Amosando publicacións coa etiqueta día de Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día de Rosalía. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de marzo de 2025

UN POUCO DE POESÍA

O alumnado de quinto de primaria recita o biopoema sobre Rosalía de Castro escrito por Alba de Evan e outros autores. 

Ademáis deixamos outro video de pequenos poemas feitos por eles, individualmente e en equipo, xunto algún poema de autores xa consagrados.

Esperamos que vos gusten. 








martes, 25 de febreiro de 2025

O ALUMNADO DE 1º CANTA A ROSALÍA

As nenas e nenos de 1º de primaria celebran a Rosalía de Castro. Un fermoso traballo realizado a partir da cantiga "A Rosalía" (No bico un cantar) do libro-cd de Uxía: "Rosalía Pequeniña".

luns, 24 de febreiro de 2025

O ALUMNADO DE 2º RECITA A ROSALÍA

O 23 de febreiro celebrouse o día de Rosalía, e o alumnado de 2º traballou algún dos seus poemas que recitaron así de ben.

xoves, 14 de marzo de 2024

POLO DÍA DE ROSALÍA, RECITA POESIA

3 anos - Parece unha Rosa

4 anos - Parece unha Rosa

5 anos: Rosalía Pequeniña


1º: Pasa río

2º: Adios ríos, adios fontes.

3º: O río

4º: Como chove miudiño

5º: Cantarte ei Galicia

6º: Unha vez tiven un cravo

luns, 27 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALIA - 23 FEBREIRO 2023

ESCRIBIMOS, ILUSTRAMOS E RECITAMOS
Un ano máis no CEIP de Seixo quixemos recordar a figura da escritora galega, Rosalía de Castro.
Este ano realizamos actividades de lectura, escritura, ilustración e recitado de poemas. Algunhas das actividades feitas foron as seguintes:

O alumnado de 6º de Educación Infantil, realizarou este mural sobre o poema "Paseniño". Entre todos os nenos e nenas da aula fixeron esta gran ilustración do poema que tamén colorearon. Ademáis escribiron a letra do poema a ambos a lados da ilustración.


O alumnado de 5º de Educación Infantil, fixo a decoración da súa porta de aula. Nela vemos unha imaxe da propia Rosalía, coloreada polos nenos e nenas da aula e o poema "Parece unha rosa", escrito a diferentes colores polos pequenos e pequenas. Que grandes escritores e escritoras están en camiño¡¡¡¡¡


O alumnado de 4º de infantil achegouse á figura de Rosalía escoitando poemas seus a través do conto "Parece unha rosa" do que aprenderon un par de estrofas. Ademais fixeron uns retratos moi coloridos da poeta mentres escoitaban cancións do disco de Uxía: "Rosalía pequeniña"

  

    O alumnado de 6º de Educación Primaria fixeron recitado de poemas de Rosalía que compartiron co resto de compañeiros e compañeiras do centro. Aquí o vídeo: 

sábado, 19 de marzo de 2022

ANDAINA DE ROSALÍA COS PEQUES DO COLE

O mes pasado celebramos o Día de Rosalía coa I Andaina de Rosalía que montamos entre todo o cole (premede AQUÍ para recordalo).
O venres pasado, os nenos e nenas de infantil sairon a facer a andaina por Seixo buscando todas as Rosalías. Desfrutaron moito recollendo a sementa de pensamentos e os recordos de tantos anos celebrando o Día de Rosalía no cole de Seixo. 
Graciñas a Marcos, de Truquematruque, por cedernos a perfecta banda sonora para este vídeo... que fermoso escoitar os poemas de Rosalía cunha música tan chula!

mércores, 23 de febreiro de 2022

ANDAINAS DE ROSALÍA

Hoxe, 23 de febreiro é o DIA DE ROSALÍA, e queremos celebralo compartindo unha gran sementa de pensamentos nunha andaina por Seixo.
 

O alumnado é o que mellor o pode explicar, atentos a este vídeo.

Este é o mapa da andaina que preparamos dende o cole ata a casa de cultura. Na andaina atoparedes carteis feitos polo alumnado que agochan moita información.


Eles mesmos foron os encargados de pegar os carteis nos diferentes sitios.

Esta é a nosa sementa de pensamentos... que preciosidade!!!









domingo, 21 de marzo de 2021

DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

Hoxe dende o Cole de Seixo queremos desexarvos un moi bo e feliz...
Queremos aproveitar esta data para presentámosvos unha actividade que estiveron facendo os nenos e nenas de 5º de primaria no cole...
Ao longo da semana estiveron traballando na elaboración de Códigos QR sobre as poesías de Rosalía que todo o cole traballara no día desta poetisa galega...
Por aquí vos deixamos un exemplo...
E unha pequena montaxe da actividade...

domingo, 28 de febreiro de 2021

A NOSA ROSALÍA PEQUENIÑA: INFANTIL

Continuamos compartindo con vós os resultados das gravacións feitas arredor da celebración do...
Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de INFANTIL recitan poesía para todos vós...
Un traballo interdisciplinar feito dende a área de inglés coas demais áreas, gracias a teacher Fátima, na que dende as diferentes titorías estiveron traballando versos da homenaxeada.
O equipo de EDLG e PLAMBE foi o encargado de coordinar e levar a cabo o traballo final que acabades de ver nesta montaxe.

sábado, 27 de febreiro de 2021

A NOSA BENQUERIDA ROSALÍA: 4º, 5º e 6º de PRIMARIA

Continuamos compartindo con vós os resultados das gravacións feitas arredor da celebración do...
Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria recitan poesía para todos vós... 
Un traballo interdisciplinar feito dende a área de inglés coas demais áreas, gracias a teacher Fátima, na que dende as diferentes titorías estiveron traballando versos da homenaxeada.
O equipo de EDLG e PLAMBE foi o encargado de coordinar e levar a cabo o traballo final que acabades de ver nesta montaxe.

xoves, 25 de febreiro de 2021

A NOSA QUERIDA ROSALÍA: 1º, 2º, 3º de PRIMRIA

Hoxe compartimos con vós os resultados das gravacións feitas arredor da celebración do...
Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria recitan poesía para todos vós...

