Amosando publicacións coa etiqueta obradoiros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta obradoiros. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de maio de 2026

A POLICÍA NACIONAL DE MARÍN VISITA O NOSO COLE

O pasado venres, as nenas e nenos de 3º e 4º de primaria, tivemos a sorte de poder participar nunha actividade organizada pola Policía Nacional da Comisaría de Marín...
EXPOSICIÓN 
DE VEHÍCULO OFICIAL E EFECTOS
Contáronnos moreas de cousas e aprendemos un montón...
Puidemos facer moreas de preguntas e resolver moitas dúbidas...
Entregáronnos pegatinas e un carnet de Policía Infantil...
 Grazas axentes! Ata outra!

martes, 10 de marzo de 2026

PREVENCIÓN DA DOR DE COSTAS no CEIP de Seixo

PROMOCIÓN DA SAÚDE
- PREVENCIÓN DA DOR DE COSTAS-
O mércores 11 de Marzo o SERVIZO DE FISIOTERAPIA DO CENTRO DE SAÚDE DE MARIN imparteu dúas sesións para o alumnado do cole de Seixo sobre como prever a Dor de costas.
Para o alumnado de 3º de EP a sesión consisteu nunha charla con diapositivas e intercambio de información co alumnado na biblioteca.


       
Para o alumnado de 6º a sesión tivo lugar na súa aula e foi máis interactiva, pois os contidos foron explicados como resposta a unhas preguntas que debían responder en grupo empregando un kahoot.

        Agradecer a información práctica que nos ensinaron e que nos comprometemos a poñela en uso.

xoves, 5 de marzo de 2026

UN DÍA AXUDANDO NA CASA

No noso cole as nenas e nenos de primaria tivemos a oportunidade de desfrutar dun taller impartido por Pilar González dinamizadora do CIM DE MARÍN...


UN DÍA AXUDANDO NA CASA

Unha actividade lúdico-educativa que tivo como obxectivo favorecer a comprensión e o valor social do coidado profesional, así como a importancia da autonomía persoal.
Por aquí vos deixamos algunha fotiño máis...

martes, 3 de marzo de 2026

RADIO NA BIBLIO CON SUSANA BASTÓN

Un ano máis, e dentro das actividades da Semana da Prensa, as nenas e nenos da clase de 5º de primaria desfrutamos dun taller de Radio a cargo de Susana Bastón xa que o noso cole forma parte do programa RADIO NA BIBLIO.
Ao longo da mañá estivemos aprendendo moreas de cousas relacionadas coa radio e elaborando un noticieiro...
unha escaleta que pola tarde tivemos a oportunidade de ir a gravar a unha emisora de Radio Profesional: Radio Pontevedra.
Unha experiencia xenial e inolvidable na que tivemos a oportunidade de coñecer unha radio de verdade e de ver e participar no seu funcionamento...

mércores, 11 de febreiro de 2026

OS TERRARIOS DE 3º

O alumnado de 3º de Primaria participou nunha actividade moi chula, un obradoiro de terrarios!
A profe Eva (PT) compartiu co alumnado a súa experiencia e os seus coñecementos sobre como crear e coidar un terrario. 


Primeiro, explicounos que é un terrario, que elementos necesita para funcionar correctamente e a importancia de manter o equilibrio entre os distintos compoñentes que forman este pequeno ecosistema.


Despois, os nenos e nenas elaboraron os seus propios terrarios, colocando con moito coidado as diferentes capas de materiais e as plantas que trouxeron.


Esta actividade foi moi interesante para comprender de maneira práctica os contidos do tema de Ciencias Naturais sobre os seres vivos e os ecosistemas. 
Agora, o alumnado deberá seguir coidando os seus terrarios e observar os cambios que se produzan co paso do tempo.


















Foi unha experiencia moi enriquecedora na que aprendimos, experimentamos e desfrutamos da natureza dun xeito diferente.