Amosando publicacións coa etiqueta escritores-as. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta escritores-as. Amosar todas as publicacións

mércores, 8 de abril de 2026

IRIA MISA VISITA O CEIP DE SEIXO

Estes días tivemos a sorte de recibir na nosa biblio á escritora...
Iria Misa
A casa de Arnaldo foi o punto de encontro das nenas e nenos de 5º e 6º de primaria para conversar un ratiño con Iria...
A EXCURSIÓN A CANS 
UNHA VECIÑA DE PELÍCULA
foi o libro que estivemos lendo e co que compartimos moreas de cousiñas...
 
Tivemos a fortuna de que nos asinara os nosos exemplares un por un...
 
E de poder entrevistala en A VOZ DE ARNALDO, por aquí vos deixamos o aquivo...
Como non podía ser doutro xeito Iria asinou o noso libro de visitas...
E non quixemos que se marchara sen darlle un pequeniño recordo do noso cole...
Grazas Iria, ata outra!

sábado, 18 de outubro de 2025

15 DE OUTUBRO: DÍA DAS ESCRITORAS GALEGAS

 Este mércores 15 de outubro celebrouse en Galicia o día das escritoras galegas, e na nosa biblio podes coñecer a algunha delas.



Na biblioteca do CEIP de Seixo contamos con  unha serie de libros escritos por autoras galegas, e estas semanas os teredes na entrada da biblio para poder atopalos máis facilmente e gozar con eles da LECTURA.



                            



E seguimos tendo unha morea de libros para viaxar con Arnaldo a onde ti queiras...

luns, 20 de maio de 2024

LUISA VILLALTA-LETRAS GALEGAS 2024

Este ano 2024 o Día Das Letras Galegas adícase a Luisa Villalta. O alumnado do CEIP de Seixo  realizou diversas actividades para coñecer a este escritora coruñesa que tanto fixo pola difusión da ccultura galega. A continuación, no seguinte vídeo deixamos unha pequena mostra dalgunhas delas.

mércores, 23 de marzo de 2022

PERE TOBARUELA VISITA A NOSA BIBLIOTECA

Saúdos amigos e amigas,
Esta semana visitou a casa de Arnaldo un escritor catalán que se sinte galego.


Pere, nado en Barcelona, comeza a súa carreira literaria en 1999 en catalán. Logo escribirá en castelán e galego. 
Estivo con nos para falarnos do seu libro "Formig4s Misión Camiño de Santiago" que é o último da colección Formig4s.

 


Formos4 , Forx4n, Fornel4 e Form4il forman unha brigada que trata de esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.


Neste libro investigan o estraño roubo dos restos do apóstolo Santiago. Para solucionar o caso teñen que peregrinar no tempo e percorrer o camiño que, segundo conta a lenda, percorreron os discípulos do apóstolo para levar o seu corpo ata Compostela.



Lendo o libro e charlando con el aprendemos moitas cousas interesantes sobre o Camiño de Santiago.

Rematada a charla e a firma no libro de visitas, fíxemos unha foto con el.




 Moitas grazas por visitarnos!!!

mércores, 9 de marzo de 2022

MIGUEL LÓPEZ VISITA A CASA DE ARNALDO.

 A semana pasada estivo con nos Miguel López máis coñecido como "El Hematocrítico" porque en 2006  empezou un blog que se chamaba así. 


Miguel é mestre de Ed. Infantil, Inglés e Primaria. Escritor de literatura infantil, autor da serie "El Bosque de los Cuentos" visitou a nosa biblioteca para falarnos,  ao alumnado de segundo de primaria, do seu libro "Feliz Feroz".


Disfrutamos moito lendo o seu libro e escoitandoo na biblio.



Despóis de firmar no libro de visitas adicarnos o libro  a cada un sacamos unha foto con él.

