xoves, 20 de febreiro de 2025

BASTA! PELI DE ANIMACIÓN DO 25N

BASTA! é unha peli de animación que varios coles de Marín fixemos en colaboración co CIM, do Concello de Marín. O resultado é unha chulada, e non vos perdades, no vídeo que tendes máis abaixo, o gran traballo detrás das cámaras, que tamén é moi valioso, como a mensaxe desta peli na que, con moita creatividade berramos: BASTA ÁS DESIGUALDADES.

A mediados de mes de novembro, as nenas e nenos de 5 anos, fixeron un obradoiro, grazas ao Concello de Marín, para traballar o día contra a violencia de xénero.


Fernando e Eloi, de Prixma, fixeron, na aula de 5 anos, un obradoiro de Stop Motion.



As nenas e nenos de 5 anos traballaron un montón toda a mañá: aprenderon que é un Stop Motion e viron exemplos; pensaron un guión para representar; fixeron personaxes, escenario e aterezo; practicaron co noso corpo os movementos dos bonecos e viron que tiñan que facer un montón de fotos!

Finalmente, con axuda de Eloi e Fernando, foron movendo as personaxes e facendo as fotos.

Neste vídeo podedes ver como o fixeron.


Noraboa ao alumnado de 5 anos do noso cole, e tamén aos do Carballal, da Laxe e da Inmaculada: bo traballo!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario