Amosando publicacións coa etiqueta aliméntate ben. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta aliméntate ben. Amosar todas as publicacións

venres, 21 de xuño de 2019

CONSÉRVATE BEN CON ARNALDO

Que maneira máis boa de comezar a xornada!
Nunha das últimas actividades relacionadas co programa ALIMÉNTATE BEN (PLAN PROXECTA) os nenos e nenas do cole puideron desfrutar dos saborosísimos produtos do mar en conserva...






Por aquí vos deixamos unhas fotos de grupo moi interesantes que fixemos cos nenos e nenas do cole...


venres, 22 de febreiro de 2019

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Estes días no cole os nenos e nenas de infantil, 1º, 2º, 5º e 6º tivemos a sorte de poder participar na actividade...
Un programa enmarcado nas actividades de ALIMENTATE BEN (PLAN PROXECTA) seleccionado pola Unión Europea como exemplo de boas prácticas...
no que puidemos comprobar como un bocata de conservas do mar pode levar dentro toda a enerxía que necesitamos para alcanzar as nosas metas...
As conservas do mar son ricas en proteínas, moi importantes para crecer, e levan vitamina B12 que é fundamental.
Por aquí vos deixamos un vídeo coas imaxes que demostran o moito que aprendemos, o ben que o pasamos e o riquísimos que estaban os bocatas! Moito papamos!

luns, 4 de febreiro de 2019

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Hoxe queremos compartir con todos e todas vós un vídeo coas fotos que fixemos os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 4º de primaria na saída que realizamos á praia de Campelo, lonxa e centro cultural nas actividades do PLAN PROXECTA: ALIMÉNTATE BEN.
Pasámolo moi ben, aprendemos moitas cousas e disfrutamos moitísimo. 
Gracias a todos os organizadores polo ben que nos trataron.
Queremos destacar este vídeo como unha homenaxe á todas as mariscadoras e mariscadores por ese traballo tan duro que teñen que facer día a día e polo ben que nos explicaron todo!
Gracias!!!

venres, 30 de marzo de 2018

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Todo o cole desfrutamos de outra actividade especial: "Ponlle as pilas ao teu bocata", unha campaña da Consellería do Mar para o fomento do consumo da conserva de produtos mariños entre os nenos e nenas.
Pinchade na imaxe se queredes saber máis sobre esta campaña.


Está actividade tamén está enmarcada dentro do Plan Proxecta no que participa o cole, dentro da modalidade "Aliméntate ben"


Ademais de aprender moito do beneficiosas que son as conservas, cada un tomou de merenda o bocata que elixiu entre un montón de ingredientes sans e deliciosos. Aquí vos deixamos un resumo en imaxes da actividade que desfrutamos cos PANS: profes da alimentación e nutrición saudable. 


Bocatas de sardiñas, de atún, de vexetais.... paparon todiño!! Opcións moi sans e deliciosas para que lle mandedes na merenda.

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Todo o cole desfrutamos dunha actividade especial: "O sabor da aventura está no mar". Esta campaña ten o dobre obxetivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos, e de incidir e equilibrar as súas dietas alimenticias animándoos a comer diferentes pratos elaborados con peixe e marisco. 
Pinchade na imaxe se queredes saber máis sobre esta campaña na que participa o cole.


Está actividade está enmarcada dentro do Plan Proxecta no que participa o cole, dentro da modalidade "Aliméntate ben"


A actividade basouse nun pequeno teatro didáctico (no que nos repartimos en 3 grupos por idades) e diferentes xogos. Aquí vos deixamos un vídeo resumo do que fixemos co patrón de pesca Luis, a peixeira e Mariña.



Todos firmamos esta carta de compromiso que compartimos coas familias para que nos axuden a cumplir o compromiso. 



No blog da profe María José podedes ver algo máis sobre esta actividade.