Moitas grazas por visitarnos!!

xoves, 21 de outubro de 2021

ELENA GALLEGO ABAD VISITA A CLASE DE 6º DE PRIMARIA

O luns 15 de outubro conmemorouse no noso cole O DÍA DAS ESCRITORAS, hoxe a escritora Elena Gallego Abad visitou a nosa aula e presentouse como domadora de dragóns...
Explicounos que en Galicia existen dragóns en diferentes lugares e mostrounos unha medalla contra os ataques dos dragóns...
Estaba moi contenta de contarnos o seu oficio por fin, despois do parón que a pandemia lle obrigou a gardar en canto as visitas aos centros educativos.

Gustoulle moitísimo a nosa biblioteca e deixou un recordo no libro de visitas para Arnaldo.
Grazas pola túa dispoñibilidade e sobre todo por mostrarnos que hai mundos máxicos agochados na realidade máis cercana, ao mellor deste grupo de sexto teremos en pouco tempo escritores e escritoras que viaxarán ata onde queiran chegar. 

xoves, 20 de febreiro de 2020

ENTREVISTA A ROSA ANEIROS

Rosa Aneiros estivo na nosa biblio hai uns días...
Tivemos moi pouquiño tempo para desfrutar dela e non puidemos facerlle a entrevista en A VOZ DE ARNALDO que tiñamos preparada...
Pero Rosa é xenial. Fixémoslle chegar a nosa entrevista e aquí tendes o resultado...
ENTREVISTA A ROSA ANEIROS
XELÍS 
O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR

- A: MOI BOS DÍAS DENDE A VOZ DE ARNALDO
- H: HOXE TEMOS A SORTE DE PODER CONTAR NA NOSA RADIO CON ROSA ANEIROS
- A: VEUNOS A FALAR DE “XELÍS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR” UN LIBRO QUE ESTIVEMOS LENDO OS NENOS E NENAS DE 5º E 6º DE PRIMARIA.
- H: PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL 2019 E PREMIO FERVENZAS LITERARIAS AO MELLOR LIBRO INFANTIL 2019, NON PODÍAMOS DEIXAR ESCAPAR A OPORTUNIDADE DE PODER ENTREVISTALA
- A: MOI BOS DÍAS ROSA!
- H: PERMÍTENOS QUE TE TUTEEMOS… IMOS COMEZAR POLO TEU TRABALLO ACTUAL. AÍNDA QUE ERES ESCRITORA SABEMOS QUE TAMÉN TRABALLAS COMO XORNALISTA E INVESTIGADORA DA SECCIÓN DE COMUNICACIÓN DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA…¿EN QUÉ CONSISTE ESTA LABOR?
- ROSA: TRABALLO NA ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES DIVULGATIVAS DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA. ESTAS ACTIVIDADES ABRANGUEN TODOS OS ÁMBITOS CULTURAIS: CINEMA, TEATRO, CIENCIA, LITERATURA, PATRIMONIO ARTE, MÚSICA… É UN TRABALLO MOI BONITO E PERMÍTEME COÑECER XENTE DO MÁIS INTERESANTE.

- A: TAMÉN COLABORACHES E COLABORAS EN DISTINTOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN TANTO IMPRESOS COMO DIXITAIS… ¿EN QUÉ CONSISTEN ESTAS COLABORAACIÓNS? 
- ROSA: AGORA XA NON COLABORO TANTO PORQUE NON TEÑO TEMPO. ANTES FACÍA TODAS AS SEMANAS ARTIGOS PARA PRENSA E PARA A RADIO GALEGA. ISTO OBRIGÁBAME A ESTAR MOI ATENTA Á ACTUALIDADE E RESULTÁBAME MOI ESTIMULANTE, PERO TAMÉN REQUIRE UNHA DEDICACIÓN DA QUE CAREZO ACTUALMENTE. 

- H: E TAMÉN FOCHES DOCENTE… QUE CONSELLO NOS PODES DAR PARA O NOSO FUTURO OU DÍA A DÍA? 
- ROSA: QUE TRABALLEDES ARREO PARA CONSEGUIR O QUE QUEIRADES. QUE NON VOS RINDADES NUNCA E QUE FOMENTEDES A IMAXINACIÓN E A REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES QUE VOS GUSTAN. 

