sábado, 31 de xaneiro de 2015

DÍA DA PAZ

O venres día 30 celebramos no cole o día da Paz... e xa que estamos traballando entorno ao mar: que mellor que facer un océano pacífico?
Entre todo o alumnado construímos un gran océano con barcos e peixes cheos de mensaxes solidarias e de paz.


O propio día xuntámonos todos no ximnasio para escoitar o manifesto que escribiron os de sexto. 





Cantamos unhas cancións que aprendemos, unha en galego e outra en inglés. Queredes escoitalas? tamén vos deixamos os orixinais para que non perdades detalle da letra.


A primeira foi "Hello to all the children of the world"





E despois cantamos "No mundo" de Luar na lubre



Ningún comentario:

Publicar un comentario