Amosando publicacións coa etiqueta campaña recollida alimentos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta campaña recollida alimentos b>. Amosar todas as publicacións
martes, 28 de novembro de 2023
venres, 17 de novembro de 2023
O COLE COLABORARÁ CON ACIMA
Un ano máis, próximas ás datas de Nadal, o Ceip de Seixo vai colaborar coa campaña que ven organizando ACIMA, anos tras ano e xa van once, na recollida de roupa, calzado e xoguetes.
Por aquí vos deixamos toda a información!
ANIMÁDEVOS!
xoves, 2 de febreiro de 2023
IV CARREIRA SOLIDARIA
Seguimos RqueR e por iso este ano celebramos o día da Paz cheo de erres, porque unha R moi importante tamén é Repartir: temos tanto que non hai nada mellor que compartir cos demais.
Por iso festexamos o día da PAZ recollendo alimentos que Cáritas Santomé e AMENAC se encargarán de repartir: xuntamos un montón de galletas e cacao (que é o que nos pediron dende as ONGs).
Fixemos a "IV Carreira Solidaria: corre con Arnaldo" que, por fin, puidemos volver a compartir coas familias e cos veciños da Galiña Azul: eramos un montón!!
Por suposto non gastamos papel nin tinta para facer os dorsais, trouxemos teas vellas e cada un fixo o seu: foi moi divertido e quedaron preciosos! Ademais xa están gardadiños para reutilizar o ano que ven!
Deixámosvos por aquí un vídeo resumen da carreira:
Grazas á colaboración de Supermercados Camar e de Augas San Xinés repartimos auga, froita e iogures a todo o alumnado. Unha vez máis graciñas ás mamás da ANPA que nos axudaron a repartir toda a merenda. Grazas tamén ao Concello de Marín por prestarnos o arco.
mércores, 25 de xaneiro de 2023
IV CARREIRA SOLIDARIA
Que alegría sentimos ao poder anunciar a carreira solidaria deste ano, porque xa non hai restriccións e podemos compartila coas familias, cos veciños da Galiña Azul... que ganas!
Está é unha carreira simbólica na que todos, alumnado, familias e profesorado, correremos pensando nos que nos rodean, nos que teñen menos... e farémolo con ganas de axudar e aportar o noso gran de area.
Grazas á colaboración de Supermercados Camar e de Augas San Xinés repartiremos auga e froita a todo o alumnado. Aproveitamos para avisar que ese día non se venderan bocatas.
Lembrade traer roupa cómoda para desfrutar a tope da actividade!
xoves, 27 de xaneiro de 2022
III CARREIRA SOLIDARIA
Estamos felices e emocionados porque mañá, para conmemorar o día da paz, celebraremos a III Carreira Solidaria: "Corre con Arnaldo".
Está é unha carreira simbólica na que todos, alumnado e profesorado, correremos pensando nos que nos rodean, nos que teñen menos... e farémolo con ganas de axudar e aportar o noso gran de area.
Botaremos en falta ás familias, e esperamos poder correr xuntos en 2023, pero pasarémolo xenial por nós e por vós!
Grazas á colaboración de Supermercados Camar e de Augas San Xinés repartiremos auga e froita a todo o alumnado.
Lembrade traer roupa cómoda para desfrutar a tope da actividade!
venres, 11 de decembro de 2020
SEMANA SOLIDARIA
Moi boas!
Hoxe temos unha cousiña moi importante para todas e todos!
En colaboración co noso Concello pedímosvos axuda para participar na...
Unha acción conxunta entre as ONGs e os centros educativos de Marín, na que, por suposto, o noso cole tamén vai participar!
Unha campaña que vai consistir na recollida de alimentos non perecederos, de produtos de Nadal e de produtos de hixiene e limpeza.
Durante a semana do 14 ao 18 de decembro, poderedes aportar algún produto, e o día 18 ou 21, unha persoa do Concello pasará a recollelo para xuntalo e que as 6 ONGs fagan o reparto, tendo en conta o número de familias ás que axuda cada ONG (COMEDOR BENÉFICO, CÁRITAS, CÁRITAS SANTOMÉ, AYUDA EN ACCIÓN SOR ELVIRA, AMENAC e SOS).
MOITÍSIMAS GRACIAS POLA VOSA AXUDA!
luns, 16 de decembro de 2019
CAMPAÑA UN XOGUETE E UN SORRISO
Hoxe tivo lugar o acto de recollida da
"CAMPAÑA UN XOGUETE UN SORRISO"
O noso granciño de area xa está en marcha: roupa, calzado, xoguetes.... para colaborar nestas datas tan especiais...
Moitísimas gracias!
mércores, 4 de decembro de 2019
CAMPAÑAS RECOLLIDA ALIMENTOS-ROUPA
Hoxe queremos compartir con vós unha noticia moi importante! Un ano máis o noso cole participa nas campañas de recollida de roupa e alimentos de ACIMA e do CONCELLO DEMARÍN!
ACIMA pasará a recoller todo polo noso centro o vindeiro día 16 de decembro mentres que a campaña que leva a cabo o Concello de Marín, polos centros educativos, rematará o vindeiro xoves día 19 de decembro!
Animádevos a colaborar!
martes, 27 de novembro de 2018
CAMPAÑA RECOLLIDA ALIMENTOS
Compañeiros... Hoxe quero compartir con vós unha noticia moi moi importante. Un ano máis está a piques de arrancar unha nova CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS dos coles e entidades do Concello de Marín.
E nos tamén imos participar e colaborar...
Dende o vindeiro luns día 3 de decembro e ata o xoves 20 imos ter a posibilidades de traer alimentos solidarios ao noso cole para colaborar con este campaña tan boa e interesante.
Animádevos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


.jpg)
.jpg)
.jpg)









