mércores, 28 de decembro de 2016

POSTAL DE NADAL DO COLE

Unidos e con moitíiiiiiiisima alegría fixemos esta súper postal en forma de vídeo para desexar a todo o mundo un Bo Nadal e un gran ano 2017.
Desexamos que vos guste e que riades moito con ela!

martes, 27 de decembro de 2016

FESTIVAL NADAL 2016

O último día do trimestre foi moi especial. Quixemos compartir parte da xornada coas familias que invitamos a escoitar as panxoliñas que preparamos coa profe Rosa.
Aquí vos deixamos algunhas fotos de recordo e ao final desta entrada poderedes ver vídeos de todas as actuacións.


Despois do festival de panxoliñas desfrutamos dun rico chocolate con churros preparado pola ANPA... para chupar os dedos!



Grazas aos papás e mamás que traballaron tanto para endulzar este día!



Tamén rematamos a recollida de xoguetes para a campaña solidaria UN XOGUETE, UN SORRISO. Grazas á profe Sandra por animarnos tanto a todos!



E todo o alumnado desfrutou cunha visita moi especial e esperada....



E como sabemos que moitas familias non nos puideron acompañar por estar traballando, aquí tendes vídeos de todas as actuacións para non perder detalle:

OS PEQUES DE INFANTIL: O ABETO



1º E 2º DE PRIMARIA: XA ME TARDAN ESTES MAGOS



3º PRIMARIA: A IRMANDADE DAS ESTRELAS



4º PRIMARIA: UNHA POUCA ROUPIÑA



5º PRIMARIA: MALAIKA AKAWAMBIA



6º PRIMARIA: INSTRUMENTAL NAVIDEÑO



ENGLISH CLASS: 4º PRIMARIA

martes, 20 de decembro de 2016

QUEREDES PROVOCAR SORRISOS????

Como sabedes, estamos participando da campaña: "UN XOGUETE, UN SORRISO" (premede se queredes saber máis).
Xa quedan poucas oportunidades para participar, e se non chegades a tempo ao cole podedes entregalos en Marín.
Aquí vos deixamos un pouco máis de ánimo do noso alumnado....


COÑECENDO MARÍN

Este mes estamos facendo moitas actividades especiais para despedir o ano. Dunha delas foron protagonistas os nenos e nenas de 3º.
Fixeron unha saída para coñecer un pouco máis algúns edificios públicos de Marín.
Pasárono fenomenal, e ninguén mellor que eles mesmos, para contarnos o que fixeron. 
Lucía e Laura son as portavoces que escribiron e narran esta saída tan chula.

luns, 19 de decembro de 2016

ATA PRONTO PROFE DIANA!

Encántanos que o cole non so sexa un centro de educativo para os nenos e nenas, senon que tamén o sexa para os adultos: profes e familias. Pero ademais, de vez en cando, recibimos alumnos en prácticas da universidade, o cal é moi enriquecedor para todos.
O venres despedimos á profe Diana, que fixo as súas prácticas no noso cole.



Ademais de facerse fotos con ela como rocordo do seu paso polo cole de Seixo, quixeron facerlle un cadro moi especial de despedida.



Os nenos e nenas de 5º, que compartiron con Diana a súa última hora no cole, ilustran o desexo de todos: mandarlle unha forte aperta ata que volva!



Ata pronto profe Diana, esperamos que aprendeses moito no teu paso por Seixo: volve pronto!

xoves, 15 de decembro de 2016

IDEAS PARA OS ADORNOS DE NADAL


Hoxe pedimos a vosa colaboración para decorar as árbores de nadal do cole, e aquí vos deixamos algunhas ideas que nos parecen sinxelas (premendo nas fotos hai máis información de cada unha).
Son adornos feitos con material de refugallo, con cousas naturais ou con materiais que podedes ter pola casa... so son algunhas ideas, seguro que na vosa imaxinación hai moitas ou senon pola rede hai un montón de ideas. 




















Un debuxo navideño coloreado tamén queda fenomenal!


