Amosando publicacións coa etiqueta curso 2017/18. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curso 2017/18. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de outubro de 2018

AS ÁRBORES DO COLE

Seguimos recordando actividades do curso pasado, algunhas daa cales, coma esta, non serían posibles sen a colaboración das familias.
Nesta ocasión os nenos e nenas de 1º e 2º recibiron a visita de Uxía, a mamá de Lúa e Fuco.
Ela sabe moito de árbores, de plantas... é unha amante da natureza que o contaxía en todo o que di.
Ensinounos as árbores do cole aproveitando que temos un patio precioso e moi variado. Nos fixamos especialmente nas follas que son moi diferentes. Con moito coidado fixemos unha recollida de follas diferentes que despois clasificamos, debuxamos e identificamos a que árbore pertencían. Ademais aprendermos a secar as follas para facer un herbario. 
Grazas Uxía, unha vez máis, por compartir tantas cousas interesantes con nós.
Somos moi afortunados coas familias que temos... e nos encanta aprender cousas novas, así que animádevos: estades todos convidados a visitarnos!!

 

xoves, 4 de outubro de 2018

CONVIVENCIA CON ARDÁN XUÑO 2018

Como cada ano, o curso pasado, o alumnado de 5º e 6º despedimos xuño cos compis do CEIP Ardán. Esta convivencia é unha fermosa tradición que levamos anos facendo e que nos encanta, porque despois moitos coincidimos no IES. 
O curso pasado tocunos a nos ir ata Ardán, e dimos un bonito paseo nun día fermoso e soleado. Alí nos esperaban os nenos e nenas de Ardán cos que compartimos unha fermosa mañá.
Primeriro un dos seus profes nos ensinou unha exposición na que había moitísimos obxectos que el recopilara ao longo de moitos anos nas súas viaxes por todo o mundo. Era unha pasada, había de todo: máscaras, armas, tótems, utensilios diversos... alucinamos! 
Despois nos invitaron a merendar e compartimos un tempo de xogos populares antes de volver de ruta ata o noso cole. 
Grazas pola vosa hospitalidade, este curso vos esperamos en Seixo!


PRIMEIROS AUXILIOS CO ALUMNADO

Todas as familias son únicas e especiais e teñen cousas moi interesantes que compartir co alumnado. Encántanos cando recibimos visitas coma esta nas que todos aprendemos un montón. 



Durante o curso pasado visitounos Toño, o papá de Toño e Pablo (xa son os dous antigos alumnos do cole). 


Toño é médico do 061 e tamén médico do super clube de baloncesto de Marín: o Peixefresco Marín. 


Non é a primeira vez que nos visita, e estamos moi agradecidos pola súa disposición e por compartir cos profes e alumnos cousas tan importantes e necesarias como son os primeiros auxilios que debemos prestar en caso de accidente.



Os profes xa tiveran a súa sesión con Toño (podedes lembralo premendo AQUÍ) pero esta vez tocoulle aos nenos e nenas de 5º e 6º.



Aprenderon cousas moi interesantes e importantes da mellor maneira que se pode aprender: practicando!!



Grazas aos bonecos que trouxo Toño todos puideron practicar o RCP: masaxes e respiración. 


Mil grazas unha vez máis a Toño pola súa simpatía e por estar sempre disposto a buscar un sitio na súa axenda para visitarnos. 



Aquí vos deixamos máis fotos para que vexades o ben que o fixeron e o interesados que estaban.









luns, 24 de setembro de 2018

BIBLIOTECA DE ADULTOS

Rocío e Elena lucen felices os seus carnets da biblioteca. Elas foron as primeiras en facer o carné da biblio de adultos que está en marcha dende o curso pasado. Alí podedes coller libros, revistas (como por exemplo a revista PRINCIPIA para adultos), cds de música (Xavier Díaz, Xoel López, Iván Ferreiro, Sumrrá....) ... e esperamos que, pouco a pouco, co voso apoio, a sección de adultos vaia medrando. 


