Amosando publicacións coa etiqueta PDI 2014/15: o mar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI 2014/15: o mar. Amosar todas as publicacións

domingo, 5 de xullo de 2015

DO MAR Á MESA

Os nenos e nenas de 6º, dentro do proxecto do mar que traballamos en cunxunto no cole, fixeron un proxecto de aula moi interesante: DO MAR Á MESA. 
Se premedes na imaxe do seu mural, poderedes descargar unha presentación que, con axuda do seu titor Goyo, eles mesmos montaron para resumir a súa completa investigación. 
NORABOA A TODOS!

mércores, 1 de xullo de 2015

BARXILÓN NO MAR DO LATÓN

A última semana de xuño recibimos un regalo moi especial. Dende o IES As Barxas mandáronnos un precioso libro.
Barxilon é un conto dun peixe, por iso loce tanto na nosa exposición do PDI do mar.


O proxecto "Barxas emprende: creación dunha editorial", fainos ver a importancia do traballo en equipo e da lectura, sobre todo coa presentación do libro "Barxilón non mar do Latón".


Premede na imaxe se queredes saber mais desta editorial "especializada na elaboración e difusión de libros ilustrados para nenos, realizados totalmente por alumnos. Libros entendidos como pequenas obras de arte, nos que primarán as ilustracións de gran calidade, o deseño e realización de actividades de animación á lectura, a música e as novas tecnoloxías."


Os estudantes do IES As Barxas contaron coa colaboración dos centros educativos IES Sánchez Cantón, de Pontevedra, IES Xulián Magariños, de Negreira, CEIP A Rúa, de Cangas e CEIP Espiñeira, de Aldán, neste fantástico proxecto presentado o 10 de este mes. Premede na imaxe para ir á web de Barxilón.


Os nosos alumnos non puideron ver o libro porque xa remataran as clases, pero Arnaldo, a nosa mascota, non quixo irse de vacacións sen facerse algunhas fotos con el.
  

Estamos desexando que chegue setembro e ensinarllo a todos os que visiten a biblioteca.


Parabén a todos os compañeiros por este fantástico conto e ánimo con este proxecto... estamos desexando ver máis libros!

venres, 19 de xuño de 2015

DESPEDIDA MARIÑEIRA DO CURSO 2014-2015

Non podíamos despedir este curso de outro xeito que cantando cancións mariñeiras. Gracias á profe Rosa por traballar tanto con nos e por ser tan paciente e marchosa!!

Os de infantil cantaron: GLU, GLU, GLU

Os de 1º ciclo: A VIDA DO MAR

2º ciclo cantou: O MAR DE SEIXO

Os de 5º A e B compartiron pezas mariñeiras cos instrumentos

Os de 6º tocaron coas flautas a música principal de PIRATAS DO CARIBE
Queredes escoitalos? Aquí tedes uns segundos de cada actuación...

venres, 12 de xuño de 2015

EXPOSICIÓN PDI: O MAR

Despois de todo un curso traballando sobre o mar, con diferentes proxectos de aula, estamos moi felices e orgullosos de pechar o curso invitando a toda a comunidade educativa a visitar a nosa exposición sobre o mar. Nela mostramos parte do aprendido en cada curso e con cada proxecto.
Estades todos convidados!!!