Amosando publicacións coa etiqueta colaboracion asociacions. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta colaboracion asociacions. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de maio de 2026

A POLICÍA NACIONAL DE MARÍN VISITA O NOSO COLE

O pasado venres, as nenas e nenos de 3º e 4º de primaria, tivemos a sorte de poder participar nunha actividade organizada pola Policía Nacional da Comisaría de Marín...
EXPOSICIÓN 
DE VEHÍCULO OFICIAL E EFECTOS
Contáronnos moreas de cousas e aprendemos un montón...
Puidemos facer moreas de preguntas e resolver moitas dúbidas...
Entregáronnos pegatinas e un carnet de Policía Infantil...
 Grazas axentes! Ata outra!

mércores, 25 de marzo de 2026

DÍA NACIONAL DO TRANSPLANTE

No Ceip de Seixo celebramos hoxe o Día Nacional do Transplante...
Da man da Asociación HePA (Asociación Española de Ayuda a Niños con Enfermedades Hepáticas y Transplantados Hepáticos) quixémonos unir á campaña "ENSEÑA TUS COSTURAS" para entre todas e todos dar visibilidade ao transplante pediátrico...
Un día no que queremos celebrar a vida e dar as gracias... Agradecer a todas e todos os profesionais sanitarios que fan posible que miles de persoas teñan unha segunda oportunidade de vida grazas ás donacións e aos transplantes de órganos..
España é lider mundial neste ámbito e cada ano realízanse miles de transplantes que cambian vidas.
Detrás de cada transplante hai persoas que poden seguir contando a súa historia. E cada unha e un deles teñen unha cicatriz como recordo dese triunfo, unha "costura" que lles devolveu a vida.
Por iso no cole de Seixo todas e todos quixemos ensinar as costuras da nosa roupa como símbolo desas cicatrices que representan a vida, a esperanza e as segundas oportunidades...
3 ANOS
4 ANOS
5 ANOS
1º PRIMARIA
2º PRIMARIA
3º PRIMARIA
4º PRIMARIA
5º PRIMARIA
6º PRIMARIA 
O COLE DE SEIXO
NO DÍA NACIONAL DO TRANSPLANTE ENSINA AS SÚAS COSTURAS 
POLO TRANSPLANTE PEDIÁTRICO

mércores, 18 de marzo de 2026

VII CARREIRA SOLIDARIA CORRE CON ARNALDO

E por fin (coa chegada do bo tempo) puidemos facer, con motivo da celebración do Día da Paz en Seixo, a...
VII CARREIRA SOLIDARIA
CORRE CON ARNALDO

Unha carreira que naceu cun claro fin benéfico: colaborar con Cáritas Santomé e Amenac Marín para aportar o noso granciño de area na labor tan importante que fan estas asociacións na nosa parroquia e noso Concello.
Todas as nenas e nenos do cole foron participando no percorrido establecido...

Dende os máis pequenos...

 

contando tamén coa participación dos nosos veciños da Galiña Azul de Seixo...
ata chegar aos máis maiores do cole...




 
 

Antes de rematar houbo unha carreira conxunta na que puideron participar todas as nenas e nenos que aínda tiñan ganas de máis...

Tivemos a ocasión de poder recuperar enerxías e de compartir unha merenda todas e todos xuntos.
Os de 6º de primaria foron os encargados de facer entrega dos productos ás presidentas das Asociacións...

venres, 30 de maio de 2025

ARGALLANDO SABROSOS PRATOS COAS PLANTAS DE BIOMISIÓN

 Como colofón final do proxecto de BIOMISIÓN que este curso argallou o alumnado de 5º de primaria coa MBG-CSIC de Pontevedra, imos probar as nosas plantas moi ben cociñadas.

Neste proxecto que se basa na investigación e transferencia de coñecementos tivemos un tercer grupo implicado: o alumnado e profesorado do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, que nos preparou un delicioso menú degustación.

