Amosando publicacións coa etiqueta obradoiros no recreo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta obradoiros no recreo. Amosar todas as publicacións

mércores, 26 de xuño de 2024

I FESTIVAL MIÚDOS TALENTOS DE SEIXO

Durante o último trimestre, os obradoiros voluntarios no recreo, dedicáronse a preparar o "1º festival miudos talentos de Seixo". Apuntouse quen quixo e, con axuda do profesorado dos obradoiros, organizáronse, prepararon actuacións elixidas por cada grupo, fixeron o vestiario... deixáronnos sen palabras coa súa autonomía e creatividade! Un éxito!


Aquí tendes as actuacións, para que desfrutedes tanto como nós! Comezaron Dilan, Helena e Mateo cunha versión moi especial, en galego, de "Según quien".
 

Aine, Malena e Candela fixeron un baile chulísimo creado por elas mesmas, e o vestiario tamén!


Mia, Martín, Isabella e Sergio cantaron unha versión en galego de "Sofía", encantounos!

Brais, Hugo e Álex demostraron que son magos do balón!


Iván fixonos rir e desfrutar co seu monólogo, a el non se lle resisten as palabras!!

Clara, Sara, Vera, Sara G., María, Ari e Antía elixiron "Noche ochentera" para montar unha coreografía e facer uns traxes chulísimos. Quedamos sen palabras con tanto arte que hai en Seixo.

Miah, Irene, Uxía e Laia cantaron unha versión en galego de "Don´t you worry" que foi un éxito!

Foi un festival tan impresionante que incluso tivemos publicidade! O alumnado de 6º visitou varios comercios de Seixo e prepararon os anuncios.

Neste festival cantamos, bailamos, saltamos, rimos... e sobre todo emocionámonos con tanto talento e creatividade! Noraboa a todas as nenas e nenos que se animaron, foi unha delicia compartir o proceso e desfrutar o resultado.

martes, 25 de xuño de 2024

OBRADOIROS NO RECREO

Este curso, aproveitáronse a tope os obradoiros no recreo, e aquí temos unha pequena recopilación de diferentes propostas nas que participou o alumnado: xadrez, traballo na horta, pintado de porterías, cociña, calceta, costura.... moitísima variedade!!


Outro obradoiro que foi un éxito foi o de estampación de flores e tintes naturais.


Tamén se fixeron outros obradoiro dos que xa vos falamos e que podedes ver premendo no seu nome: FESTIVAL MIUDOS TALENTOS que tivo un proceso precioso de deseño, montaxe, ensaios..., BOTAS CHEAS DE VIDA no que plantamos flores en botas, OBRADOIROS DE NADAL no que se fixeron adornos para as árbores do cole e o MES DA CIENCIA no que xogamos e experimentamos.

xoves, 2 de maio de 2024

BOTAS VELLAS CHEAS DE VIDA

Este curso celebramos o día das bibliotecas con Anxo Moure, coñecido, entre outras cousas, por dar vida a botas vellas plantando árbores nelas. Con Anxo comezamos a nosa plantación (podedes recordalo premendo AQUÍ). Agora, nos obradoiros do recreo, recibimos a primavera plantando flores nas botas vellas que trouxemos. Seguimos enchendo Seixo de vida... e poñendo o cole aínda máis bonito!
 

venres, 22 de decembro de 2023

OBRADOIROS DE NADAL

Unha das opcións creativas do Nadal son os obradoiros voluntarios durante o recreo, para o alumnado de primaria. Este ano tiñan moitas propostas con diferentes técnicas, material de refugallo… 
Está claro que só temos que ofrecer material variado e ferramentas, que con toda a creatividade que ten o alumnado: saen verdadeiras obras de arte!!!

luns, 4 de decembro de 2023

CELEBRAMOS O MES DA CIENCIA EXPERIMENTANDO!

Novembro é o mes da ciencia, e non hai mellor forma de celebralo que experimentando. Por iso, durante este mes, nos obradoiros do recreo dedicámonos a facer experimentos con todo o alumnado.
Os nenos e nenas de infantil e 1º xogaron a facer espuma... e pasárono fenomenal!!