- A: ATOPÁMONOS NA VOZ DE ARNALDO E SABEMOS DAS TÚAS COLABORACIÓNS NA RADIO GALEGA… ¿QUE NOS ACONSELLERÍAS PARA SEGUIR TRABALLANDO CON ESTA FERRAMENTA NO NOSO COLE? 
- ROSA: A RADIO É O MEDIO ESTRELA DA PROXIMIDADE E DEBE FALARLLE Á ORELLA ÁS PERSOAS QUE A ESCOITAN. POR ISO É IMPORTANTE FALARDES DAS COUSAS QUE VOS IMPORTAN, SEN GRANDES TEMAS QUE VOS RESULTEN ALLEOS. O COTIÁN, O MÁIS PRÓXIMO, ESTÁ CHEO DE MAXIA E DE INTERESE TAMÉN. SÓ ASÍ LOGRAREMOS ENGANCHAR AOS NOSOS OÍNTES, FALANDO DO QUE LLES IMPORTA DE VERDADE. 

- H: PASEMOS Á ROSA ESCRITORA… ¿QUÉ HAI QUE FACER PARA SER ESCRITORA? ¿CÓMO EMPEZACHES A ESCRIBIR? 
- ROSA: PARA SER ESCRITORA? ESCRIBIR, ESCRIBIR, ESCRIBIR E LER. CÓMPRE SER PERSEVERANTE E CORRIXIR MOITO. OS BOS TEXTOS, POLO MENOS A MIN, NON ME SAEN Á PRIMEIRA, SENÓN QUE SON FROITO DE MOITO TRABALLO. EMPECEI A ESCRIBIR MOI PEQUENA, APENAS SABÍA AS LETRAS. 

- A: ¿LEMBRAS O PRIMEIRO LIBRO QUE LICHES E A PRIMEIRA HISTORIA QUE ESCRIBICHES? 
- ROSA: NON O LEMBRO. SI LEMBRO AS HISTORIAS QUE ME CONTABA O MEU PADRIÑO E AS CAUSANTES DE QUE ME DEDICASE EU TAMÉN A CONTAR CONTOS. ERAN HISTORIAS DE CUBA E DO RATIÑO DE CIDADE QUE ÍA VISITAR O RATIÑO DE MONTE. EU ESCRIBÍA MOITAS CARTAS ÁS AMIGAS, ESAS FORON A MIÑA PRIMEIRA LITERATURA. 

- H: AGORA MESMO… ¿ESTÁS LENDO OU ESCRIBINDO ALGO? 
- ROSA: ESTOU ESCRIBINDO UNHA NOVELA, OU TENTÁNDOO E LENDO VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES DE JULES VERNE 

- A: QUEN É O TEU ESCRITOR OU ESCRITORA FAVORITO? INFLUENCIOUCHE NO TEU TRABALLO COMO AUTORA? 
- ROSA: ANXOS SUMAI, OLGA NOVO, LEDICIA COSTAS, MANUEL RIVAS, GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ, SARAMAGO, AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, GLORIA FUERTES, ALMUDENA GRANDES, FRAN ALONSO, XABIER DOCAMPO… A LISTAXE É INFINITA. 

- H: CANDO CHEGAMOS A CASA TEMOS UN ESTUDIO DONDE FACEMOS AS TAREFAS, LEMOS, ESTUDAMOS… ¿TI TES UN SITIO, MOMENTO PREFERIDO OU MANÍA CANDO TE POS A ESCRIBIR? 
- ROSA: NON, ESCRIBO ONDE ME DEIXAN.

- A: ¿CANTO TEMPO LLE DEDICAS A ESCRIBIR? 
- ROSA: NON TEÑO UN TEMPO ASIGNADO, AQUEL QUE VOU ROUBANDO AOS DÍAS… 

- H: ¿DE DÓNDE SAEN AS IDEAS? ¿CÓMO SE CHE OCORREU A DE XELÍS? 
- ROSA: DE CALQUERA SITIO, DAS NOTICIAS DA PRENSA, DOUTROS LIBROS, DUNHA FOTOGRAFÍA, DUNHA CANCIÓN, DE ONDE LLE CADRE. XELÍS NON LEMBRO ONDE NACEU, PERO LEVA MOITOS ANOS COMIGO. É UN VELLO AMIGO XA. 