Por suposto, aproveitamos para dar un pequeno paseo por Pontevedra e o seu mercado municipal.

luns, 14 de outubro de 2024

BIOMISIÓN: 5º DE PRIMARIA

Da man da Misión Biolóxica de Galicia (MBG-CSIC), un centro de investigación no ámbito das ciencias agrarias, forestais e ambientais radicado en Pontevedra e Santiago, as nenas e nenos de 5º de primaria do noso cole van participar no proxecto...
Ciencia para cultivar o futuro 
BIOMISÓN é unha iniciativa de divulgación científica para aprender sobre as sementes, sobre o seu cultivo e sobre o seu uso na cociña.
O proxecto contará con tres fases: investigación, transferencia e congreso.
Agora mesmo as nenas e nenos de 5º de primaria estivemos preparando as hortas para poder comezar co proxecto.
Retirada de malas herbas e prantas que quedaron dos cultivos do curso pasado e recheado dos bancais con terra e abono para comezar a nosa BIOMISIÓN.
Argallando andamos! 
Continuaremos informándovos!

xoves, 16 de maio de 2024

PHO3NIX NO CEIP DE SEIXO

O martes 14 de maio o alumnado de EDUCACIÓN PRIMARIA do CEIP de Seixo-Marín realizou unha xornada de PHO3NIX , sobre a Promoción da Actividade Física e os Hábitos Saudables en idade escolar. O alumnado recibiu unha pequena charla sobre estes aspectos e despois realizou unha parte práctica en varias estacións para ver diferentes cualidades físicas.

Aquí un resume da actividade....

venres, 26 de abril de 2024

BALONMAN- ABRIL 2024

Segunda sesión no cole de Seixo para o alumnado de 4º e 6º de primaria, martes 16 de abril, e para os grupos de 2º, 3º e 5º de primaria, o mércores 24 de abril, grazas ao Bueu Atlético Balonman.

Deixamos aquí unha pequena mostra das sesións realizadas polo alumnado.


martes, 23 de xaneiro de 2024

VISITA DEPORTIVA AO CEIP de SEIXO-MARÍN

O CEIP de SEIXO, o martes 16 e mércores 17 de xaneiro, recibiu a  visita do Club BUEU ATLÉTICO BALONMÁN. O alumnado de 2ºEP, 3ºEP, 4ºEP, 5ºEP e 6ºEP, a través de tres integrantes do clube, realizaron unha primeira toma de contacto co seu deporte, o balonmán. 
A continuación, deixamos un vídeo onde amosamos unha pequena parte das sesións tan dinámicas e divertidas coas que nos motivaron para empezar a practicar o Balonmán.
Moitas grazas pola visita e ata outra.


domingo, 13 de febreiro de 2022

NO DÍA DA RADIO: UNHA NOTICIA DE ALCANCE

Un ano máis, polo día da radio, o noso cole de Seixo qeuixo participar coa iniciativa de REDE ESPORA preparando unha actividade entre os centros de Galicia coa temática...

CONFIANZA NO XORNALISMO RADIOFÓNICO

As nenas e nenos de 6º de primaria, dende A VOZ DE ARNALDO, estivemos gravando unha noticia falsa pero verosímil como se dunha nova dun noticiario se tratase. Por aquí vos deixamos a noticia que escollemos...

E a continuación o traballo que preparamos para participar na actividade conxunta...
Rede Espora foi a encargada de elaborar o traballo final para celebrar o...
DÍA MUNDIAL DA RADIO
Por aquí vos deixamos a montaxe con todos os centros de Galicia que participamos, non volo perdades!
PICADE NA IMAXE

venres, 23 de abril de 2021

CAMPAÑA SOLIDARIA

Dende o Cole de Seixo estamos encantados de participar un ano máis na...
CAMPAÑA DE RECOLLIDA 
DE ROUPA, CALZADO E XOGUETES

Unha iniciativa de ACIMA (Asociación de Comercio e Industria de Marín) na que se pretende conseguir roupa, calzado e xoguetes que xa non lle deades uso nas vosas casas.
O día 20 de maio de 2021 será o día no que se faga a recollida no noso cole.
Ata entón, se tendes a oportunidade, non deixedes de colaborar con aquilo que poidades!
Graciñas!

venres, 11 de decembro de 2020

SEMANA SOLIDARIA

Moi boas! 
Hoxe temos unha cousiña moi importante para todas e todos!
En colaboración co noso Concello pedímosvos axuda para participar na...
Unha acción conxunta entre as ONGs e os centros educativos de Marín, na que, por suposto, o noso cole tamén vai participar!
Unha campaña que vai consistir na recollida de alimentos non perecederos, de produtos de Nadal e de produtos de hixiene e limpeza.
Durante a semana do 14 ao 18 de decembro, poderedes aportar algún produto, e o día 18 ou 21, unha persoa do Concello pasará a recollelo para xuntalo e que as 6 ONGs fagan o reparto, tendo en conta o número de familias ás que axuda cada ONG (COMEDOR BENÉFICO, CÁRITAS, CÁRITAS SANTOMÉ, AYUDA EN ACCIÓN SOR ELVIRA, AMENAC e SOS).
MOITÍSIMAS GRACIAS POLA VOSA AXUDA!