O alumnado de 2º e 3º, con bicarbonato e auga, fabricaron neve... e cada un fixo o seu boneco!!! Que textura tan gustosa, que ben o pasaron!!


Os maiores inflaron globos sen soprar, usando unha mestura de bicarbonato e vinagre... un experimento explosivo e divertido!!!

martes, 20 de xuño de 2023

OBRADOIROS NO RECREO

Como xa vos contamos, este ano, de forma voluntaria, no tempo de recreo fixéronse diferentes obradoiros: ganchillo, robótica, deportes, globoflexia, papiroflexia, natureza, horta, radio, xogos de mesa, horta, etc...
Aquí tendes unha última recompilación dalgúns dos obradoiros dos últimos meses.


E rematamos o curso cun espazo de creación libre, dunha escultura colaborativa con material de refugallo, que xurdiu dunha petición do alumnado no consello de nenos. O alumnado que quixo colaborou, libremente, cun resultado espectacular!


Premendo AQUÍ podedes ver como de divertida foi a primeira semana na que houbo obradoiros de ganchillo (o máis solicitado!), papiroflexia, deportes, robótica, natureza, xogos de mesa e globoflexia.
Nalgúns momentos do ano os obradoiros estiveron relacionados con datas especiais: no mes da ciencia fixemos experimentos (pode verse premendo AQUÍ), no nadal fixemos adornos de refugallo (pode verse premendo AQUÍ), no día dos hortos escolares puxemos en marcha o traballo na horta (pode verse premendo AQUÍ), en abril dos libros e maio das letras acompañamos ao alumnado na elección de contos e a preparación de contacontos con títeres, kamishibai, proxeccións, etc. (pode verse premendo AQUÍ).

Os obradoiros foron un éxito e no consello de nenos pediron que se sigan facendo o próximo curso.

venres, 2 de xuño de 2023

OBRADOIROS NO RECREO: AGORA CONTA TI!

 Os obradoiros voluntarios no recreo foron un éxito durante este curso. En abril dos libros e maio das letras adicámolos aos contos e creamos un espazo onde, o alumnado que tiña ganas de contar, podía crear títeres, practicar no kamishibai.... o facer o que a súa imaxinación quixese, e de verdade que foi moi enriquecedor para todos!


O resultado dos obradoiros foron un montón de contadas que se fixeron entre o alumnado e que desfrutamos moitísimo grandes e pequenos. 
Aquí tendes varios enlaces para ver todas as sesións de AGORA CONTA TI! que foron unha delicia!!



venres, 19 de maio de 2023

AGORA CONTA TI DE NOVO!

Unha semana máis contando contos na casa de Arnaldo e seguimos desfrutando destas lecturas e dramatizacións. Pasaron por aquí....
- Fuco de 6º e Sergio de 1º con: "O galo traganoces"
- Sara de cuarto e Carmen de 2º que contaron: "La ballena"
- Eluney e Unai de 5º  para contar: "Todos bostezan"

  

E para rematar a semana das nosas letras, e con este obradoiro de contacontos, os de 2º adaptaron o conto de "Cocorico"
 
Arnaldo está moi contento e quere máis!!

mércores, 17 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

Hoxe celebramos o día das letras galegas, que este ano se adica a Francisco Fernández del Riego (Don Paco). Pero non so o celebramos hoxe, gustaríannos que todos os días fosen festa do galego e que cada día o falásemos máis.
Este mes esta especialmente adicado ao galego e por iso, ademais de investigar e xogar en torno á figura de Don Paco, tamén estamos vivindo unhas semanas moi especiais preparando, voluntariamente, contos para os compañeiros. Neste vídeo podedes ver un pouquiño, e xa vos contaremos máis porque esta sendo unha actividade moi especial. Que vivan os contos en galego! Que viva o galego!



xoves, 4 de maio de 2023

AGORA CONTA TI !!

