Amosando publicacións coa etiqueta inglés. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta inglés. Amosar todas as publicacións

sábado, 11 de xuño de 2022

PLANTING BEANS

Hoxe compartimos con vós outro exemplo de traballo por competencias, onde se ve claramente que se pode traballar unha lingua con calquer contido.
Un proxecto de inglés para 3º e 4º de primaria, onde se traballan diferentes contidos de naturais, de inglés, de coidado do medio ambiente...

Unha clase de ciencias naturais pero en inglés aproveitando todos os recursos que nos ofrece o noso patio para poder plantar e coidar as plantas.
Así están xa as nosas xudías!!
Tivemos que traballar moito, que importante é aprender facendo: sementar, transplantar, regar, atar... e terminamos cun mural dos nosos lapbooks que estamos rematando (deixar por escrito, en inglés, todo o que aprendemos). 

domingo, 24 de xaneiro de 2021

FELIZ DÍA DA EDUCACIÓN!

Moi bos días a todas e todos!
Hoxe queremos celebrar con vós un día moi especial e por iso vos dicimos...
FELIZ DÍA DA EDUCACIÓN!
Unha festividade na que queremos compartir unha chulada de traballo que levaron a cabo as nenas e nenos de 2º de primaria coa axuda da súa titora Yaiza e da teacher Fátima.
Coa axuda de Arnaldo buscaron libros na biblio para ter a información necesaria coa que elaborar o traballo que vos imos presentar...
Fixeron un cartel e un puzzle no que lle deron cor á nosa protagonista: MALALA e cubriron unha ficha moi interesante de investigación.
Entre as súas mensaxes elixiron as que estaban máis relacionadas coa educación...

E como resultado final do seu traballo grabaron este vídeo... Mirade que bonito!!!
Noraboa rapaces!!!
Comezamos así a Semana Pola Paz no Cole de Seixo!

martes, 16 de xuño de 2020

DESPEDIDA DO TEACHER MANUEL

Moi boas a todas e todos!

Hoxe queremos deixarvos por aquí unha sorpresiña! Prestade moita atención...


Ola rapaces! O curso xa toca a súa fin. E esperamos que pronto esta situación sexa coma esa sensación de quen ten un mal soño e nada máis...
Pola miña banda de profe de Reforza-t dicir que foi un inmenso pracer coñecervos a todos vos. Eu penso que o inglés, o galego, a música, tódalas linguaxes son idiomas que poden usarse para mostrar as máis profundas inquedanzas. 
Por isto, quería adicarvos esta canción xa que descubrímola xuntos nas clases de inglés onde colaborei con Fátima a quen lle fago estensible estas grazas xunto cunha aperta xigante. Grazas mestra!

Os demáis que aproveitedes o tempo que nos foi dado porque como aprendimos todos non sempre é cousa nosa poder xestionalo o noso xeito. Bicos e apertas. Por unha pronta vacina e moita saúde!
Para calquera cousa estarei, para cando o precisedes, no correo electrónico:
profe.manuel.seixo@gmail.com

xoves, 23 de xaneiro de 2020

UNBOXING ALICE

Esta semana as nenas e nenos de 5º tiveron unha saída ao Teatro Afundación de Abanca en Pontevedra para participar na obra de teatro ... 
"UNBOXING ALICE"
Unha viaxe con moito humor na que nos desvelaron a verdadeira historia de Alice...
Unha experiencia moi práctica e divertida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarse en inglés.
Unha compañeira nosa participou como actriz... Deixámosvos por aquí algunhas fotiños a ver si adiviñades de que se trata! Fíxoo estupendamente!



Pasámolo moi ben e desfrutamos moito!

mércores, 14 de xuño de 2017

ARTISTIC WORLD

Un dos proxectos do noso PDI, levado a cabo polas profes Fátima e Rosa, de ingles e de música, é: UN MUNDO ARTÍSTICO.
E de ahí saiu esta maravillosa zona, ao lado da clase da teacher, que mestura xogos e arte para axudar ao planeta.
"Help the planet" é o título deste divertido recuncho!