Amosando publicacións coa etiqueta medio ambiente. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta medio ambiente. Amosar todas as publicacións

xoves, 4 de xuño de 2026

APRENDER A COIDAR: OBRADOIRO COA PROTECTORA!


Hoxe recibimos no noso cole unha visita moi pero que moi especial...


Chispita, da man da Protectora de animais do Morrazo visitou o noso cole...


Aprendemos moitas cousiñas relacionadas coa labor que fai esta organización no seu día a día e sobre todo a importancia do coidado e respecto polos animais fomentando a empatía e responsabilidade.

E puidemos interactuar un chisquiño con CHISPITA a protagonista da xornada...


                

Como non podía ser doutra forma o Cole de Seixo quixo colaborar con esta Asociación doando moreas de productos para facilitar un poquiño a labor do día a día e así colaborar nós tamén neste traballo...


Moitísimas gracias pola visita! Ata outra!

     

venres, 7 de xuño de 2024

GRANXA KIRIKO-XUÑO 2024

O martes 4 de xuño o alumnado de 1º, 2º e 3º de EP do CEIP de Seixo fomos de excursión de fin de curso á granxa Kiriko en Fornelos de Montes.

Nada mellor como remate de curso e do PDI deste ano para coñecer a flora e fauna da nosa contorna.

Pasámolo pipa prantando e compartindo momentos cos animais da granxa.

Os nenos e nenas de Seixo están preparados para afrontar os retos e desafíos dos obxectivos de desarrollo sostible (ODS). Coidar o noso planeta e amosar respecto polos seres vivos que nel habitamos.

sábado, 11 de xuño de 2022

PLANTING BEANS

Hoxe compartimos con vós outro exemplo de traballo por competencias, onde se ve claramente que se pode traballar unha lingua con calquer contido.
Un proxecto de inglés para 3º e 4º de primaria, onde se traballan diferentes contidos de naturais, de inglés, de coidado do medio ambiente...

Unha clase de ciencias naturais pero en inglés aproveitando todos os recursos que nos ofrece o noso patio para poder plantar e coidar as plantas.
Así están xa as nosas xudías!!
Tivemos que traballar moito, que importante é aprender facendo: sementar, transplantar, regar, atar... e terminamos cun mural dos nosos lapbooks que estamos rematando (deixar por escrito, en inglés, todo o que aprendemos). 

luns, 2 de decembro de 2019

AMAR O MAR

As nenas e nenos de 5º e 6º veñen de participar nunha actividade moi interesante de concienciación da presenza de lixo na nosa contorna máis próxima: 
A PRAIA DE AGUETE
Primeiro tivemos unha charla formativa no noso cole...
Por aquí vos deixamos un vídeo cun pequeno resumo desta sesión de formación...
E tras unha pequena camiñata...

Chegamos á Praia de Aguete para comezar o noso traballo...
Por aquí vos deixamos un pequeno vídeo que resume o moito que desfrutamos desta actividade tan especial... Desexamos que vos guste!
Polo coidado do medio ambiente! Está nas nosas mans!