sábado, 30 de decembro de 2023

FESTIVAL DE NADAL 2023

E por fin chegou o día... moito traballiño levamos!
Con qué ilusión, entusiasmo e dedicación estivemos preparando todas as actuacións...
Mirade, mirade!
Así estaba o ximnasio xusto antes de comezar... qué nervios!
Pois xa non vos facemos esperar máis e por aquí vos deixamos a presentación...
E os primeiros en actuar foron ás nenas e nenos de 4º de infantil que estiveron preparando unha versión moi orixinal de Elvis Crespo de "EL BURRITO SABANERO"...
A continuación tocoulles subir ao escenario ás nenas e nenos de 5º de infantil que interpretaron unha panxoliña titulada "QUE VEÑA O NADAL"...
E para pechar a quenda do alumnado de infantil, as nenas e nenos da clase de 5 anos interpretaron un tema de La Oreja de Van Gogh: "LA LUZ QUE NACE EN TI"...
Para cambiar un pouco de estilo, as nenas e nenos da clase de 3º de primaria fixeron un playback coa canción do grupo ACDC: "THUNDERSTRUCK"...
O alumnado de 1º de primaria interpretou unha panxoliña titulada "CHEGOU O NADAL"...
O alumnado de 5º de primaria da man do orientador do cole, prepararon unha versión de "JINGLE BELLS" para pauciños chinos...
Tocáballe agora o turno ás nenas e nenos de 2º de primaria que interpretaron unha panxoliña moi diferente, orixinal e divertida: "EL ESTORNUDO"...
A clase de 5º de primaria volveu subir ao escenario para facer un baile dunha canción de Ozuna: "LLEGÓ LA NAVIDAD"...
Coa actuación das nenas e nenos de 4º de primaria iamos chegando ao remate do Festival. Eles interpretaron unha canción de Bruno Mars, titulada Marry You, nunha adaptación de nadal: "LA ESTRELLA DE LA NAVIDAD"...
A clase de 6º de primaria foi a encargada de facer a última actuación do Festival de Nadal deste ano. Prepararon un baile coa canción de "JINGLE BELLS" (Basshunter) moi pero que moi divertido, por aquí volo deixamos...
E como xa é tradición o Festival non podía rematar sen a actuación das mamás e papás da nosa ANPA ABELENDOS que, acompañados por profes, un ano máis nos quixeron sorprender cunha panxoliña tradicional totalmente adaptada ao proxecto de centro deste ano: SEIXO CHEO DE VIDA. Por aquí vola deixamos!
Esperamos que teñades disfrutado tanto coma nós de todas estas actuacións.
Só nos queda desexarvos unhas moi...
FELICES FESTAS!

venres, 29 de decembro de 2023

UN NADAL PARA COMPARTIR!

O Nadal no cole estivo cheo de actividades especiais e compartidas. Xa vos contamos as actividades conxuntas de infantil e os obradoiros de Nadal (podedes velos premendo no nome de cada actividade).
Fixemos moitas cousas xuntando as aulas, unha das máis esperadas foi a viaxe en tren á que todos os anos nos convida o concello de Marín... encántanos!!


O alumnado de primaria foi ao cine de Seixo para desfrutar xuntos de "Robot dreams", unha peli sen palabras pero con moitiiiisima mensaxe.


Varios cursos de primaria e infantil fixemos unhas postais moi especiais e saímos a correos para envialas.


Despois do festival do último día saboreamos un delicioso chocolate con churros que, un ano máis, a ANPA preparou con moito cariño: para chupalos dedos!!!

E recibimos a visita máis esperada: Papá Noel fixo unha paradiña en Seixo para saludar ao mellor alumnado do mundo mundial!
 


E non queremos pechar este resumo do nadal sen felicitar a ANPA Abelendos e ao alumnado de 6º polo moito que traballaron para montar un precioso posto no mercadillo de Nadal das ANPAS de Marín. Ademáis de estar moi bonito e de ver moito traballo detrás, daba gusto ver a implicación das familias e do alumnado. Noraboa polo bo traballo!!!


Estade atentos que pronto publicaremos 
os vídeos do festival!!!

domingo, 24 de decembro de 2023

O Tren dos desexos

 Ola familias!!!

A rapazada de Seixo quere dedicarvos este vídeo, que fala dos soños, da necesidade de ter unha meta na vida, e do esforzo e o traballo que iso supón. En Seixo estamos moi implicados cos nosos soños, temos soños pequenos, que imos cumprindo día a día, e soños grandes, que esperamos que algún día poidamos alcanzar, sempre contado coa vosa axuda e a dos profes tamén, para iso estamos!!

Desexarvos tamén unhas boas festas, e unhas merecidas vacacións, vémonos á volta!!!

venres, 22 de decembro de 2023

OBRADOIROS DE NADAL

Unha das opcións creativas do Nadal son os obradoiros voluntarios durante o recreo, para o alumnado de primaria. Este ano tiñan moitas propostas con diferentes técnicas, material de refugallo… 
Está claro que só temos que ofrecer material variado e ferramentas, que con toda a creatividade que ten o alumnado: saen verdadeiras obras de arte!!!

martes, 5 de decembro de 2023

XOGANDO XUNTOS!

Premendo AQUÍ podedes ver o ben que o pasamos este ano no Magosto. Ese día a chuvia non nos deixou facer os xogos, pero non nos puidemos resistir a facelos outro día: encántanos xogar xuntos! Aos maiores encántalles axudar ao peques, e aos peques encántalles xogar cos maiores.

luns, 4 de decembro de 2023

CELEBRAMOS O MES DA CIENCIA EXPERIMENTANDO!

Novembro é o mes da ciencia, e non hai mellor forma de celebralo que experimentando. Por iso, durante este mes, nos obradoiros do recreo dedicámonos a facer experimentos con todo o alumnado.
Os nenos e nenas de infantil e 1º xogaron a facer espuma... e pasárono fenomenal!!


O alumnado de 2º e 3º, con bicarbonato e auga, fabricaron neve... e cada un fixo o seu boneco!!! Que textura tan gustosa, que ben o pasaron!!


Os maiores inflaron globos sen soprar, usando unha mestura de bicarbonato e vinagre... un experimento explosivo e divertido!!!