- A: EN CANTO AOS FINAIS DOS LIBROS… ¿CAL FOI O MÁIS DIFICIL DE ESCRIBIR SEGUNDO A TÚA EXPERIENCIA? ¿CAMBIACHES ALGÚN DESPOIS DE TELO ESCRITO? 
- ROSA: TODOS TEÑEN AS SÚAS DIFICULTADES NALGÚN MOMENTO E EN TODOS CAMBIEI MOITAS COUSAS NAMENTRES OS ESCRIBÍA. ESA É A MAXIA DE ESCRIBIR, DEIXAR QUE NAZAN E MEDREN MENTRAS OS ESCRIBES! 

- H: ¿GUSTARÍACHE FACER UNHA PELÍCULA DALGÚN DOS TEUS LIBROS? 
- ROSA: NON. GUSTARÍAME QUE A FIXESEN OUTRAS. A LINGUAXE AUDIOVISUAL É DIFERENTE E PRECISA OUTRA OLLADA DIFERENTE DA DA ESCRITORA. 

- A: XA PARA REMATAR… XA VICHES QUE A NOSA BIBLIO ESTÁ CHEA DE LIBROS, REVISTAS, NOVIDADES, XOGOS, FERRAMENTAS DE ROBÓTICA, MESA DE LUZ, LEGOS, ORDENADORES, IMPRESORA 3D… UN VIVEIRO DE CIDADANÍA INMENSO NA QUE NOS ENCANTA ESTAR E DESFRUTAR DELA… QUE SENTE UNHA ESCRITORA COMA TI AO SABER DISTO E QUE NOS PODES DICIR SOBRE ESTE TRABALLO QUE SE ESTÁ LEVANDO A CABO NO NOSO COLE? 
- ROSA: OS COLES SON MARABILLOSOS, SON LUGARES PARA A ESPERANZA E ONDE UNHA PODE MIRAR, COMA SE FOSE POR UN FURADIÑO, O QUE VAI SER O FUTURO E EN COLES COMO O VOSO O FUTURO É PROMETEDOR, CARGADO DE IMAXINACIÓN E DE GANA DE CAMBIAR AS COUSAS. TEN UNHA PINTA BÁRBARA! 

- H: POIS ATA AQUÍ A ENTREVISTA CON ROSA ANEIROS 
- A: MOITÍSIMAS GRACIAS ROSA POLO TEMPO QUE NOS ACABAS DE REGALAR. ESTAMOS MOI CONTENTOS DA TÚA VISITA E MOI AGRADECIDOS. 
- H: MOITAS GRACIAS! 
- ROSA: GRAZAS A VÓS!

xoves, 13 de febreiro de 2020

ROSA ANEIROS VISITA O NOSO COLE

Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria tivemos o privilexio de poder recibir na nosa biblio, AS PEGADAS DE ARNALDO, á escritora...
ROSA ANEIROS
Que nos veu a falar de...
XELÍS 
O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR
Unha historia trepidente e moi bonita, gañadora do premio fervenzas literarias ao mellor libro infantil 2019 e gañadora do premio Merlín de literatura infantil 2019, que puidemos desfrutar lendo nas clases de lingua galega coas nosas profes Cristina e María José...

Os valores da reciclaxe e da non contaminación están moi presentes neste libro no que se nos quere tranmitir a importancia de loitar por un mundo mellor libre de contaminación...
 Tarefa que, como nos indicaba o espello de Rosa, só está na man de cada un e cada unha de nós...
Rosa tivo a paciencia de adicarnos cada un dos libros que lle presentamos...
E como non podía ser doutro xeito tamen asinou o exemplar da nosa biblio...
O libro de firmas do cole quedou cuberto coa súa pegada...
Un libro que fixeron con moito cariño e ilusión todos os nenos e nenas destas clases...

Por falta de tempo non a puidemos entrevistar en A VOZ DE ARNALDO pero farémoslle chegar a nosa entrevista que logo transcribiremos neste blog...
Moitísimas grazas Rosa polo teu sorriso e o xeito de falarnos e presentarnos a Xelís.
Ata outra!