarvos uns enlaces especiais... de Seguridade Vial. 
En Aprende Educación Vial, do Goberno de España e DXT, atoparedes contos, contos audiovisuais, xogos interactivos e actividades que podedes imprimir.
Se premedes na imaxe, iredes directos aos recursos.



Nestoutro enlace, tamén do Ministerio do Interior e da DXT, atoparedes á Ra Renata coa que aprenderedes a moverse con seguridade... co conto "La araña Malena" e diferentes xogos moi divertidos. 
Animádesvos? Premede na imaxe.


Como o conto non se reproduce ben, tédelo aquí...porque non volo podedes perder!!


martes, 5 de maio de 2015

ACROSPORT NO CEIP DE SEIXO

Os nenos/as do terceiro ciclo do Ceip de Seixo estiveron practicando as habilidades do acrosport, e posteriormente decidiron inventar, de forma cooperativa,  unha coreografía empregando os contidos traballados. A experiencia foi moi gratificante para eles, e o máis importante de todo: pasámolo de marabilla!!!
Aquí vos deixamos o resultado:






CANTANDO CANTANDO E COA LINGUA PRACTICANDO

Aquí vos deixamos outra canción do BRINCA VAI de Paco Nogueiras para que sigades practicando para o concerto do correlingua... falta moi pouquiño!!!