Seguimos co obradoiro de contos "Agora conta ti" unha semana máis.
Pasaron pola biblioteca para contarnos un conto:
- Noa e Vera de 4º con: "A princesa rebelde"
- Gael, Candela e Aine de 3º con: "Carapuchiña vermella"
- Iván, Diego, Saúl e Roque de 5º con: "Os tres porquiños"


- Raquel, Valeria, Olivia e María de 1º contáronnos: "Josete y Bongo van de safari". Mirade que ben o fixeron!!!!

Arnaldo está supercontento !!
Ten a casa chea de rapazada!!

martes, 25 de abril de 2023

ABRIL DOS LIBROS

Ola amigos e amigas da casa de Arnaldo:
Dende o Día do Libro ata o Día das Letras Galegas estámonos a xuntar na biblioteca na Hora de Ler. "AGORA CONTA TI" é unha actividade na que alumnos e alumnas,  de xeito voluntario, contan un conto a outros compis.
Esta semana tocoulle o turno a:
- Laura, Daniela e Yaiza, de 3º, que nos contaron: "Adivina cuanto te quiero"
- Eva e Clara de 4º con: "Pepita es especial"
- Alumnos e alumnas de 4 anos: "La oruga glotona"

Aquí  tendes unha mostra do ben que o fixeron.

sábado, 17 de decembro de 2022

OBRADOIROS NO RECREO: UN NADAL RQUE R

Este mes, os obradoiros no recreo, dedicámolos a facer adornos de Nadal para poñer o cole preciosísimo!! Por suposto, fixemos adornos de Nadal con material de refugallo, porque é posible facer cousas chulísimas sen ter que mercar material. Así que, todos os que quixemos, apuntámonos para facer arte reciclada nos recreos... e que ben o pasamos!

xoves, 8 de decembro de 2022

MES DA CIENCIA

Novembro é o mes da ciencia e a nós encántanos investigar, experimentar... así que non perdimos a oportunidade de celebralo como se merece: experimentando!! Aproveitamos os obradoiros dos recreos para poñernos mans á obra. 

O alumnado de primaria experimentamos cun fluido non newtoniano, vamos que non cumple as caracteristicas dos fluidos que dicía Newton (como a auga). Un fluido moi extraño que si o tocas con suavidade é liquido pero si lle das con forza é duro!

Fixémolo reutilizando vasos de iogur así que o levamos para compartir na casa... é un fluido alucinante!!

Os peques investigamos porque se bota sal na carreteira cando hai xeo, e coa axuda de sal e auga de cores buscamos uns tesouros agochados no xeo... que emocionante!!!


VIVA A CIENCIA, EN NOVEMBRO 
E TODO O ANO!

mércores, 12 de outubro de 2022

FELIZ DÍA DOS HORTOS ESCOLARES

O día 11 de outubro é o día dos hortos escolares, e non podíamos deixar pasar esta conmemoración sen presumir de horto, porque estamos moi orgullosos do noso e seguiremos R QUE R coidándoo e traballando nel.
Agora estamos recollendo a colleita do curso pasado e non podemos estar máis ilusionados: cenorias, tomates, pementos, fresas... e comezamos a preparar todo para seguir aproveitando ao máximo todos os bancais.
Feliz día dos hortos escolares! Pasade a coñecer o noso porque é unha marabilla!

luns, 10 de outubro de 2022

ARGALLANDO NO RECREO!

Arnaldo non deixa de propoñernos cousas novas, e este ano sorprendeunos cuns recreos do máis creativo!
Os profes fixéronnos varias propostas de obradoiros ás que engadimos outras do alumnado. E así, de forma voluntaria, temos a opción de apuntanos ao que máis nos guste: ganchillo, robótica, deportes, globoflexia, papiroflexia, natureza, horta, radio, xogos de mesa, impresión 3D, horta, etc...
Así de divertida foi a primeira semana na que houbo obradoiros de ganchillo (o máis solicitado!), papiroflexia, deportes, robótica, natureza, xogos de mesa e globoflexia.
  
 

Segundo os intereses do alumnado, cada semana, ou cada dúas, imos variando a oferta, que é diferente cada día. Estamos moi ilusionados e emocionados, tanto o alumnado coma o profesorado... isto está sendo moi divertido!!