O último día do trimestre foi moi especial. Quixemos compartir parte da xornada coas familias que invitamos a escoitar as panxoliñas que preparamos coa profe Rosa.
Aquí vos deixamos algunhas fotos de recordo e ao final desta entrada poderedes ver vídeos de todas as actuacións.
Despois do festival de panxoliñas desfrutamos dun rico chocolate con churros preparado pola ANPA... para chupar os dedos!

Grazas aos papás e mamás que traballaron tanto para endulzar este día!

Tamén rematamos a recollida de xoguetes para a campaña solidaria UN XOGUETE, UN SORRISO. Grazas á profe Sandra por animarnos tanto a todos!

E todo o alumnado desfrutou cunha visita moi especial e esperada....
E como sabemos que moitas familias non nos puideron acompañar por estar traballando, aquí tendes vídeos de todas as actuacións para non perder detalle:
OS PEQUES DE INFANTIL: O ABETO
1º E 2º DE PRIMARIA: XA ME TARDAN ESTES MAGOS
3º PRIMARIA: A IRMANDADE DAS ESTRELAS
4º PRIMARIA: UNHA POUCA ROUPIÑA
5º PRIMARIA: MALAIKA AKAWAMBIA
6º PRIMARIA: INSTRUMENTAL NAVIDEÑO
ENGLISH CLASS: 4º PRIMARIA
sodes uns fenómen@s!!! gracias e felices festas!!! muaka
ResponderEliminar