sábado, 12 de marzo de 2016

SEMANA DA PRENSA

Na semana do 7 ao 11 deste mes, conmemoramos a Semana da Prensa. 
Unha das actividades que fixemos foi unir a Prensa e a Muller...mirade o resultado!
E deixámosvos o enlace ao blog de Infantil...mirade tamén que estiveron a facer esta semana.



 

martes, 8 de marzo de 2016

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

Hoxe, 8 de marzo, celébrase o día internacional de muller, no que se reivindica a igualdade en todos os aspectos, aínda que coa igualdade referida ao xénero non queremos dicir que todo o mundo teña que ser igual, porque todos somos iguais pero diferentes: o obxectivo é ter todos e todas as mesmas posibilidades.

Queres saber dende cando se celebra este día? Mira esta practicopedia:


Estamos convencidos do importante papel da escola e a familia para traballar este tema no día a día co alumnado, desde as cousas máis simples e cotiás, sobre todo co noso exemplo. 

Para poñer o noso gran de area, queremos recomendarvos unha selección de contos para a igualdade e a coeducación nos recomendan na páxina “Club peques lectores” que vos recomendamos ao 100% (podedes acceder premendo na imaxe).


Como di Judith, a escritora da páxina: “Aunque el fin de un libro sólo sea entretener, no podemos negar que siempre acaba transmitiendo algún valor, creencia, idea, pauta de comportamiento, manera de ser o de relacionarse con los demás,... Por eso los cuentos son un recurso educativo de primer orden y es importante que intentemos que sean libres de sexismos y estereotipos de género.”