Un traballo interdisciplinar feito dende a área de inglés coas demais áreas, gracias a teacher Fátima, na que dende as diferentes titorías estiveron traballando versos da homenaxeada.
O equipo de EDLG e PLAMBE foi o encargado de coordinar e levar a cabo o traballo final que acabades de ver nesta montaxe.

mércores, 24 de febreiro de 2021

FELIZ DÍA DE ROSALÍA

Moi boas a todas e todos!
Hoxe estamos moi contentos de poder celebrar o...
DÍA DE ROSALÍA
Un ano máis quixemos celebrar esta data dunha forma diferente e agora estamos encantados de compartilo con vós.
Como o lema das Bibliotecas deste ano é XEOGRAFÍAS LECTORAS, debuxamos un mapa de Galicia e buscamos Santiago de Compostela, lugar de nacemento de Rosalía.
Buscamos ilustracións dela, unha por cada aula na que cada un de nós pegou unha caricatura da homenaxeada.
Diante do mural estivemos recintando poesías.
Mirade a seguinte montaxe de todo o proceso...
Estade atentos axiña colgaremos as gravacións cos recitados das poesías elixidas e subiremos un códigos QR moi molóns!
FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

xoves, 27 de febreiro de 2020

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA

E chegou o día. Tal como se tiña organizado no cole de Seixo celebramos, á volta das vacacións de entroido, o Día de Rosalía dun xeito diferente ao de outros anos...
As nosas familias foron convidadas a participar en A Voz de Arnaldo e a través da estupenda ferramenta do noso cole como é a radio fixemos un programa moi especial cargado de poesías de Rosalía Castro...
Por aquí vos deixamos o programa ao completo que estivemos gravando os nenos e nenas de 6º de primaria...
E si queredes escoitar as gravacións de xeito separado por aquí vos deixamos a de...
ANA VILLEGAS 
(Mamá de Aine e Antón de 6º de infantil)


UXÍA GARCÉS 
(Mamá de Fuco de 3º de primaria)


DOLO ÁLVAREZ 
(Mamá de Pedro de 4º de primaria)

Moitísimas gracias mamis pola vosa participación e colaboración!!!

luns, 24 de febreiro de 2020

FELIZ DÍA DE ROSALÍA

Dende o EDLG do cole de Seixo, queremos desexarvos un...
FELIZ DÍA DE ROSALÍA
Xa sabedes que este ano estamos preparando unha actividade diferente dende A VOZ DE ARNALDO...
Prestade moita atención porque á volta das vacacións de Entroido emitiremos un programa especial para conmemorar o Día de Rosalía no que participarán as familias...

martes, 18 de febreiro de 2020

DÍA DE ROSALÍA

Unha actividade diferente xa está en marcha!
Porque no Ceip Seixo queremo celebrar o...
DÍA DE ROSALÍA
Prestade atención...
Animádevos a participar...
Lembrade:
Agardámosvos!

martes, 26 de febreiro de 2019

SAÍMOS POR SEIXO NO DÍA DE ROSALÍA

Boas! Deixámosvos por aquí un vídeo da nosa actividade final que levamos a cabo os nenos e nenas de infantil, 4º, 5º e 6º no Día de Rosalía.
Logo de estar toda a semana preparando unha caricatura xigante con poemas da súa vida, elaboramos unhas fermosas tarxetas e uns carteis para repartir pola nosa vila e darlle toda a difusión que se merece esta data.
Pasámolo moi ben e desfrutamos moito!

domingo, 24 de febreiro de 2019

FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

Boas amiguiños!
O cole de Seixo quere desexarvos un moi bo...
FELIZ DÍA DE ROSALÍA!


DÍA DE ROSALÍA

Tal día coma hoxe, hai anos, naceu Rosalía de Castro, escritora referencial da literatura galega.
Por iso, no Ceip de Seixo, queremos celebralo un ano máis.


Mañá Luns sairemos polas rúas de Seixo para repartir a todos os que o desexen un pequeno agasallo relacionado coa escritora.
Un agasallo que estivemos elaborando estes días no noso cole e que desexamos moito que vos guste!






FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

martes, 20 de marzo de 2018

DÍA DE ROSALIA 2018

O 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía, e un ano máis quixemos compartir este día tan especial con toda a xente de Seixo.
Os peques e os maiores foron os encargados de repartir os poemas de Rosalía pola rúa, na praza, nos bares, nos comercios...

 

Aquí vos deixamos as obras de arte de todos os nenos e nenas de Seixo: os poemas que traballamos nas aulas e que cada un ilustrou.
Agora estan espallados polas casas de Seixo, esperamos que vos gustasen moito! 

martes, 4 de abril de 2017

AS FAMILIAS CON ROSALÍA

Con motivo da celebración do Día de Rosalía, pedimos colaboración ás familias para a actividade: #RosaliaTe.
Sabemos que non concidiu ben por xuntarse co entroido e a elaboración dos disfraces, pero casí nos despistábamos de publicar as fermosas fotos que unhas alumnas enviaron coas súas familias... e con Rosalía!
Grazas a Vera, Laura, Nagore, Irene e Erika por animar as vosas familias: sodes estupendos!