Dentro de moi pouquiño inauguraremos a biblioteca así que animamos a todos os papás, mamás, avós... a sacar o carné e animarse e a coller libros, revistas, música... cando nos visiten os martes ou xoves polas tardes.

mércores, 4 de xullo de 2018

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO

O Proxecto Deportivo de Centro, para o alumnado de Educación Primaria do CEIP de Seixo , en imaxes.


No mes de outubro os nenos e nenas de primeiro e segundo de educación primaria

Loita Olímpica alumnado de 1º,2º e 3º de Educación Primaria:



Loita Olímpica alumnado de 1º,2º e 3º de Educación Primaria:



Actividade de Remo Indoor realizada polo alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.


REMO INDOOR 5º E 6º


Competición escolar para centros educativos de Marin de Remo Indoor, no pavillón do Sequelo no mes de novembro de 2018.

REMO INDOOR 2017


No mes de novembro, durante o tempo de recreo, o alumnado de primaria tivo a opción de utilizar os xogos populares do centro como alternativa ao fútbol. O alumnado de 4º de EP era o encargado, a través de diferentes grupos, de explicar cómo se xoga, sacar e recoller o material.


Xogos Populares


Primeiro Encontro Intercentros de Marín- Xaneiro 18- CEIP do Carballal- 5º EP


Primeiro Encontro Intercentros Marin- 5º EP


O alumnado de 4º  de EP asistiu á Xornada de Xogaloita celebrada no CGTD de Pontevedra, xunto a outros centros educativos da contorna. FEBREIRO 2018.


XOGALOITA CGTD


Segundo Encontro Intercentros de Marín- Abril 18- CEP do Sequelo- 6º EP.


SEGUNDO ENCONTRO INTERCENTROS MARIN 6º EP


O alumnado de 5º de Educación Primaria asistiu a unha xornada de Atletismo en Pista no CGTD- Pontevedra xunto a outros centros de Marín e Pontevedra. Abril 2018.

luns, 2 de xullo de 2018

1º E 2º EN APÍPOLIS

Como excursión de fin de curso, os nenos e nenas de 1º e 2º visitaron Apípolis. Ademais de aprender moito sobre as abellas tiveron tempo de xogar, de facer obradoiros... incluso de vestirse de apicultores! Mirade que ben o pasaron.

sábado, 30 de xuño de 2018

DESPEDIDAS DAS QUE DEIXAN PEGADA!

Este ano tivemos unha despedida do curso moooooi musical (podedes vela premendo AQUÍ). 


Foi xenial poder compartila coas familias do noso alumnado e ter un día de festa todos xuntos. 



Aínda que tivemos un día caluroso, conseguimos un rinconciño á sombra que nos permitiu desfrutar un montón. 



Pero ademais de ser unha despedida moi musical, foi unha despedida moi, moi, moi, pero que moi emotiva... porque non todos os anos se despide a tres profes... tres persoas fantásticas que levan media vida adicando o seu traballo e ilusión como mestres ao cole de Seixo. 



Kati, Goyo e Charo, todas as palabras do dicionario se quedarían cortas para agradecer tantas cousas, para recordar tantos momentos, para expresar a alegría que sentimos sabendo que vos chega a hora de desfrutar do merecido descanso... pero tamén a pena que sentimos pensando no baleiro que queda no cole sen vós. Moitos dos papás e mamás do cole foron alumnos seus e seguro que entenden o que sentimos. 


Kati, despídese despois de 31 anos no colexio, moitos deles como directora facilitando o traballo de tantos mestres que tiveron a sorte de traballar en Seixo. Di adeus con esa marabillosa sonrisa que acompañou e contaxiou a tantos nenos e nenas durante estes anos. 