Con pompóns: que os nosos alumnos son uns expertos!


Estamos desexando ver as vosas obras de arte!

domingo, 11 de decembro de 2016

A CÉLULA VEXETAL: MAQUETA

Os nenos e nenas de 5º están aprendendo moito sobre a célula vexetal.
Unha das tarefas que realizaron foi unha maqueta para poder aprender investigando, manipulando e creando.
Quixeron compartir con todos nós como as fixeron, e por iso montaron este pequeno titorial: por si alguén se anima ;)
Estade atentos porque seguirán contándonos máis sobre a célula vexetal.


Grazas a Pablo e a David por ese comezo de vídeo tan divertido!!

sábado, 10 de decembro de 2016

IDEAS PARA FACER O MELLOR AGASALLO POLO NADAL!

Todo o alumnado do cole levou para casa unha guía elaborada pola coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo (da que nos sentimos afortunados de formar parte, porque o traballo en equipo é moito máis enriquecedor). 

Queremos mandar un monte de bicos e apertas a Leandro Lamas pola súa xenerosidade cedéndonos a preciosa ilustración que da vida e cor ás guías. 

Aquí vos deixamos todas as suxerencias para que este Nadal as casas se enchan de cultura en galego!
.

O obxectivo é, un ano máis, facer chegar ás familias e a toda a comunidade educativa, suxerencias de lecturas e música para todas as idades. As guías están cheas de novidades e reedicións en lingua galega, ademais non nos quixemos esquecer de poñer algo de Carlos Casares, o autor homenaxeado nas letras galegas 2017, e de Agustín Fernández Paz, todo un referente e un exemplo en moitas facetas, que nos deixou este ano.

Se queredes ver en detalle a guía de INFANTIL:


A de PRIMARIA:

A de SECUNDARIA:

xoves, 1 de decembro de 2016

OS ARTISTAS DE 3º

Os nenos e nenas de 3º están feitos uns artistas, e despois de moito traballo remataron uns móbiles moi chulos e vistosos: mirade que bonitos! Noraboa a todos polo voso traballo. 





martes, 29 de novembro de 2016

O PAPAGAIO: XORNAL PARA NENOS NA BIBLIOTECA

O Grúfalo da nosa biblio ven presenta unha novidade nos estantes da biblioteca: o xornal O PAPAGAIO.
É un novo xornal en papel, pensado especialmente para nenos e nenas de Primaria e Secundaria. Cada ano desfrutaremos de 10 números deste vistoso xornal que nos encanta porque esta escrito integramente en galego e coas súas páxinas a toda cor.


Edicións moito conto publica este xornal con temas de actualidade centrado especialmente en: ciencia, tecnoloxía, ecoloxía, historia, arte, cultura, integración e banda deseñada. 
No xornal colaboran varios científicos, expertos en arte... e proporán experimentos e actividades practicas que poderemos facer os lectores do xornal.
Se premedes nesta imaxe poderedes ler algo máis sobre o contido do xornal.


Mirade o anuncio do primeiro número:

Se premedes na portada do número 1 poderedes lelo:



Xa temos os números 1 e 2 na biblio, pasade a velos... tamén os podedes levar para casa!

xoves, 24 de novembro de 2016

martes, 22 de novembro de 2016

APLICANDO PLICKERS NA AULA DE 5º

Na nosa páxina de FACEBOOK (preme se queres acceder directamente) preguntamos se alguén sabía que estábamos facendo os de 5º...



Pois moi fácil: estábamos facendo un control con Plickers!



Si, si... de verdade: estábamos contestando a diferentes preguntas!



Na pizarra dixital podíamos ler as cuestións que preparou a profe Charo, e despois tocounos pensar...



...cando decidimos a correcta cada un coloca o seu código coa resposta correspondente hacia arriba...



...a profe escanea todas as respostas e xa pode ver quen contesta ben e quen se equivoca... 



...e... tachán: control listo!


Xa probamos con naturais e con lingua... motivador e moi practico para o alumnado e para o profesorado!