Amosando publicacións coa etiqueta fomento do galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fomento do galego. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de outubro de 2025

SAMAIN 2025

Un ano máis chega o SAMAIN AO CEIP de SEIXO. Neste curso coa temática das VIAXES: maletas vellas con inquilinos sorpresa, destinos terroríficos e outras aventuras fantásticas....


xoves, 10 de xuño de 2021

KAMISHIBAI NA BIBLIOTECA!!!

Ola a todos e a todas!

Hoxe imosvos ensinar unha actividade que nos gustou moito facer !!!
Aprendemos a facer un kamishibai. En xaponés significa "Teatro de Papel".

Fixemos unha adaptación do libro de Eric Carle "The hungry Caterpillar".
En inglés e galego repasamos as froitas, a importancia dunha alimentación saudable, o ciclo das eirugas, os días da semana..
No seguinte presentación de fotos podedes mirar canto traballamos!!!
Pero o que mais nos gustou foi gravar o vídeo. Tivemos que gravalo porque non o puidemos facer en directo para os compañeiros e compañeiras. Pero para o curso que ven é unha actividade que temos pendente.
Que ben o pasamos!!!!

luns, 15 de marzo de 2021

E TI , ONDE LES?

No cole sempre atopamos un momentiño e un sitio para ler !
A algúns encántalle ler no patio...

a outros,  nas entradas...

Uns prefiren ler na biblioteca...

Outros, que lles lean...

Uns queren ler só...
Outros, en parella...
Ou en grupo...

Tanto nos da, onde ou con quen....
Encántanos ler!!
A hora de ler pasa voando!

xoves, 11 de febreiro de 2021

CONTAMOS UN CONTO?

 A quen no lle gusta que lle conten un conto? 

No cole contamos moitos contos! A Arnaldo tamén lle gusta moito escoitalos.

Os contos estimulan a imaxinación e a creatividade,


exercitan a atención e a memoria,


enriquecen o noso vocabulario e estimulan o desenvolvemento da linguaxe


e fomentan a escoita activa facilitando así a comunicación.


Así que, nunca deixedes de contar un conto!!

luns, 19 de novembro de 2018

O GALEGO VALE OURO

    Os nenos e nenas de 6º están concienciados da importancia de usar o noso idioma se queremos que se manteña vivo e non se perda, por iso debemos usalo en todos os ámbitos da vida. 
    Para isto fixeron unha campaña de promoción do galego e este foi o resultado: uns carteis chulísimos!!!