O útimo grupo da súa titoria, os nenos e nenas de 4º, sorprendérona cun montón de sorpresas, incluido un baile, e con moitos agasallos. Seguro que Kati nunca olvidará as palabras tan fermosas que o seu alumnado tivo para ela como despedida... aquí vos deixamos unha pequena mostra. 



Goyo, 28 anos traballando duro no cole por e para cada alumno e alumna que pasou polas súas mans. 22 deses anos coordinando un duro traballo na biblioteca a cal vimos medrar e evolucionar hasta ser a marabillosa casa de Arnaldo que agora temos... que gran herencia nos queda!! 



O seu último grupo, os nenos e nenas de 5º, quixeron sorprendelo con moitos agasallos e sorpresas moi merecidas, como agradecemento ao seu traballo e ao coidado e atencións con cada un durante este curso. 



Charo, despois de 28 anos no cole, moitos como secretaria e compañeira de Goyo na coordinación da biblioteca, despídese feliz vendo como Arnaldo ten unha casa máis bonita que nunca, chea de libros marabillosos e árbores autóctonas. 



O seu último grupo coñece moi ben a Charo, e ela a eles, xa que tiveron a sorte de tela 4 anos como titora, e con ela aprenderon e desfrutaron de moitas aventuras e experiencias que non saen nos libros de texto. 



Kati, gracias por tanto, nunca te olvidaremos.

Goyo, gracias por tanto, nunca te olvidaremos. 


Charo, gracias por tanto, nunca te olvidaremos. 


Xa vos botamos de menos, así que non deixedes de visitarnos... e desfrutade moito desta nova etapa tan merecida á que chegades con tanta enerxía e vitalidade. Deixades unha pegada desas que nunca se borran. 

xoves, 28 de xuño de 2018

5º NA FESTA DO SABER: A RADIO

Dentro do proxecto do cole, no que este ano nos centramos nos moitos recursos que nos ofrece Arnaldo dende a biblioteca, o alumnado de 5º traballou sobre a radio e fixeron un traballo fantástico e moi completo. 



Na festa do saber presentaron aos compañeiros e ás familias parte do que investigaron e prepararon. 



Tamén expuxeron unhas maquetas moi chulas que fixeron eles mesmos, algunhas das cales pasaran a formar parte da emisora do cole...



Prepararon unha presentación que resumía todo o que aprenderon da radio e a súa historia. 



Ademais, durante o curso fixeron un montón de entrevistas moi interesantes que forman parte do seu proxecto. Podedes escoitalas premendo AQUÍ



E para rematar compartiron un programa radiofónico en directo que fixo as delicias de todos os espectadores: noticias, chistes, publicidade, imitacións... non faltou detalle! Ao final desta entrada vos deixamos un vídeo, que aínda que non é como velo en directo, seguro que vos fai pasar un bo rato. 






e

4º NA FESTA DO SABER: A HISTORIA DOS ORDENADORES

Durante este curso, os nenos e nenas de 4º centráronse noutro recurso da biblioteca: os ordenadores. Na Festa do saber fixeron unha presentación moi interesante sobre a historia dos ordenadores na que descubrimos, entre outras cousas, que o primeiro ordenador que existiu ocupaba toda unha habitación: alucinamos!!!









3º NA FESTA DO SABER: INVESTIGADORES E INVENTOS

Os nenos e nenas de 3º investigaron sobre os inventos e as máquinas. Premede na imaxe para ver no blog da profe María José o resultado do seu traballo. 


2º NA FESTA DO SABER: O KAMISHIBAI

Esta tropa de artistas, son os nenas e nenos de 2º que investigaron sobre o Kamishibai e compartiron o que descubriron cos compis e coas súas familias. Ademais de contar cousas moi interesantes sobre este antigo teatro de papel inventado en Xapón, representaron un conto, ilustrado por eles mesmos, utilizando esta técnica teatral. Un traballo xenial! Aquí tendes algunhas fotos que o demostran.