Amosando publicacións coa etiqueta felicitación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta felicitación. Amosar todas as publicacións

domingo, 24 de decembro de 2023

O Tren dos desexos

 Ola familias!!!

A rapazada de Seixo quere dedicarvos este vídeo, que fala dos soños, da necesidade de ter unha meta na vida, e do esforzo e o traballo que iso supón. En Seixo estamos moi implicados cos nosos soños, temos soños pequenos, que imos cumprindo día a día, e soños grandes, que esperamos que algún día poidamos alcanzar, sempre contado coa vosa axuda e a dos profes tamén, para iso estamos!!

Desexarvos tamén unhas boas festas, e unhas merecidas vacacións, vémonos á volta!!!

sábado, 24 de decembro de 2022

BO NADAL RqueR!

Alumnado, conserxe, limpadoras, ANPA, persoal do comedor, plan madruga, profesorado... todos e todas os que formamos o CEIP de Seixo deixamos a árbore do cole cargada cos mellores desexos. Esperamos que se repartan por todo Seixo, por todo Marín... polo mundo enteiro!!


Un Nadal RqueR, un Nadal que nos fai soñar e no que, incluso unhas botellas que irían directas ao lixo, acaban convertidas nunha marabillosa árbore colaborativa: BO NADAL!

xoves, 23 de decembro de 2021

DENDE SEIXO DESEXÁMOSVOS UN BO NADAL!

Este Nadal a COVID segue presente e non podemos xuntarnos como nos gustaría, pero seguimos unidos e traballando en equipo, aínda que con distancia e algúns atrancos.
Pois xusto iso é o que queremos reflexar na felicitación deste ano: compañeirismo, amizade... unidade! Por iso neste vídeo saímos todos os que formamos o CEIP de Seixo (alumnado, profesorado, conserxe, ANPA, equipo de limpeza e comedor) para desexarvos un Bo Nadal e un marabilloso ano novo.


Desexamos que 2022 veña cargado de amor e humor que nos axuden a desfrutar os bos momentos e a levar mellor os días máis complicados.
Que emocionante vernos a todos xuntos!! Botamos de menos aos que non puideron estar os días que gravamos... para eles e elas vai a aperta máis grande!!
Sorte deste alumnado que nos tocou... 
eles e elas son os que enchen todo de luz!!!

Aquí deixámosvos as ultimas fotos de grupo de 2021 para que vexades o estupendos que despiden o ano! Estamos desexando verlles o sorriso, pero mentres tanto conformámonos co brillo dos seus ollos que tamén nos alegran os días!

Nenos e nenas de 3 anos

Nenos e nenas de 4 anos

Nenos e nenas de 5 anos

Nenos e nenas de 1º primaria

Nenos e nenas de 2º primaria

Nenos e nenas de 3º primaria

Nenos e nenas de 4º primaria

Nenos e nenas de 5º primaria

Nenos e nenas de 6º primaria

domingo, 17 de maio de 2020

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Moi bos días a todas e todos! E moi....
en homenaxe a ...
RICARDO CARVALHO CALERO
Un home indispensable para comprender a historia da nosa lingua e cultura no século XX. Tras de si queda un sobresaínte labor como docente, investigador e literato. 

Imaxe de primaveradasletras.gal

El mesmo deixou escrita a razón de tanto esforzo: "A finalidade fundamental é petar na conciencia do noso país e poñerlle diante un espello que lle permita recoñecerse a si mesmo, contribuír a formar a conciencia de Galiza."
Imaxe de primaveradasletras.gal
E como o prometido non se pode facer esperar máis... por aquí vos deixamos o traballiño que fixemos entre todos para celebrar estas Letras Galegas...
"PALABRAS QUE NOS DEFINEN"
Grazas pola vosa participación!
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

mércores, 28 de decembro de 2016

POSTAL DE NADAL DO COLE

Unidos e con moitíiiiiiiisima alegría fixemos esta súper postal en forma de vídeo para desexar a todo o mundo un Bo Nadal e un gran ano 2017.
Desexamos que vos guste e que riades moito con ela!