Amosando publicacións coa etiqueta teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta teatro. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de outubro de 2025

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

No cole de Seixo, celebramos no día de hoxe...
O DÍA DA BIBLIOTECAS

Puidemos contar coa actuación de TARABELOS que representou para todas e todos nós...

SABELA E O PAXARO MÁXICO


A continuación presentamos ás nosas bibliotecarias e bibliotecarios que voluntariamente, e sacrificando moitos recreos, van axudar na casa de Arnaldo (A nosa Biblio) para que todo funcione moitísimo mellor. Por aquí vos deixamos unha fotiño...


Fíxose entrega dos carnets de usuarias e usuarios...


Da man das nenas e nenos de 6º de infantil puidemos desfrutar dunha representación de teatro moi pero que moi especial e divertida...

 
E para rematar entregamos as mochilas viaxeiras para que comecen a viaxar por todos os fogares das nosas familias...
 

Unha xornada moi pero que moi divertida para festexar o DÍA DAS BIBLIOTECAS...
O DÍA DA NOSA BIBLIOTECA

venres, 17 de outubro de 2025

MAXIA EN SEIXO

 O pasado xoves 9 de outubro tivemos unha visita moi especial, o mago RÁFERTY, dende Guadalajara, chegou ao cole de Seixo para contarnos a historia de Argus, o duende da biblioteca.


Mostrounos unha morea de trucos de Maxia nos que tivemos que axudar ao duende e superar retos para salvar a biblioteca... Ademais ao rematar agasallou a todos os nenos e nenas co conto de Argus e como salvou a biblioteca.
Pasámolo xenial!














venres, 25 de outubro de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2024

O día das bibliotecas sempre é un día moi especial no cole, porque o equipo de voluntariado da biblioteca sempre nos ten preparado algo especial, e este ano deixáronnos coa boca aberta. Representaron unha obra que prepararon dende 0: guión, vestiarios, escenario, aterezo... Ensaiaron moito e traballaron un montón, o cal se notou porque o resultado foi fantástico. Conseguiron ternos a todo o alumnado e o profesorado pasmados e alucinando. Parabéns por un traballo fantástico!


Tamén é un día especial porque poñemos en marcha as mochilas viaxeiras, que vas para as casas cargadiñas de lecturas, xogos... desfrutádeas!!!




xoves, 15 de xuño de 2023

CORRE CORRE CABACIÑA (Adaptación)

O alumnado de 2º de primaria representou para os seus compis unha pequena obra teatral a partir do conto "Corre corre Cabaciña". Aínda que tivemos algúns problemas coa gravación, quixemos poñer aquí o resultado da segunda función. Esperamos que vos guste.

xoves, 23 de xaneiro de 2020

UNBOXING ALICE

Esta semana as nenas e nenos de 5º tiveron unha saída ao Teatro Afundación de Abanca en Pontevedra para participar na obra de teatro ... 
"UNBOXING ALICE"
Unha viaxe con moito humor na que nos desvelaron a verdadeira historia de Alice...
Unha experiencia moi práctica e divertida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarse en inglés.
Unha compañeira nosa participou como actriz... Deixámosvos por aquí algunhas fotiños a ver si adiviñades de que se trata! Fíxoo estupendamente!



Pasámolo moi ben e desfrutamos moito!

mércores, 9 de maio de 2018

LEONARDO E OS FONTANEIROS NO TEATRO

Xunto con nenos e nenas de outros centros de Marín, o alumnado de 5º e 6º desprazouse ao CEIP Carballal para ver unha obra de teatro.


Tratouse dunha representación dun libro imaxinativo, divertido e cheo de sorpresas: "Leonardo e os fontaneiros", unha das obras de Mª Victoria Moreno, a autora homenaxeada este ano nas letras galegas. 


A adaptación foi realizada pola compañía Ubú Teatro e producida pola Editorial Galaxia. 


A representación combina técnicas como a narración oral, a dramatización e o teatro de sombras con siluetas, deixando sempre lugar á improvisación e a interacción co público. 

O texto adaptado baséase en flashbacks mediante os que van construíndo a historia de Antón e Begoña, dous compañeiros de clase que lembran, xa maiores, as aventuras do seu último ano de colexio.



A obra está narrada polo protagonista, Antón, e Begoña, unha compañeira de clase, que lembran, xa de maiores, as aventuras acontecidas no seu último ano de colexio.


Algunhas veces interactúan entre eles e outras o fío condutor é o diálogo de Antón co can, Leonardo, un can da rúa ao que coida como se fose seu.





xoves, 23 de novembro de 2017

TEATRO EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25-N, como cada ano, organízanse dende o Concello de Marín actividades para traballar a educación en valores dende a perspectiva igualitaria.


Os contos son valiosos transmisores de cultura e valores, por iso son fantásticos para traballar a creación de modelos que rexeitan os estereotipos que nos inculca a sociedade patriarcal. 


Por medio do concello, a compañía de teatro "Teatro piollo", de xira polos coles de Marín, estivo en Seixo para facernos pensar e contarnos unha historia sobre violencia de xénero, coeducación e convivencia.

Unha princesa que non quería ser princesa, un dragón que en realidade non quería ser terrible, un cabaleiro que non quería loitar.... foron algúns dos ingredientes desta historia. 



Todo o alumnado do cole, dende os máis peques aos máis maiores, nos reunimos para ver esta representación nesta semana na que reflexionamos especialmente sobre a violencia de xénero. 



Por aquí vos deixamos algunhas fotos de recordo deste día. 










Oxalá que o aprendido nesta obra, e nas lecturas, reflexións e traballos de aula nas titorías, teña valor e significado para todos os nenos e nenas do cole que son o presente e o futuro dunha sociedade que desexamos viva en paz.