sábado, 30 de xuño de 2018

DESPEDIDAS DAS QUE DEIXAN PEGADA!

Este ano tivemos unha despedida do curso moooooi musical (podedes vela premendo AQUÍ). 


Foi xenial poder compartila coas familias do noso alumnado e ter un día de festa todos xuntos. 



Aínda que tivemos un día caluroso, conseguimos un rinconciño á sombra que nos permitiu desfrutar un montón. 



Pero ademais de ser unha despedida moi musical, foi unha despedida moi, moi, moi, pero que moi emotiva... porque non todos os anos se despide a tres profes... tres persoas fantásticas que levan media vida adicando o seu traballo e ilusión como mestres ao cole de Seixo. 



Kati, Goyo e Charo, todas as palabras do dicionario se quedarían cortas para agradecer tantas cousas, para recordar tantos momentos, para expresar a alegría que sentimos sabendo que vos chega a hora de desfrutar do merecido descanso... pero tamén a pena que sentimos pensando no baleiro que queda no cole sen vós. Moitos dos papás e mamás do cole foron alumnos seus e seguro que entenden o que sentimos. 


Kati, despídese despois de 31 anos no colexio, moitos deles como directora facilitando o traballo de tantos mestres que tiveron a sorte de traballar en Seixo. Di adeus con esa marabillosa sonrisa que acompañou e contaxiou a tantos nenos e nenas durante estes anos. 



O útimo grupo da súa titoria, os nenos e nenas de 4º, sorprendérona cun montón de sorpresas, incluido un baile, e con moitos agasallos. Seguro que Kati nunca olvidará as palabras tan fermosas que o seu alumnado tivo para ela como despedida... aquí vos deixamos unha pequena mostra. 



Goyo, 28 anos traballando duro no cole por e para cada alumno e alumna que pasou polas súas mans. 22 deses anos coordinando un duro traballo na biblioteca a cal vimos medrar e evolucionar hasta ser a marabillosa casa de Arnaldo que agora temos... que gran herencia nos queda!! 



O seu último grupo, os nenos e nenas de 5º, quixeron sorprendelo con moitos agasallos e sorpresas moi merecidas, como agradecemento ao seu traballo e ao coidado e atencións con cada un durante este curso. 



Charo, despois de 28 anos no cole, moitos como secretaria e compañeira de Goyo na coordinación da biblioteca, despídese feliz vendo como Arnaldo ten unha casa máis bonita que nunca, chea de libros marabillosos e árbores autóctonas. 



O seu último grupo coñece moi ben a Charo, e ela a eles, xa que tiveron a sorte de tela 4 anos como titora, e con ela aprenderon e desfrutaron de moitas aventuras e experiencias que non saen nos libros de texto. 



Kati, gracias por tanto, nunca te olvidaremos.

Goyo, gracias por tanto, nunca te olvidaremos. 


Charo, gracias por tanto, nunca te olvidaremos. 


Xa vos botamos de menos, así que non deixedes de visitarnos... e desfrutade moito desta nova etapa tan merecida á que chegades con tanta enerxía e vitalidade. Deixades unha pegada desas que nunca se borran. 

xoves, 28 de xuño de 2018

DESPEDIDA DE 6º... ATA SEMPRE!

As despedidas nunca son fáciles, pero moito menos cando hai que dicir adeus a nenos e nenas que levan 9 anos ao noso lado, 16 persoas estupendas que chegaron sendo uns pequerrechos e marchan sendo uns mozos e mozas aínda máis fantásticos que cando chegaron. 



A profe Charo despediuse de todos cun forte abrazo e dándolles un recordo moi especial, unha orla para que nunca olviden aos seus compis e mestres de primaria, e tamén unha chapa de Arnaldo, a nosa mascota. 






Que grupo tan marabilloso, sen dúbida que os imos botar moito de menos!



A verdade é que nestos anos medraron un montón, e para que nunca o olviden tamén levan estas postais de recordo!!! Mirade que pequerrechiños eran cando chegaron en 3 anos á clase da profe Maricarmen e o maiores que marchan!


















Non vos olvidaremos nunca, vinde de vez en cando a visitarnos que nos encantará saber como vos vai!

5º NA FESTA DO SABER: A RADIO

Dentro do proxecto do cole, no que este ano nos centramos nos moitos recursos que nos ofrece Arnaldo dende a biblioteca, o alumnado de 5º traballou sobre a radio e fixeron un traballo fantástico e moi completo. 



Na festa do saber presentaron aos compañeiros e ás familias parte do que investigaron e prepararon. 



Tamén expuxeron unhas maquetas moi chulas que fixeron eles mesmos, algunhas das cales pasaran a formar parte da emisora do cole...



Prepararon unha presentación que resumía todo o que aprenderon da radio e a súa historia. 



Ademais, durante o curso fixeron un montón de entrevistas moi interesantes que forman parte do seu proxecto. Podedes escoitalas premendo AQUÍ



E para rematar compartiron un programa radiofónico en directo que fixo as delicias de todos os espectadores: noticias, chistes, publicidade, imitacións... non faltou detalle! Ao final desta entrada vos deixamos un vídeo, que aínda que non é como velo en directo, seguro que vos fai pasar un bo rato. 






e

4º NA FESTA DO SABER: A HISTORIA DOS ORDENADORES

Durante este curso, os nenos e nenas de 4º centráronse noutro recurso da biblioteca: os ordenadores. Na Festa do saber fixeron unha presentación moi interesante sobre a historia dos ordenadores na que descubrimos, entre outras cousas, que o primeiro ordenador que existiu ocupaba toda unha habitación: alucinamos!!!